31/01/13

Making of do mes de febreiro


Neste mes proxectaremos os making of (ou "como se fixo") destas películas:
  • Venres 1: Avatar (3 vídeos, 17 minutos en total)
  • Venres 15: Frankenweenie (3 vídeos, 4 minutos en total)
  • Venres 22: O apóstolo (1 vídeo de 5 minutos)
Coma sempre, as proxeccións serán no televisor da entrada durante os recreos.

Imaxe atopada aquí.


AVISO: por problemas técnicos non pudemos proxectar os making-of de Avatar. Reprogramaremolos para outras datas!


30/01/13

X nada - A película da semana


Dirección: Daniel de la Torre y Toni Veiga
Guión: Toni Veiga e Manolo Dios
Música: Manu Riveiro
Reparto: Carlos Fernández, Miguel García, Carlos Rey, Álex Sebio,    Guillermo Vázquez, María Salgueiro, Xavier Estévez
Xénero: Drama
Duración: 14´
Ano: 2009
Premios: premio do xurado no festival de Cans (2009); finalista nos Premios Goya (2010); seleccionado no Curtas 09 para distribución internacional; premio do público no Festival de Cine de Astorga; Gran Premio Galicia no Curtocircuito; premio ó mellor guión no Festival de Cine 'Octubrecorto', Premio do Público no Festival Viladecans, etc.
Clasificación: non recomendada a menores de 12 anos


Para o Día escolar pola paz e a non violencia, escollimos esta curtametraxe galega que dá moito que pensar. Nesta curta, baseada en feitos reais (o que fai a historia todavía máis escalofriante), Roi e os seus colegas practican un xogo moi especial, unha forma de divertirse peculiar e moi violenta. Este macabro xogo uniraos para sempre a Dani, que tivo a mala sorte de estar no sitio e no momento inadecuados.
Unha das cousas que máis nos impactou da película foi o que di a nai ó final, pero preferimos que o escoitedes por vós mesmos.

Aquí tedes a curta completa, pero NON A RECOMENDAMOS PARA MENORES DE 12 ANOS!





29/01/13

Ler libros online

En papel ou en pantalla, de día ou de noite, sós ou en compañía, 

de amor ou de misterio... o importante é ler. 

Imaxe atopada aquí.

Alguén preguntounos como e onde ler libros en internet. Hai varios portais que nos permiten ler libros gratis dende calquera sitio sempre e cando teñamos conexión, así que imos ver 3 moi distintos na súa filosofía:

- Leer libros online: web totalmente gratuita onde podemos atopar moitos libros para ler online... completamente rodeados de publicidade (de algo teñen que vivir os que fixeron a páxina!). En realidade, os libros téñennos aloxados en issuu.com; o bo é que non hai que abrir unha conta nin darse de alta, pero o malo é que a web non lembra onde deixamos a lectura e teremos que levar a conta nós para poder seguir lendo. De tódolos xeitos, é un bo sitio como mínimo para botarlle un ollo a un libro antes de mercalo.
É probable que este sitio acabe desaparecendo xa que sospeitamos que non é totalmente legal, así que aproveitade mentras dure.
Enriba de todo hai varias pestanas con categorías, hai tamén un buscador e unhas listaxes de categorías e de etiquetas á dereita que van axudarnos a atopar o que buscamos ou o que nos gusta.
Exemplos de libros que contén: todos os de Moccia, Juego de tronos (George R. R. Martin), Las crónicas de Narnia (C. S. Lewis), Crónicas vampíricas (L. J. Smith), libros de Laura Gallego, Saramago, Poe, Orwell... e de todo!



- 24 symbols: esta web funciona por suscrición, aínda que ten algúns libros gratuitos. Unha vez feita unha conta, podemos elexir entre ler libros gratis (os que non teñen ningún logo enriba) ou pagar unha cantidade mensual, trimestral ou anual para ler cantos libros queramos (a partires de 5€ mensuais). Non precisamos nin podemos descargar nada, só funciona con conexión a internet; o bo é que cada vez que nos conectemos e abramos o noso libro, a web lembrará onde paramos de ler e poderemos seguir dende aí. Hai libros en castelán, catalán, inglés, francés, italiano, portugués, alemán e holandés. Galego, non. Recoméndase explorar as distintas categorías e as recomendacións para atopar máis libros gratis.
Exemplos de libros gratuitos: El médico (Noah Gordon), Orgullo y prejuicio (Jane Austen), Los crímenes del museo (T. García Yebra), Hamlet (Shakespeare).





 - Booquo: esta plataforma de Círculo de Lectores é unha tenda de libros electrónicos (tamén películas e revistas) que ten un sistema de suscrición (chamado "premium") para ler libros online. Cunha cota de 10€ mensuais (8€ para os membros do Círculo de Lectores) temos acceso ilimitado a unha selección de libros. Os libros e revistas que lemos gárdanse na nube e podemos acceder a eles dende calquera sitio, pero tamén podemos descargalos a dispositivos móbiles (tableta, ebook, móbil...), en realidade ata 5 dispositivos por cliente. É unha boa idea se ledes moito, pois tedes tarifa plana por 10€ ó mes. Para os menos lectores, probablemente non compense. Por outra banda, a selección de libros premium non é amplísima, así que hai que velo con lupa antes de darse de alta, ou probar un mes...
As películas, para ver tamén online, son baratas, pero tampouco podemos descargalas.
Exemplos de libros da biblioteca premium: Tiempo entre costuras (María Dueñas), La guitarra de John Lennon (Jordi Sierra i Fabra), La huella del hereje (Laura Gallego), La playa de los ahogados (Domingo Villar). Non atopamos ningún libro en galego na selección premium.




28/01/13

Unha escritora de literatura infantil e xuvenil na Academia

Fina Casalderrey asinando o libro de visitas da nosa biblioteca (curso 2011-12)
 

A RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria

Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada,  escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas).
Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo!

Variedades do castelán

¡Qué difícil es entender las diferentes variedadas del castellano!

25/01/13

O can dos Baskerville - Páx. 99

DOYLE, Arthur Conan. O can dos Baskerville. Vigo: Galaxia, 2002. ISBN 978-84-8288-086-0.

"Na rexión de Dartmoor, Holmes investiga a morte inesperada de sir Charles. Unha vez máis a maldición cae sobre os Baskerville, anunciada por un espectro e os alaridos dun can".

"Sir Henry procurou tranquilizalo e, para darlle unha mostra de aprecio, regaloulle boa parte das prendas do seu gardarroupa, posto que xa recibira o novo vestiario encargado en Londres.
Debo confesarlle que a señora Barrynore esperta a miña curiosidade. É unha muller sólida como un castelo, ruda de miolos, moi digna e inclinada ó puritanismo. Non se pode imaxinar persoa menos emotiva. E, sen embargo, xa lle contei que a oín impar amargamente a primeira noite que pasei en Baskerville e, dende entón, noteille os ollos chorosos en máis dunha ocasión. Non hai dúbida de que algunha pena moi fonda lle manca a alma. Unhas veces pregúntome se non a perseguirá un recordo culpable e outras dáme por pensar que Barrymore é un tirano doméstico. Sempre intuín que había recantos escuros no carácter dese home, pero a aventura de onte á noite veu confirmar todas as miñas sospeitas.
      Considerado en si mesmo, o incidente pode parecer trivial. Vostede ben sabe que sempre tiven o sono lixeiro, e non lle digo nada dende que monto garda nesta casa. Na madrugada de onte, aí polas dúas da mañá, espertáronme uns pasos furtivos diante do meu cuarto. Erguinme, abrín a porta e vin unha sombra, negra e alongada, que se arrastraba polo corredor. Un home vestido coa camisa e os pantalóns, pero cos pés descalzos, camiñaba silandeiro, alumeándose cunha vela. Nada máis percibín a silueta, pero pola súa estatura souben que era Barrymore. Andaba con pés de la, e na súa actitude había un algo de culpable e fuxidío.
      Xa lle expliquei que o corredor está cortado por unha galería que rodea o alto do vestíbulo e continúa polo outro lado. Esperei a que desaparecera da miña vista e, despois, seguino. Cando rodeei a galería e xa alcanzara o extremo da prolongación do corredor, a luz que saía dunha porta indicoume que penetrara nun cuarto. O feito de que as estancias desta parte da casa estean sen amoblar e permanezan desocupadas, aínda tornaba máis misteriosa aquela expedición nocturna. A luz fixa deume a entender que o home non se movía do sitio, e iso animoume a avanzar polo corredor a modo, co maior sixilo, ata poder guichar dende a porta entreaberta".


Ilustación de Culbard atopada aquí.

24/01/13

Cuando se lee poco, se dispara mucho - La bala

 LA BALA (Calle 13)


El martillo impacta la aguja
La explosión de la pólvora con fuerza empuja
Movimiento de rotación y traslación
Sale la bala arrojada fuera del cañón
con un objetivo directo
la bala pasea segura y firme durante su trayecto
Hiriendo de muerte al viento, más rápida que el tiempo
defendiendo cualquier argumento
No le importa si su destino es violento
Va tranquila, la bala, no tiene sentimientos
Como un secreto que no quieres escuchar
la bala va diciéndolo todo sin hablar
Sin levantar sospecha, asegura su matanza
Por eso tiene llena de plomo su panza
para llegar a su presa no necesita ojos
Y más cuando el camino se lo traza un infrarrojo
la bala nunca se da por vencida
Si no mata hoy, por lo menos deja una herida
Luego de su salida no habrá detenida
Obedece a su patrón una sola vez en su vida

Hay poco dinero, pero hay muchas balas
Hay poca comida, pero hay muchas balas
Hay poco gente buena, por eso hay muchas balas
Cuidao' que ahí viene una (Pla! Pla! Pla! Pla!)

Se escucha un disparo, agarra confianza
El sonido la persigue, pero no la alcanza
La bala saca sus colmillos de acero
Y sin pedir permiso, entra por el cuero
Muerde los tejidos con rabia y arranca
El pecho a las arterias para causar hemorragia
Vuela la sangre batida de fresa
Salsa boloñesa, syrup de frambuesa
Una cascada de arte contemporaneo
Color rojo vivo, sale por el cráneo

Hay poco dinero, pero hay muchas balas
Hay poca comida, pero hay muchas balas
Hay poco gente buena, por eso hay muchas balas
Cuidao' que ahí viene una (Pla! Pla! Pla! Pla!)

Seríia inaccesible el que alguien te mate
Si cada bala costara lo que cuesta un yate
Tendrías que ahorrar todo tu salario
Para ser un mercenarío, habría que ser millonario
Pero no es así, se mata por montones
Las balas son igual de baratas que los condones
Hay poca educación, hay muchos cartuchos
Cuando se lee poco, se dipara mucho
Hay quienes asesinan y no dan la cara
El rico da la orden y el pobre la dispara
No se necesitan balas para probar un punto
Es lógico, no se puede hablar con un difunto
El diálogo destruye cualquier situación macabra
Antes de usar balas, disparo con palabras
Pla! Pla! Pla! pla!

Hay poco dinero, pero hay muchas balas
Hay poca comida, pero hay muchas balas
Hay poco gente buena, por eso hay muchas balas
Cuidao' que ahí viene una (Pla! Pla! Pla! Pla!)



23/01/13

Cadena de favores - A película da semana


Dirección: Mimi Leder
Guión: Leslie Dixon (Novela: Catherine Ryan Hyde)
Música: Thomas Newman
Reparto: Kevin Spacey, Helen Hunt, Haley Joel Osment, Jay Mohr, James Caviezel, Jon Bon Jovi, Angie Dickinson
Xénero: Drama
Ano: 2000
Clasificación: todos públicos


Cadena de favores é unha película entretida, unha comedia romántica con toques de drama que ten unha boa idea como fondo e como excusa: axudar ós demais para intentar cambiar un pouquiño o mundo que nos rodea. A idea ocórreselle a un rapaz de 7º (equivalente a 1º de ESO) que, para a clase de sociais, presenta este proxecto: facer favores grandes a 3 persoas, cousas que eles non poidan facer por eles mesmos, e que esas 3 persoas en lugares de devolverlle o favor axuden á súa vez a outras 3 persoas; dese modo faise unha cadea de favores que en pouco tempo pode afectar á vida de moitos. A directora aproveita esta idea para desenrolar unha historia de amor cos seus momentos de dúbida e de éxito. O final, por desgracia, peca de sensibleiro (tede os klinex a man!).

Na novela, o personaxe masculino principal é un home de cor; non sabemos por que a directora cambiouno por Kevin Spacey, pero a súa elección provocou certa polémica nos Estados Unidos.

Grazas a esta historia xurdiu un grupo de xente que puxo en marcha unha cadea de favores. Podedes atopalos nesta web, aínda que alí só nos informan de como contactar con eles. Neste artigo na prensa cóntannos máis cousas sobre o seu fundador e as cousas que teñen conseguido.







22/01/13

Microrrelato: El drama del desencantado

"...el drama del desencantado que se arrojó a la calle desde el décimo piso, y a medida que caía iba viendo a través de las ventanas la intimidad de sus vecinos, las pequeñas tragedias domésticas, los amores furtivos, los breves instantes de felicidad, cuyas noticias no habían llegado nunca hasta la escalera común, de modo que en el instante de reventarse contra el pavimento de la calle había cambiado por completo su concepción del mundo, y había llegado a la conclusión de que aquella vida que abandonaba para siempre por la puerta falsa valía la pena de ser vivida."
Gabriel García Márquez 

Código de barras - Edificio en Navia, Vigo. Inés Montenegro
 

21/01/13

Que non damos cambio!

Ás veces a xente complícase moito a vida para dicir as cousas, non si? No blogue de DesEquiLIBROS atopamos un artigo baseado neste aviso:


O cartel, nunha máquina expendedora de billetes da estación de tren, non ten desperdicio. O texto, se non o ledes ben, é este:
Disponibilidad de cambios: En función del importe del título de transporte a adquirir, no garantizamos la disposición de moneda fraccionaria para cualquier cuantía de papel moneda que utilice el cliente, quedando a potestad de la empresa el facilitar cambios en percepciones diez veces superiores al importe de la compra.
 E non sería máis fácil dicir que a máquina non dá cambio? Ou que non admite billetes de máis de x euros? Fai falta complicalo todo tanto?

Podedes ler o artigo completo, moi irónico, neste enlace. Eu lería tamén os comentarios dos lectores, especialmente o primeiro ;-)

18/01/13

Ardalén - Páx. 99

PRADO, Miguelanxo. Ardalén. Santiago de Compostela: El Patito Editorial, 2012. ISBN 978-84-939434-5-5.

"Ardalén é unha historia arredor da memoria persoal. A memoria como esencia da nosa existencia, da percepción da nosa propia vida, da nosa identidade. Pode soar filosófico pero, ao final, trátase dun grupo de seres humanos que se axudan e se mancan uns aos outros, algúns chegan a quererse e todos se aferran aos seus recordos para intentar evitar o naufraxio".

Dado que Ardalén é unha novela gráfica, non imos pór o texto da páxina 99 coma sempre facemos, senón un enlace da web da Editorial Norma que nos permite ver con todo detalle as primeiras 42 páxinas desta impresionante novela:


Que a disfrutedes!


16/01/13

La vida es bella - A película da semana


Dirección: Roberto Benigni
Guión: Roberto Benigni & Vicenzo Cerami
Música: Nicola Piovani
Reparto: Roberto Benigni, Nicoletta Braschi, Giorgio Cantarini, Marisa Paredes, Giustino Durano
Xénero: Comedia. Drama | Comedia dramática. Nazismo. Holocausto. II Guerra Mundial. Años 30. Años 40
Ano: 1997
Clasificación: todos públicos



 Durante o mes de xaneiro iremos recomendando películas relacionadas coa paz (ou a guerra) e a (non) violencia. Comezamos cunha película que obtivo 3 Óscar (entre eles, o da mellor película estranxeira) e moitos outros premios internacionais.
En 1939, a piques de empezar a Segunda Guerra Mundial (1939-1945), Guido, un home xudío cun humor excepcional, chega a un pobo da Toscana (Italia) coa intención de abrir unha librería. Alí coñece a Dora e, aínda que ela está prometida ó fascista Ferruccio, consiguen casar e teñen un fillo. Xa durante a guerra, os tres son internados nun campo de exterminio, onde Guido fará todo o posible para facer crer ó seu fillo que a terrible situación que están a sofrir é só un xogo.




15/01/13

Canto sabes de cine?

Este venres comeza un novo concurso na biblioteca que vai durar ata o Día das Letras Galegas, así que collede papel e boli e... a por el!

Cada venres faremos unha pregunta sobre cine e teredes ata o xoves seguinte para contestala. Os venres, no recreo, sacaremos unha resposta ó chou; se é correcta, esa persoa gaña un premio simbólico e un punto para o premio final... que é un fantástico libro electrónico Kindle 4 coma este:






É dicir, o Día das Letras Galegas darémoslle este libro ó estudante que teña gañado máis puntos semanais. Se houbese un empate, faríamos algunha ronda de preguntas entre os empatados para ver quen gaña.

Gústavos a idea? Pois estade atentos ó taboleiro exterior da biblioteca, onde poremos as preguntas e a lista de gañadores semanais!

Boa sorte a todos e, sobre todo, que o disfrutedes!


Fotografía "Have fun" de Joel Robison

14/01/13

Wildlife Photographer of the year 2012

"Relax", de Jasper Doest

Como cada ano, o centro social de Novacaixagalicia expón Fotógrafos da Natureza, as fotografías gañadoras e finalistas (90 en total) do concurso Wildlife Photographer of the Year de Veolia. Dado o éxito da exposición, permanecerá aberta ata o 20 de xaneiro en horario de 17.30 a 20.30 (sábado e domingo, tamén pola mañá).

Se ides, veredes que hai varios fotógrafos españois (coma o gañador absoluto).

Non volo perdades!

Podedes ver as fotos gañadoras na web da BBC e na web do concurso.

"Momento conxelado", de Paul Nicklen

"O ollo da bola de cebo", de Cristóbal Serrano

"Tartaruga xoia", de Jordi Chias
"Flamencos", de Klaus Nigge
 

11/01/13

El coleccionista de relojes extraordinarios - Pág. 99

GALLEGO GARCÍA, Laura. El coleccionista de relojes extraordinarios. Madrid: Ediciones SM, 2004. ISBN 978-84-675-0081-3.

Contracubierta:
"Para salvar el alma de su madrastra, Jonathan debe encontrar el reloj Deveraux antes de que transcurran doce horas. Está en algún lugar de Ciudad Antigua. Pero a medida que avanza la noche, la ciudad va transformándose. Es y no es la misma".

«—Es una subasta —corroboró el marqués—. Fíjese en el objeto que sale a continuación.
Hadley vio cómo colocaban sobre el mantel un deslumbrante reloj de mesa, adornado con figuras de oro y cuajado de piedras preciosas.
—El reloj Deveraux —dijo el marqués, y sus palabras terminaron en una especie de suspiro anhelante.
Hadley había abierto unos ojos como platos.
—¿Es de oro puro?
—Sí, pero eso es lo que menos debería importarle a usted ahora. Su verdadero valor radica en que es capaz de contrarrestar los efectos del reloj de Qu Sui. No lo olvide.
Hadley se volvió hacia el marqués, suspicaz.
—¿Cómo sé que no me engaña?
—No puede saberlo. Pero de todos modos no tiene elección, ¿verdad?
Hadley abrió la boca para replicar, pero sus ojos se posaron en el cuerpo yacente de Marjorie y en el terrorífico orbe desde donde él la había oído pedir ayuda. Palideció sin poder evitarlo.
—Ya he respondido a su pregunta —dijo entonces el marqués—. Ya sabe cómo es el reloj Deveraux. ¿Todavía quiere ir a buscarlo?
La imagen del Barun-Urt volvió a cambiar, y su esfera mostró de nuevo las oscuras calles de la ciudad que escondía el secreto de aquel extraordinario reloj.
Hadley vaciló un momento, pero no tardó en presentar de nuevo su aspecto altanero y desafiante.
—Por supuesto. Y le aseguro que no tardaré en volver.
El marqués no se volvió ni dijo nada mientras Bill se acercaba a despedirse de Marjorie —evitando mirar la nuebla cambiante del orbe del reloj— y se encaminaba a la puerta de la habitación. Pero una vez allí, el padre de Jonathan se volvió de nuevo hacia él.
—Señor marqués… siento curiosidad por esa imagen de la subasta que me ha mostrado. El tipo de la primera fila se parecía bastante a usted.
—¿De veras? —replicó el marqués con calma, sin apartar la vista de la esfera del reloj—. Tal vez fuera un antepasado mío. La pasión por los relojes me viene de familia, ¿sabe?
Bill fue a decir algo, pero finalmente se encogió de hombros y salió de la habitación. El marqués no se movió, y tampoco hizo el menor gesto cuando oyó cerrarse la puerta principal, ni cuando entró Basilio a comunicarle que el señor Hadley se había marchado. Sus ojos seguían fijos en la esfera del reloj, donde Emma corría tras Jonathan para alcanzarlo.
—Esa chica… —dijo solamente.
A Basilio no le gustó el tono de su voz».

10/01/13

Librarian

Agora que volvemos das vacacións queremos recordarvos o que non hai que facer nas bibliotecas e as posibles consecuencias, cun pouquiño de humor ;-)


09/01/13

Celso Emilio made in Torneiros

Hoxe tocaba publicar a recomendación de cine da semana, pero en lugares diso imos presumir das nosas produccións.

O 4 de xaneiro fixo 101 anos que nacera Celso Emilio Ferreiro. O curso pasado, o alumnado do noso centro realizou este estupendo vídeo sobre el coa axuda do profe Antón.

Esperamos que o disfrutedes!

Imaxe atopada aquí.