27/05/20

"CONTACONTOS"

Ola Ribedinos/as lectores,
Esta semana dende a Biblioteca queremos deixarvos un enlace moi aventureiro!
Se premes no enlace de abaixo poderás escoitar e ver un montón de contos contados!!
Escolle o que máis che guste e desfrútao só ou en familia!!
 



                                                        CONTOS CONTADOS. Preme aquí

19/05/20

RINCÓN CREATIVO


Ola Ribedinos,

Seguimos traballando dende o noso rincón creativo!

Como sabedes anda por ahí un virus moi raro e algo

perigoso, polo que creamos dous taboleiros para aprender,

 coa axuda dos nosos Escornabots, moitas cousas 
importantes sobre el.

Taboleiro 1, Aprendemos os pasos para 
             
                   lavar ben as mans





Sabedes cales son os pasos a seguir para lavar

 ben as mans?


Entre todos, seremos capaces de completar ben os pasos?


Taboleiro 2, Aprendemos a tomar precaucións



Escolle unha tarxeta e contesta á pregunta!



Se cres que sabes a resposta, programa o Escornabot e

 lévao á casa  da solución correcta. Agora, dalle a volta a

 tarxeta? Acertaches?



Feliz día das letras Galegas


Unha pequena homenaxe do equipo docente do CEIP Plurilingüe da Ribeira
Ánimo rapaces, xa queda menos !!!
Os profes.  Preme aquí


16/05/20

Biblioteca creativa para o Día das letras Galegas


O domingo 17 de maio é o día das Letras Galegas

"AS PITAS BAIXO A CHOIVA"

Dende a Biblioteca queremos deixarvos este marabilloso conto para que o poidades ler e

 tamén escoitar.Preme aquí




Dende a Biblioteca creativa, tamén preparamos un 

taboleiro  para esta obra.

Aínda que dende a casa non podemos traballar cos Escornabots, dende o Colexio seguimos preparando taboleiros tan divertidos coma este e así, cando  volvamos, poder xogar con eles.




Temos o taboleiro, un pequeno fragmento do conto o que 

lle faltan algunhas palabras que están escritas nos 

cadradiños da imaxe!!




Imos ler o conto e intentar adivinar cal é a palabra que

 falta e poder levala ao seu sitio no taboleiro coa axuda 

do Escornabot!!

Sabedes que imaxe vai quedar cando o completemos?


Mirade: 







!










DÍA DAS LETRAS GALEGAS


O domingo 17 de maio é o día das Letras Galegas

Este año 2020, está adicado a Ricardo Carvalho Calero, gran impulsor do uso do galego.
Este autor escribiu poesía, teatro e tamén 
narrativa; con contos tan entretidos como:


“As pitas baixo a choiva”




Dende a Biblioteca queremos deixarvos este marabilloso conto para que o poidades ler e tamén escoitar.
Feliz lectura Ribedinos!!    


                                              "As pitas baixo a choiva" preme aquí

























01/05/20

ANÍMATE A LER


Se che gustou este corto sobre a importancia de ler, cóntanos cal é o teu libro favorito? E o teu personaxe favorito?