30/01/12

Paz!





"Posto que eu son imperfecto e necesito a tolerancia e a bondade dos demais, tamén teño que tolerar os defectos do mundo ata que poida atopar o segredo que me permita remedialos".
Mahatma Ghandi (1869-1948) Político e pensador indio


Día escolar pola paz e a non violencia, CPI da Ribeira, xaneiro 2011


27/01/12

Elemental

Mientras Watson se acuclilla junto al cadáver, Holmes, envuelto en la nube de humo que sale de su pipa, examina la habitación en que se encuentran. Mientras Watson observa el puñal que la víctima tiene clavado entre los dos omóplatos, Holmes repasa las paredes desnudas, sin una sola puerta o ventana, estudia el cubo perfecto de muros lisos que los rodea. Mientras Watson, seguro de que el hombre ha sido asesinado, se pregunta cómo el asesino ha podido salir de aquella trampa sin escapatoria, Holmes, confundida su silueta con el humo del tabaco, se pregunta intrigado cómo han podido, Watson y él, llegar a aquel lugar.

26/01/12

Vigo - Arquitectura perdida

O Vigo que foi e xa non é, o que podería ter sido, o que esperamos que sexa, e o que é. Todos eses Vigos están neste vídeo.



25/01/12

Contesta ou disparo

Neste enlace podedes descargar (legalmente) o libro Contesta ou disparo, de Fran Alonso (autor de Cemiterio de elefantes e Cartas de amor, entre outros libros que atoparás na biblioteca). Trátase dun libriño de entrevistas curtas e amenas. El defíneo así:

"É un libro en edición dixital que recolle 34 entrevistas breves, rápidas e de aire frívolo, feitas hai vinte anos desde o Diario 16 de Galicia, a 34 persoas da cultura e da política galega como Isaac Díaz Pardo, Mago Antón, Julián Hernández, Justo Beramendi, Luma Gómez, Chano Piñeiro, Miguelanxo Prado, Carlos Casares, Alfonso Eiré, Manuel Moldes, Roberto Vidal Bolaño, Antón Baamonde, Xaquín Marín, Ramón Villares, Margarita Ledo, Manuel Guede, Miguel Cancio, Pemón Bouzas, Miguel de Lira, Laxeiro...
Contesta ou disparo está editado baixo licencia Creative Commons e é un libro de xornalismo, humilde pero simpático; lixeiro pero que, ao tempo, recupera a memoria de noso; fugaz pero tamén significativo."

Destacamos a entrevista que lle fixo a Isaac Díaz Pardo, recentemente falecido:




Responsable do complexo Sargadelos e de Ediciós do Castro, Isaac Díaz Pardo é un dos grandes mecenas da cultura galega.

—Séntese satisfeito co xeito en que o tratou a vida?
—Non. Máis ben sempre rexistrei fracasos.

—Quédalle moito por facer?
—Quédame moito pero xa non teño tempo.

—Non ten confianza no futuro?
—Ningunha. Teño xa 71 anos e estou na antecámara de desaparecer. Non teño ilusión ningunha polo futuro.

—Que faría se fose presidente da Xunta?
—Nunca o pensei, pero trataría de poñer Galicia ao servizo dos galegos e non dos intereses estranxeiros.

—Estamos a perder a memoria histórica?
—Estou absolutamente convencido. Pero perdémola porque hai quen está interesado en que non se lembren as cousas.

—A autodeterminación é un dereito dos nosos pobos?
—Nos nosos tempos, en que prevalece a democracia, afloran os feitos culturais diferenciados por enriba dos estados, que xeralmente están feitos na cama conxugal. No caso do estado español, mentres Isabel e Fernando estaban na cama, facían tamén un estado.

—Os libros ou a cerámica?
—Os libros.

—Dígame algo que lle moleste.
—Eu mesmo. Ser como son.

—Dígame algo que lle agrade.
—Xa son vello para esperar o que máis me agrada.

24/01/12

Querida fotografía

O blogue Querida fotografía (Dear Photograph) está causando sensación en internet. Ten máis de 21000 visitas diarias, nos seus nove meses de existencia, e xa foi premiado e destacado pola revista Time, The Guardian, Al Jazeera, The New Yorker...
¿E logo que hai no blogue para que teña tanto éxito? Pois hai unha mestizaxe do pasado e do presente a través da fotografía: fotos actuais nas que se "cola" unha foto antiga do mesmo sitio/obxecto. É dicir, isto:
Fotografía de Laina (en Dear Photograph)

Se vos gusta a idea podedes contribuir enviando algunha imaxe ("submit", no menú da esquerda). Nós, como mínimo, aconsellamos que lle botedes un ollo á páxina, porque paga ben a pena!

23/01/12

Moraima (II)

Cando quero vivir
digo Moraima.
Digo Moraima
cando semento a espranza.
Digo Moraima
e ponse azul a alba.
Cando quero soñar
digo Moraima.
Digo Moraima
cando é noite pechada.
Digo Moraima
e ponse a luz en marcha.
Cando quero chorar
digo Moraima.
Digo Moraima
cando a anguria me abafa.
Digo Moraima
e ponse a mar en calma.
Cando quero surrir
digo Moraima.
Digo Moraima
cando a mañá é crara.
Digo Moraima
e ponse a tarde mansa.
Cando quero morrer
non digo nada.
E mátame o silencio
de non dicir Moraima.

Celso Emilio Ferreiro, 1972 (poema adicado á dúa dona)

20/01/12

Moraima (I)






A saia do vento baila
nun horizonte de mar
Moraima, lévame Moraima
na túa cintura de terra e sal.
As sombras de mil estrelas
danzando na túa man
Moraima, lévame Moraima
entre flores de lúa e metal
lévame Moraima, lévame Moraima
na túa cintura de terra e sal.
Sobre cabelos de chuvia
brila un sorriso de luz
Moraima, lévame Moraima
cabalgando no sol de cristal.
Xogas con niños de prata,
pombas dun silencio azul
Moraima, lévame Moraima
nas xanelas de area,
lévame Moraima, lévame Moraima
cabalgando no sol de cristal.
Trenza ca noite un manto
onde poder descansar
Moraima, lévame Moraima
navegando sobre o ceo.
Fai un espello de liño
ó paso do teu andar
Moraima, lévame Moraima
sobre cántaros de auga,
lévame Moraima, lévame Moraima
navegando sobre o ceo.
 

Música e letra: Milladoiro ("Auga de maio", 1999)
Intérpretes: Milladoiro e Ana Belén

18/01/12

Up!

Fai pouco enterámonos de que un promotor estadounidense fixera unha casa cuspidiña á da película Up!




Realmente, só lle falta voar, porque os detalles do interior son tamén exactos á peli. Para facer voar a casa de Up! fixeron falta algo máis de 10 000 globos. Vós pensades que sería posible facelo na vida real? Poderíamos facer voar unha casa?

Esa mesma pregunta fixérona os do National Geographic e a resposta é... que si!


Neste caso só precisaron 300 globos de helio para facer que esta casa de 25m2 se elevase ata 300m de altura.

Para que o vexades cos vosos propios ollos, esta é a versión "real-life" de Up!:




E estas son as fotos que documentan o proceso.

Na web de Disney tedes xogos, imaxes, vídeos e información sobre Up!. E ata podedes facer os vosos propios fondos de escritorio para o ordenador (ou para o móbil) como fixemos nós:



(Para os máis despistados: temos a película na biblioteca.)

17/01/12

Annabel, a bruxa


Agora están de moda os "book-tráilers", que amosan nun vídeo o resumo dun libro. Recentemente estreouse o da novela Annabel, de T. C. Ferri:








Lo sentimos, pero este texto tiene copyright y no puedes llevártelo sin permiso. Si quieres puedes enlazarlo en tu blog, web o foro, pero no reproducirlo.
Lo sentimos, pero este texto tiene copyright y no puedes llevártelo sin permiso. Si quieres puedes enlazarlo en tu blog, web o foro, pero no reproducirlo.
Lo sentimos, pero este texto tiene copyright y no puedes llevártelo sin permiso. Si quieres puedes enlazarlo en tu blog, web o foro, pero no reproducirlo.
 A avoa Klarytzelle adicouse sempre a educar a Annabel na difícil arte da maxia. Un día as súas vidas vense alteradas por un escuro acontecemento que provoca unha caza de bruxas por todo o reino. A partires de entón, Annabel ten que vivir como fuxitiva, lonxe do seu país e do seu amado William.
Lo sentimos, pero este texto tiene copyright y no puedes llevártelo sin permiso. Si quieres puedes enlazarlo en tu blog, web o foro, pero no reproducirlo.

Nesta web toda a información sobre o libro, e podedes incluso ler o primeiro capítulo.




16/01/12

Occupy Wall St.

Levamos uns meses convulsos: a situación económica non é boa, e a xente sae á rúa a protestar por iso pero tamén pola situación da democracia e por tódolos fallos do sistema, e a pedir un sistema máis xusto. Primeiro foi a primavera árabe, logo os "indignados" en España, e despois o exemplo estendeuse a moitos outros países. Un dos últimos en unirse ás protestas foi EEUU, onde o movemento "Occupy Wall Street" ("Ocupa Wall Street", que é a sede do poder económico e da bolsa) fixo o que a policía lle deixou para manifestar o seu desacordo co sistema.
Neste vídeo tedes un bo resumo das protestas americanas e as súas reivindicacións:





Para activar os subtítulos, pulsa o botón vermello CC no marco inferior do vídeo; comezan no minuto 1:20.

Para afondar máis na reflexión, recomendamos ler o libriño ¡Indignaos! do francés Stéphane Hessel (máis que un libro poderíamos dicir que é un folleto dunhas poucas páxinas). Nel anima á xuventude a loitar e a non deixarse levar, poñendo como exemplo o que fixeron os xóvenes franceses durante a ocupación nazi. O libro é considerado o detonante das protestas que xurdiron por toda Europa. (Temos que dicir tamén que, a pesares da suposta boa vontade do autor, o libro costa 5€ en España pero só 3€ en Francia; fai uns meses era moi fácil atopalo e descargalo de internet, mentras que agora é case imposible).

Para rematar, non podemos deixar de recomendar as reportaxes que fixo Periodismo Humano sobre o 15-M español. Non deixedes de velas!


13/01/12

Wordle



Isto que ves é un resumo gráfico do conto Pedro e o lobo que publicamos hai un tempo, no que aparecen máis grandes as palabras que son máis frecuentes no texto. Este tipo de collage non está mal como portada dun traballo, para facer unha camiseta ou para ver gráficamente que palabras se repiten máis en calqueira texto, e ademais molan. Xa sabes facelos? Hai varias webs que os fan; nós usamos Wordle. Só tes que pegar ou escribir o texto (ou mesmo dar un enderezo de internet) e xogar coas opcións que nos dan. Se premes en "Randomize" irá facendo variacións ó chou, pero no menú superior podes cambiar o tipo de letra ("font"), o deseño ("layout") e a combinación de cores ("color").

E unha vez feito, que facemos con el? Se decides gardalo na galería pública, o teu deseño estará dispoñible para calqueira, e poden mesmo usalo con fins comerciais. O que recomendamos é gardalo no teu ordenador, pero para iso hai que dar un par de pasos:
  1. Preme "Open in window" para que se abra o teu deseño nunha nova ventana. 
  2. Maximiza a ventana todo o que poidas.
  3. No teu teclado, pulsa á vez a tecla de maiúsculas e "Impr" (está por riba de "supr", "inicio"...) para copiar a imaxe á memoria do ordenador.
  4. Abre calqueira programa de imaxes (mesmo o Paint, Photoshop...) e pega o que hai na memoria (botón dereito do rato --> Pegar, ou Control + V). 
  5. Agora xa podes gardar o teu deseño e facer con el o que queiras, e incluso seguir experimentando no Wordle con novas combinacións para o mesmo texto.
 Se queres enviarnos os deseños que fagas, estaremos encantados de publicalos aquí, e seguro que os profes estarán felices se lles pós un destes no teu próximo traballo ;-)

12/01/12

O Hobbit





O Hobbit é unha novela de John Ronald Reuel Tolkien que en principio fixo só para entreter ós seus fillos. Finalmente a novela publicouse e, dado o seu éxito, os editores pedíronlle a Tolkien que fixera unha continuación da historia: así é como naceu O señor dos aneis

O Hobbit é un libro curto e de fácil lectura que nos relata a aventura do xoven Bilbo Bolsón na súa viaxe co mago Gandalf e un grupo de enanos. Non faltan perigos, guerras... e un anel máxico (o mesmo que logo aparece en O señor dos aneis).



Deixámosvos unha "guerra" de adiviñas (na súa versión en castelán) entre Gollum e Bilbo que remata sendo un capítulo importante na vida de Bilbo, e a recomendación de que non vos perdades o libro nin a película (dirixida, igual que O señor dos aneis, por Peter Jackson), que se estreará a finais deste ano.

Atención á última adiviña. ¿Sabes darnos a resposta?

Acertijos en las tinieblas

"Gollum siseó: Las raíces no se ven, y es más alta que un árbol, Arriba y arriba sube, y sin embargo no crece. —¡Fácil! —dijo Bilbo—. Una montaña, supongo."

De Bilbo: "Treinta caballos blancos en una sierra colorada. Primero mordisquean, y luego machacan, y luego descansan. —Chiste viejo, chiste viejo —susurró(Gollum)—. ¡Los dientes, los dientes, preciosso mío! ¡Pero sólo tenemos seis!"

De Gollum: "Canta sin voz, vuela sin alas, sin dientes muerde, sin boca habla." Bilbo respondió: "El viento, el viento, naturalmente".

De Bilbo: "Un ojo en la cara azul vio un ojo en la cara verde. 'Ese ojo es como este. ojo', dijo el ojo primero, 'pero en lugares bajos, y no en lugares altos'." Gollum respondió: "Ss, ss, ss, preciosso mío —dijo—. Quiere decir el sol sobre las margaritas, eso quiere decir."

De Gollum: "No puedes verla ni sentirla, y ocupa todos los huecos: no puedes olerla ni oírla, está detrás de los astros, y está al píe de las colinas, llega primero, y se queda; mala risas y acaba vidas." Respuesta de Bilbo: "—¡La oscuridad!"

De Bilbo: "Caja sin llave, tapa o bisagras, pero dentro un tesoro dorado guarda." Gollum respondió luego de un rato: "—¡Huevoss! —siseó— ¡Huevoss, eso es!"

De Gollum: "Todos viven sin aliento; y fríos como los muertos, nunca con sed, siempre bebiendo, todos en malla, siempre en silencio." Bilbo respondió: "¡Un pez, un pez! —gritó—. ¡Es un pez!"

De Bilbo: "Sin-piernas se apoya en una pierna; Dos-piernas se sienta cerca de tres piernas, y cuatro-piernas consiguió algo." Gollum adivinó: "Un pez sobre una mesa pequeña, un hombre a la mesa, y el gato qué consigue las espinas."

Gollum pensó uno difícil: "Devora todas las cosas: aves, bestias, plantas y. flores; roe el hierro, muerde el acero, y pulveriza la peña compacta; mata reyes, arruina ciudades y derriba las altas montañas." ...

Que é? 


Blog oficial da película (en inglés, pero paga a pena) e web en castelán sobre a peli e sobre Tolkien (con xogos, imaxes, información...)

11/01/12

Libros marchosos

Ás veces atoparedes libros fóra do seu sitio habitual, non si? Temos que confesar que non é culpa nosa: son os libros, que se moven sós. Queredes probas? Mirade o que ocorre na casa desta pobre xente:





Por se fose pouco, vimos de descubrir, tras moito indagar por aí, que nas librarías é aínda peor! Miles de libros... facendo vida de seu! Se non o credes, aquí tedes o que pasa cada noite na librería Type (en Toronto):




Pois si, seica os libros teñen vida. Pero son tan listos que volven ó sitio no que estaban! Non te esquezas de devolvelos ó seu sitio, logo, para que pola noite poidan "bailar" sen estropear a coreografía ;-)

10/01/12

Isaac Díaz Pardo


Que fixo Isaac Díaz Pardo?



-Fundou  Sargadelos, as Cerámicas do Castro, a editorial Ediciós do Castro, o Laboratorio de Formas de Galicia.
-Creou o Museo de Arte Carlos Maside.
-Colaborou na creación e difusión do Estatuto de Autonomía.
-Impulsou todo tipo de movementos culturais e políticos.
-Pintou, debuxou, ilustrou. 
-Organizou seminarios nas instalacións de Sargadelos co afán de  investigar e difundir a arte dos ceramistas.
  ...






O director Xosé Abad fixo un documental imprescindible sobre Isaac. Aquí tedes o tráiler, e neste enlace o documental enteiro:



08/01/12

Ata sempre, Isaac


 Isaac Díaz Pardo pertenceu a esa "casta humana dos imprescindibles". Artista, empresario e editor, representa un modelo a seguir como traballador e defensor da nosa cultura galega. Esta foi a nosa despedida.