O pasado venres 22 de abril tivo lugar unha das actividades máis entrañables que se realizan todos os anos no noso centro: o apadriñamento lector.
Xa sabedes que consiste na lectura dun conto por parte das alumnas e alumnos maiores do centro aos pequenos de Infantil e Primeiro de Primaria.
Todos, padriños e afillados, disfrutan moito deste rato de lecer que ten como punto de unión a lectura.
Observade nas fotos o ben que o pasaron.

A charla "Navega con rumbo" amosounos valiosas ferramentas para usar os ordenadores minimizando as situacións de perigo que se poden producir.
Por outra banda os nosos alumnos e alumnas, na charla "Mediterraneamos", recibiron información sobre a importancia da boa alimentación, especialmente a que ten como base a dieta mediterránea, considerada hoxe coma unha importante fonte de saúde.
Como podedes ver nas fotos, todos e todas pasárono en grande confeccionando algúns pratos sans e ao final mesmo moveron un pouco o esqueleto para lembrarlles a importancia que o exercicio ten, xunto coa dieta, nunha vida saudable.

"Non hai nada coma un libro. Un libro é un vínculo entre o pasado e o futuro. É unha ponte entre xeracións e entre culturas. É unha forza para crear e compartir a sabedoría e o coñecemento"
Irina Bokova
Preme na imaxe para ver a mensaxe de Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO, con motivo do Día Mundial dol Libro e do Dereito de Autor.
O día 6 de abril de 1896, luns de Pascua, inaugurábanse en Atenas os primeiros Xogos Olímpicos modernos e hoxe Google ríndelle homenaxe a esta data.
![]() |
Preme na imaxe para ler a nova |
![]() |
Para saber máis |
Convencidos de que "o futuro está na internet e nas redes sociais",
un grupo de escritores e escritoras de España e Latinoamérica veñen de crear Zenda,
unha web literaria independente ou, como a define Arturo Pérez-Reverte,
o seu editor e cofundador, "un territorio de libros, amigos e aventura".
Esta nova web comeza a súa andadura o día 6 de abril na dirección zendalibros.com
«Neste Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, insto a que se promovan os dereitos das persoas con autismo e se asegure a súa plena participación e inclusión, como membros valiosos da nosa tan diversa familia humana, para que poidan contribuir a crear un futuro de dignidade e oportunidade para todos.»Mensaxe do Secretario Xeral da ONU, Ban Ki-moon con motivo do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, 2 de abril de 2016
![]() |
Ler máis |
Podes acceder a toda a información aquí.