25/06/17

FELICES VACACIÓNS!


Boletíns Leria verán 2017

  

 De cara ás vacacións deixámosvos aquí unha serie de recomendacións para as vosas lecturas de verán. Esperamos que as disfrutedes.
    Facede clic nas imaxes para poder ver os boletíns de Primaria e Secundaria. Temén podedes descargalos.
https://drive.google.com/file/d/0B-bda1xRnuSAUUNfMjRKWDlEMDA/view?usp=sharing

https://drive.google.com/file/d/0B-bda1xRnuSAY25VWkh4MkUzeWM/view?usp=sharing




18/06/17

Exposición de fotografía "ROSTROS"




   O alumnado de 5º de EP e 4º da ESO do CPI da Ribeira vai inaugurar este luns 19 de xuño ás 20:00 h. a exposición de fotografía “Rostros” na Casa de Cultura do Porriño, resultado do obradoiro realizado co fotógrafo Luís Díaz Díaz.

  A actividade enmárcase dentro do proxecto Fotografía en Curso (Plan Proxecta da Xunta de Galicia) e conta coa colaboración do Concello do Porriño. A través do retrato fotográfico, o alumnado achégase á realidade da súa contorna, intepretándoo desde o seu ollar. 
   O acto de inauguración contará coa presentación da exposición do propio alumnado, da concelleira de Educación do Concello do Porriño e un breve acto musical.
  Este proxecto innovador,coordinado polas profesoras África Álvarez Outerelo (Música ESO), Mar Cuba Taboada (Francés ESO), Mar Lorenzo Núñez (titora de 5º EP) e José Antonio Martínez (Xeografía e Historia ESO) pretende introducir a fotografía nas aulas e permite ao alumnado mellorar a técnica fotográfica, estimular a súa creatividade e espertar afeccións artísticas.
    A exposición, que se poderá visitar do 19 ao 30 de xuño, pon fin a meses de duro traballo no que os rapaces foron transformando a súa mirada e perfeccionando a súa técnica fotográfica. Este traballo favoreceu o desenvolvemento de distintos proxectos interdisciplinares no centro, así como obradoiros de escritura e fotografía, algúns deles impartidos polo propio alumnado

Lapbooks sobre países

    Como resultado final dos traballos que levaron a cabo os alumnos e alumnas en relación co proxecto de centro "Turismo e fotografía", velaí tedes as imaxes dalgunhas mostras dos lapbooks realizados.










Cine: "Hermanos del viento"



Xogos populares galegos

Crean unha base de datos on line sobre xogos tradicionais galegos.

    A recuperación e posta en valor dos xogos tradicionais galegos. Ese é o obxectivo da plataforma colaborativa Patimonio Lúdico Galego. Trátase dunha base de datos en liña na que se recollen documentos, museos, xogos e publicacións relacionadas con este patrimonio.
    A web xogospopulares.gal inclúe uns douscentos recursos que recopilaron durante dous anos coa axuda de persoas vencelladas ao mundo do xogo tradicional, como artesáns, investigadores e colectivos da Asociación Galega de Xogo Popular e Tradicional.
    Este novo portal recolle, entre outra información, datos sobre os lugares nos que se pode adquirir o equipamento para practicar estes xogos, ademais de dispoñer dun servizo de préstamo bibliográfico e documental. ( La Voz de Galicia 17 de xuño de 2017).
    Preme na imaxe para ir ao enlace da páxina.

http://xogostradicionais.gal/



OS XOGOS
http://enredoscampolongo.blogspot.com.es/

http://brinquedia.net/web/wp-content/uploads/2013/05/Xogos-Encontro.pdf


05/06/17

Día Mundial do Medio Ambiente

    Hoxe, 5 de xuño, celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente. 
    Preme na imaxe para acceder ao diario El País e ver a galería de fotografías nas que a natureza é a auténtica protagonista.

http://elpais.com/elpais/2016/06/02/album-02/1464899382_095314.html

01/06/17

Exposición "Os mundos de Carlos Casares"

Foto Voz de Galicia
Os mundos de Carlos Casares, exposición central das Letras Galegas 2017, chega hoxe á capital de Galicia, onde se poderá ver ata o vindeiro 25 de xuño na Zona “C”.

Cinco espazos metafóricos diferenciados, pero permeables grazas a unha coidada montaxe fundamentada na transparencia, que permiten debuxar escenas e activar experiencias sociais, políticas, educativas e artísticas. A cartografía resultante devolve unha imaxe que aspira a ser completada polo público; unha viaxe de ida e volta, circular, que convida a revisitar a escena cultural galega nas cinco últimas décadas, recuperando unha visión do escritor e dos seus lugares que aspira a conectar coas xeracións máis novas.