25/10/22

MOCHILAS VIAXEIRAS.

Hoxe entregamos ás diferentes titorías as mochilas viaxeiras para que poidades disfrutar aínda máis dos fondos da nosa biblioteca non só no cole, senón tamén en casa!


24/10/22

24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

VISITA DISTINGUIDA...
Tal e como estaba previsto, hoxe veunos visitar o ilustrador Benxamín Míguez Novoa, que nos contou á vez que debuxou uns contos moi divertidos e entretidos. Grazas por ter vido ao noso cole!


13/10/22

UNHA VISITA ESPECIAL.

NON O PODEDES PERDER!

Co motivo da celebración do día das bibliotecas escolares, viranos visitar alguén moi especial. Non volo podedes perder. RIBEDINO espéravos!


10/10/22

DECORAMOS A PORTA DA BIBLIOTECA.

A NOSA PORTA...

Con motivo da nova temática do proxecto do centro (RIBENAUTAS), invitamos ao alumnado a axudar a decorar a porta da biblioteca con pequenos extraterrestres. O resultado foi moi interesante.

Moitas grazas a todas as titorías pola vosa participación!



06/10/22

"RIBENAUTAS"

NOVO CURSO ESCOLAR!

Como cada curso a biblioteca do cole abre as súas portas, e para informar da súa apertura, que mellor forma hai que RIBEDINO visitando as aulas do centro...