O blog da biblioteca do CPI da Ribeira

Novidades para nenos e maiores



 
TÍTULO: El factor humano
AUTOR: John Carlin
EDITORIAL: Seix barral 2010


A fascinante historia de como Nelson Mandela conseguiu o milagre da reconciliación entre negros e brancos en Sudáfrica.  En 1985,  Nelson Mandela, no cárcere por preto de vinte e tres anos, propúxose conquistar aos seus inimigos sen loitar contra eles. Despois de gañar a presidencia de Sudáfrica , o país foi elixido para acoller a Copa do Mundo de Rugby.



 


TÍTULO: La pequeña comunista que no sonreía nunca.
AUTOR: Lola Zafón.
EDITORIAL: Anagrama



A través dun intercambio fabulado de correos e conversas telefónicas coa propia Nadia Comaneci, Lola Zafón tece una especie de documental de ficción que enche «os silencios da historia e os da protagonista». E así pode falarnos sobre a ditadura que reina sobre o corpo feminino, sempre sometido a esixencias de eterna xuventude.



TÍTULO: La corredora.
AUTOR: Carrie Snyder.
EDITORIAL: Alfaguara 2015


Ninguén parece lembrar as fazañas de Aganetha hoxe, a súa medalla de ouro para o Canadá nos Xogos Olímpicos de 1928, o primeiro no que as mulleres puideron participar en probas de longa distancia. Ata que veñen visitala ao asilo dous estraños mozos que queren saber máis sobre a súa carreira deportiva. É así como Aganetha volta á granxa onde naceu e recorda a súa infancia no Canadá rural e a súa loita por converterse nunha muller independente na súa chegada á gran cidade. Pola súa memoria pasan a devastadora Guerra Mundial, a gripe española e a terrible década dos trinta...
 



TÍTULO: El sueño de Iván
AUTOR: Roberto Santiago
EDITORIAL: SM 2011


Por primeira vez na historia do fútbol, unha selección de nenos vai enfrontarse a unha selección dos mellores xogadores do mundo. O motivo: recadar fondos para as vítimas dun terremoto. O xogo ten lugar no Estadio Azteca en México e, por suposto, os nenos non teñen oportunidade ningunha de gañala ...Ou si?



Non o esquezades!

O día 24 de outubro celebraremos o Día Internacional das Bibliotecas Escolares así que, coma todos os anos, estamos a organizar o mercadiño solidario. Animádevos a participar nel!

Xa sabedes que podedes traer os libros que xa lestes e tedes xa moi vistos. Así poderedes levar outros que moitos dos vosos compañeiros aportan ao mercadiño e, de seguro, vos encantarán.

 

Visitade a "biblio"

Xa comentamos que este ano dedicamos o proxecto lector ao tema "Olimpíadas" e por iso os nosos expositores están a encherse de libros e novidades arredor dos xogos, as equipas, o afán de superación, o esforzo...
Non esquezades que o ano próximo se celebran os xogos olimpicos na cidade de Río, en Brasil.
Animádeos a buscar información para encher as clases e os corredores de xogo e animación!



 Tamén estamos a renovar o expositor de novidades e o carriño "Que rule"
Visitade a biblioteca! Xa sabedes que está aberta nos recreos e tamén polas tardes, de catro a cinco.

Escarlatina, a cociñeira defunta foi recoñecida co galardón do Ministerio de Cultura
A galega Ledicia Costas acaba de ver recoñecido o seu traballo do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil que outorga cada ano o Ministerio de Educación e Cultura. A novela Escarlatina. A cociñeira defunta, que publicou Edicións Xerais con ilustracións do tamén galego Víctor Rivas, vendeu xa preto de 8.500 exemplares no noso país e recibira o Premio Merlín de Literatura Infantil o pasado ano, canda a outros galardóns coma os Fervenzas Literarias ou o Premio Xosé Neira Vilas da Asociación Galega de Editores. O xurado destacou que se trata "dunha obra extraordinaria, humorística e rachadora no contexto da Literatura Infantil e Xuvenil Actual", ademais sinalar que a obra posúe "habilidade para desmitificar o mundo da morte". O galardón está dotado con 20.000 euros.
http://culturagalega.gal/noticia.php?id=25762

Dende a biblioteca do CPI da Ribeira felicitamos con entusiasmo a Ledicia Costas, unha das escritoras preferidas dos nosos nenos e nenas, por esta nova distinción e lle agradecemos moito todo o agarimo e simpatía que amosou nas súas visitas, tan apreciadas,  ao noso centro.

Hora de ler

Horario lectura 2015-16
Aquí vos deixamos o horario de lectura deste ano. Xa todos o teredes na vosa clase, pero si o queredes descargar, facede clic nel.

Benvidos ao curso 2015-2016!





Benvidos un ano máis á biblioteca do CPI da Ribeira. A nosa biblioteca!

Este curso tentaremos descubrir  unha chea de experiencias, sensacións, viaxes, xogos... E todo iso a través deses amigos que sempre están aí esperando por nós: os libros.