Amosando publicacións coa etiqueta autores. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta autores. Amosar todas as publicacións

29/03/17

Primavera das letras

http://primaveradasletras.gal/
    Un ano máis presentouse a Primavera das Letras, a web na que a Real Academia Galega achega recursos sobre o autor homenaxeado en cada Día das Letras Galegas. Con Carlos Casares como protagonista, o novo espazo na rede inclúe unha biografía do escritor, unidades didácticas para diferentes idades sobre o seu traballo ou unha listaxe de recursos na rede.

Preme na imaxe para acceder á web.

http://primaveradasletras.gal/

    Non esquezades que premendo na imaxe "Letras galegas 2017" na cabeceira deste blogue podedes acceder á web da Fundación Carlos Casares onde tamén atoparedes información e actividades.

21/02/17

Homenaxe a Rosalía

    O xoves 23 de febreiro celebraremos o 180º aniversario do nacemento de Rosalía de Castro (24 de febreiro de 1837).
    Para homenaxear á nosa máis insigne escritora teremos unhas visitas moi especiais: alumnado do IES Ribeira do Louro e exalumnos do noso centro virán á nosa biblioteca a recitar poemas de Rosalía.

    Seguro que todos imos disfrutar dun bo rato.

http://rosalia.gal/causes/caldo-de-gloria/ 




Preme na imaxe se queres ver outras maneiras de celebrar esta efeméride.                                                                                       

15/01/17

2017: Ano de CARLOS CASARES

http://academia.gal/letras-actual    Dende a biblioteca queremos adicar a primeira entrada deste ano a Carlos Casares, autor homenaxeado este ano co gallo das Letras Galegas.

    Foi a comarca da Limia, en maior medida que o seu Ourense natal, o territorio que deixou unha pegada máis fonda no Casares neno. Nacera en Ourense, o 24 de agosto de 1941, pero aos catro anos marchou para Xinzo de Limia, onde o seu pai, Francisco Casares, traballaba de mestre ...

    Podedes premer na imaxe para coñecer máis cousas da súa vida e da súa obra.

    Ah!, e tamén podedes facer clic na cabeceira do blog, no apartado do escritor para acceder á web da súa fundación onde atoparedes moita información  arredor deste recoñecido autor.

09/10/16

Agustín Fernández Paz dinos adeus cunha de medo



“Beber soños coma quen bebe auga” 
 
    Esta frase de Álvaro Cunqueiro, que tanto lle gustaba a Agustín Fernández Paz e que tan ben o representaba, lémbranos  ao gran escritor galego que nos deixou este verán.
    El fixo da imaxinación a súa ferramenta de traballo e  deixou en innumerables xoves e maiores  a fonda pegada da sensibilidade que derramou en tantas e tantas historias, en tantos e tantos libros que, por sorte,  nos deixou. 
    Era un traballador das letras incansable e publícase agora, na Editorial Edebé, un dos últimos libros que deixou rematados antes de morrer, A casa do medo

    Para saber máis preme aquí.

    Para lembrar as súas obras preme aquí.

15/05/16

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Morrendo a cada intre; Advento, un dos libros máis fermosos da poesía galega de todos os tempos; Mar  maior; e tantas outras publicacións fan de Manuel María un dos escritores galegos máis comprometidos coa nosa terra e coa nosa fala.
 
 Este 17 de maio de 2016 lembramos a súa vida e a súa obra co gallo da celebración do día da cultura galega por excelencia, o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. 
Manuel María adicou tamén moito do seu tempo ao xornalismo. Nesta páxina web poderedes coñecer máis desta faceta do escritor: http://manuelmaria.xornalistas.gal/


03/04/16

Pérez-Reverte, Marías e outros escritores crean a web literaria Zenda

Convencidos de que "o futuro está na internet e nas redes sociais", un grupo de escritores e escritoras de España e Latinoamérica veñen de crear Zenda, unha web literaria independente ou, como a define Arturo Pérez-Reverte, o seu editor e cofundador, "un territorio de libros, amigos e aventura".
Esta nova web comeza a súa andadura o día 6 de abril na dirección zendalibros.com

24/03/16

Visita do escritor Núñez Singala

O pasado xoves 17 de marzo recibimos a visita do escritor Manuel Núñez Singala. Todos os alumnos da ESO escoitaron as experiencias vividas polo autor en relación coa realización das súas publicacións, en especial da súa obra de teatro "O achado do castro".
O autor lembrou a súa época de estudante na que principiou o seu amor polo teatro. Falounos de moitas das representacións que desta obra se realizaron en distintos lugares e con distintos recursos, pero sempre coa intención de chegar ao público na procura dun sorriso.
Núñez Singala interactuou cos nenos e nenas mesmo animándoos a representar unha pequena escena na que se amosaba a importancia dos signos de puntuación nos textos.
O escritor contestou a todas a preguntas que lle fixeron os alumnos e firmou, ao final do acto, exemplares dos seus libros.



 
 Agradecémoslle a súa boa disposición e desinteresada colaboración!



24/02/16

24 de febreiro - Día de Rosalía

Cúmprese hoxe o 179 aniversario do nacemento (Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 1837) da escritora máis notable da nosa literatura, Rosalía de Castro.
 Dende a biblioteca realizouse un mural conmemorativo e nas clases adicouse o día a lembrar, con distintas actividades, a poesía e a figura de Rosalía que segue a emocionar coas súas verbas a quen a le ou a quen escoita os seus poemas.


 Rosalía e a música
http://www.crtvg.es/cultural/corte-a-corte/rosalia-e-a-musica

A autora máis internacional da nosa literatura estaba moi familiarizada coa música popular e foron moitos os músicos que escolleron os seus versos para poñerlles música e cantalos.
(Preme sobre a imaxe para ver o vídeo que a CRTVG emitiu no ano 2013).


 http://www.edu.xunta.es/portal/sites/web/files/dossieraviaxederosalia_vf.pdf.

 Un espectáculo de monicreques titulado "A viaxe de Rosalía" homenaxeará á autora galega máis universal por trece concellos galegos nos vindeiros meses de marzo, abril e maio.
A actriz Larraitz Urruzola, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, achegará a vida e a personalidade de Rosalía ao público familiar.

(Para máis información, preme na imaxe)




07/10/15

Ledicia Costas faise co Premio Nacional de Literatura Infantil

Escarlatina, a cociñeira defunta foi recoñecida co galardón do Ministerio de Cultura
A galega Ledicia Costas acaba de ver recoñecido o seu traballo do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil que outorga cada ano o Ministerio de Educación e Cultura. A novela Escarlatina. A cociñeira defunta, que publicou Edicións Xerais con ilustracións do tamén galego Víctor Rivas, vendeu xa preto de 8.500 exemplares no noso país e recibira o Premio Merlín de Literatura Infantil o pasado ano, canda a outros galardóns coma os Fervenzas Literarias ou o Premio Xosé Neira Vilas da Asociación Galega de Editores. O xurado destacou que se trata "dunha obra extraordinaria, humorística e rachadora no contexto da Literatura Infantil e Xuvenil Actual", ademais sinalar que a obra posúe "habilidade para desmitificar o mundo da morte". O galardón está dotado con 20.000 euros.
http://culturagalega.gal/noticia.php?id=25762

Dende a biblioteca do CPI da Ribeira felicitamos con entusiasmo a Ledicia Costas, unha das escritoras preferidas dos nosos nenos e nenas, por esta nova distinción e lle agradecemos moito todo o agarimo e simpatía que amosou nas súas visitas, tan apreciadas,  ao noso centro.

04/06/15

Entrevista con Elena Gallego Abad

Biosbardia. O país dos libros en galego é unha revista electrónica con contidos moi interesantes sobre literatura e que vos recomendamos.
Reproducimos a continuación a entrevista de César Lorenzo Gil a Elena Gallego Abad que eles publican:


Elena Gallego Abad: “A historia de ‘Dragal’ dá para tres triloxías”

Elena Gallego xunto á árbore que dá libros da serie ‘Dragal’ nas súas diversas edicións.

César Lorenzo Gil.


Unha historia de dragóns, escrita case como un reto familiar, cambioulle a vida a Elena Gallego Abad (Teruel, 1969). Dragal, a serie de narrativa xuvenil fantástica que edita Xerais chega agora ao seu cuarto volume: A estirpe do dragón. Falamos coa autora sobre este fenómeno que xa vendeu máis de dez mil exemplares e que está a piques de converterse en película e en cómic interactivo en liña.


Empecemos polo primeiro capítulo da historia. Cando ideou Dragal xa contaba con que fose unha serie?
Non. Teño contado moitas veces como empezou todo. Hai seis ou sete anos eu era a nai dun adolescente de quince anos, Adrián, que tiña o cuarto empapelado con imaxes de dragóns, que pasaba o día enteiro a ler historias de fantasía con dragóns polo medio, historias de mundos paralelos e portas cara a dimensións descoñecidas. Falando co meu fillo, fun consciente de que ignoraba moitas cousas das propias tradicións galegas e logo de discutirmos sobre as posibilidades da cultura nosa para crear un universo fantástico apegado ao terreo e verosímil, púxenme a escribir unha historia. Ía ser simplemente un conto para demostrarlle que se podía facer unha boa aventura con dragóns pero a medida que ía escribindo, a cousa foi medrando e converteuse nun libro. Adrián leuno e gustoulle, así que un día, case por casualidade, lin as bases do Premio Caixa Galicia (hoxe Jules Verne) de literatura xuvenil que convocaba Xerais e dixen para min: “o non xa o tes, é só gastares un pouco en fotocopias e correos”. Nese momento todo cambiou. Aínda que o libro non gañou o premio, o xurado fixo unha mención especial, unha recomendación para que a editorial publicase o libro.

Recordo que aquel ano en San Simón falábase tanto do seu libro coma da gran gañadora da tarde, Rosa Aneiros, que levou xuntos o devandito Caixa Galicia e mais o Xerais de novela. Que pasou despois?
Na primeira reunión que tiven con Manuel Bragado, director de Xerais, xa me amosou o gran problema do libro: “Dragal non termina; continúa”. Eu respondinlle que así era pero que non sabía se a cousa unicamente daría para engadirlle corenta páxinas máis, que quizais o plan era escribir unha triloxía. Ía un tanto de farol, pensei na triloxía porque é moi común que se fagan series así na fantasía pero até ese momento non fora tan ambiciosa. “Vale. Pois ponte a escribila”, contestoume Bragado. E así aquela historia para Adrián acabou tomando o rumbo dun proxecto moito máis grande.

O instinto de Xerais era atinado. O primeiro libro triunfou.
Xa vai pola oitava edición. Coido que foi fundamental a recepción nos centros de ensino. Lembro especialmente as palabras dun profesor que falou comigo sorprendido de que un alumno seu que nunca lera nada, de socato estaba o día enteiro cun libro na man; incluso nas clases lía ao escuso. Cando averiguou que libro estaba a ler, interesouse e encontrou en Dragal calidades suficientes para recomendalo, para aproveitalo nas súas clases. A cousa ía medrando xa sen que eu intervise. Circulaban guías didácticas sobre o libro feitas polos propios profesores; cando ía a algún centro dar unha charla encontrábame as paredes decoradas con motivos do libro. A rapazada non paraba de preguntar como continuaba a historia.
A cousa ía medrando xa sen que eu intervise. Circulaban guías didácticas sobre o libro feitas polos propios profesores.
E así chegaron a segunda e a terceira entregas. E o fenómeno deixou de ser unicamente galego. O libro xa ten edición catalá, inglesa e española. Como foi o proceso de expansión?
Primeiro, naceu dun complexo propio. Recordo chegar a Madrid, a unha desas librarías de enorme superficie e decatarme de que había un cento de libros sobre dragóns e que o meu non estaba. Decateime de que tiña que esforzarme por conseguir estar nun nivel diferente e púxenme á tarefa.

Ten vostede axente literario?
Non teño. Eu convertinme na miña propia axente literaria. Contactei con editores de fóra e ofrecinlles a historia. Nalgúns casos tiven que insistir moito, ofrecerme ao cento por cento, convencelos de que é unha historia universal, que ten interese para públicos moi variados. Os editores que lle deron unha oportunidade quedaron moi satisfeitos. A miña editorial en catalán, Pagès Editors, cando decidiu crear unha nova colección de libros xuvenís co gallo do seu 25º aniversario, inaugurou a nova serie co Dragal. Aínda recordo o día que fun á Casa do Libro en Barcelona e vin o meu libro ao lado dun dos de Harry Potter. Foi unha sensación moi especial.

A receita, daquela, para os escritores galegos, é a perseveranza no traballo “comercial”?
No meu caso foi así. Non podes unicamente pensar en escribir boas historias, tes que pensar que a túa obra é coma un fillo, que precisa coidados, atención, que te preocupes por ela, que fagas todo o posible polo seu benestar. Eu sempre considerei fundamental atender os lectores nas redes sociais, visitalos nos centros de ensino, facer presentacións, que me consideren unha persoa accesible coa que comunicarse… E por outro lado, sempre estou intentando abrir mercado. A serie de Dragal está en Alemaña, en Italia, no Xapón, no Brasil e en Portugal. Confío que co tempo se publique neses países e incluso noutros. Ás veces paso as mañás enteiras ao teléfono con editores.

Hai escritores que se queixan de que hoxe en día sexan eles os encargados deses labores, que os distraen de escribir.
Pensei moitas veces en compartir a responsabilidade de “coidar” do Dragal pero sempre penso: a cantos escritores representa un axente? A cincuenta? Quen me di que lle vai dedicar todo o tempo que necesita? Xa recibín varias ofertas pero non quero asinar un talón en branco. Prefiro manter o control sobre o proxecto ao cento por cento. Considero ese labor de promoción intrínseco ao de creación. Cando planifico os ritmos de escritura xa conto co tempo que lle teño que restar. Pero sendo realistas, un escritor fai moito máis que escribir: ten que ler, ten que ler para documentarse, ten que pensar en como resolver determinados nós da historia, ten que formarse en teoría narrativa para contar con ferramentas que a axuden cando se complica manter o fío…

Polo que me di, non parece vostede unha escritora metódica, das que sentan oito horas seguidas a darlle á tecla.
Nalgúns momentos concretos si que o fixen. Fixeime obxectivos de páxinas por xornada e cumprinos pero polo xeral coido que son algo máis anárquica. E penso que esa forma de ser e de facer é a que me fai atractivo o traballo de escribir.

Seguro que ten reflexionado sobre cal é a “fórmula” do éxito de Dragal.
Coido que pode haber varias razóns pero a miña análise non é previa; non nace dun deseño. Cando me poño a escribir só teño dúas cousas en mente: que nunha saga, é imprescindible que cada novo título sexa mellor ca o anterior e que a miña fidelidade é co lector; un lector que non se deixa enganar, que sabe moi ben o que quere, que é esixente, que bufará de rabia se o texto non está á altura das súas expectativas.
Fun sempre unha devoradora de libros e esas lecturas acaban por formar parte dos meus textos.
Íame dar o resultado desa análise a posteriori.
Si. Digo que visto o resultado, Dragal é unha serie que empata moi ben con persoas que len pouco, en moitos casos rapaces que nunca leran nada anteriormente e que encontran nestes libros os alicientes necesarios para engancharse. Cada libro facilita esa “dependencia”, primeiro polas técnicas que emprega: capítulos breves que sempre rematan en alto, que “esixen” continuar a lectura. Segundo, pola mestura de xéneros. Eu fun sempre unha devoradora de libros e esas lecturas acaban por formar parte dos meus textos. Recoñezo que tirei cousas d’Os Cinco, de Enid Blyton, de Viaxe ao centro da Terra, de Jules Verne… Hai aventura, hai amor, hai relato fantástico e novela histórica… E terceiro, porque a narración é realista.

Non me dirá que os dragóns existen na realidade.
É moi curioso que estean presentes en todas as culturas… Pero non é iso o que quero dicir. Refírome a que son textos moi documentados, rigorosos coas fontes. Todo o que se conta aparece nos textos tradicionais da cultura galega. Todos son feitos que se poden pescudar ben por lugares físicos ben por fontes históricas. A base de todo o proxecto naceu do Códice Calixtino. A lenda, a historia do Dragal forma parte da historia xacobea, a creación galega máis universal. Pero non só iso: as partes científicas están explicadas con verosimilitude. É ficción pero o lector non se encontra con disparates. Decátase de que todo flúe sen estridencias.

E Dragal xa non só é unha colección de libros. Prepárase unha película sobre a serie. Cónteme.
O proxecto audiovisual naceu dun encontro casual. Coñecín o produtor Xulio Casal, de Ficción Producciones, quen estaba a buscar unha historia pensada para o público xuvenil xa que tiñan cubertos os ámbitos para adultos e para cativos. Falando falando interesouse moito por facer algo co universo Dragal. Xurdiu primeiro un proxecto audiovisual educativo no que participan varios centos de alumnos e logo a idea da película. Tamén se está a preparar un proxecto de cómic interactivo, que explota as posibilidades do formato en liña, con videoxogos integrados… O salto ao audiovisual foi moi importante para Dragal IV.

E iso?
Casal falaba comigo a cada pouco, pedíame ideas ou explicacións. Chegou un momento no que lle dixen: “Mira, se teño que pórme a escribir case que escribo outro libro da serie”. E así foi.

Antes contábame que a historia ao primeiro ía para triloxía. Xa lle ten límite?
A historia de Dragal dá para tres triloxías. A medida que investigo, que abro a mente, doume de conta do moito que queda por contar. É un proxecto tan amplo coma queiramos que non dou por rematado. Como dixen antes, o único límite que me poño é que cada libro que se publica de novo sexa mellor ca o anterior.

Non teme acabar cansa dos dragóns?
Iso poderíame pasar se esta fose unha historia unicamente de dragóns. Non. Esta é unha historia de Galicia. É tan variado e diferente, esíxeme tantas cousas libro a libro que estou ben lonxe de cansar. Por exemplo, en Dragal IV tiven que aprender a sintetizar. En cada libro aprendo cousas novas; é unha das cousas máis interesantes.

De canto lle valeu esa aprendizaxe na narrativa para mozos cando publicou Sete caveiras (Xerais), unha novela negra para adultos?
De moito. Tanto no proceso de escrita coma no de promoción. Sete caveiras foi un libro que me fervía e escribino moi rápido. Funcionou moi ben. Xa vai pola terceira edición e estou en negociacións cunha editorial para lanzar unha versión en francés. Serviu ademais para rachar certos preconceptos sobre Dragal. Como é unha serie pensada para o público mozo, moitos lectores adultos tiñan reparos en achegarse. Logo de leren a miña outra novela foilles máis fácil.

Vistos os resultados, seguro que haberá máis libros para adultos.
Seguramente. De feito, xa teño unha novela rematada. Publicarase proximamente.

Vostede, no momento de publicar o primeiro volume de Dragal, traballaba como xornalista. Agora dedícase a tempo completo á escrita de ficción?
Non teño tempo nin disposición para traballar para algún medio de comunicación. En poucas semanas saio para Catalunya para facer promoción. É posible que estea na Feira do Libro de Madrid, quizais noutros eventos literarios no estranxeiro… Quixen arriscalo todo nesta aventura. Se as cousas se torcen, sempre podo voltar ao xornalismo.

É moi difícil falar cunha escritora que vive do que escribe en Galicia.
Eu aíndo non estou nesa categoría. Estou sementando para conseguilo.

Non lle dan as contas?
Aínda non. Se sumo os gastos de promoción, desprazamentos, contactos… non compensan as vendas. Pero coido que este é o único camiño para lograr poder vivir da literatura. Quen dos que se dedicaron ao xornalismo algunha vez pero que tiñan inquedanzas literarias non soñou nunca poder vivir de escribir? Eu tamén o soñaba e aínda que me parecía moi difícil, nunca estiven máis perto. Teño que seguir camiñando para facelo posible.

Que leu recentemente que lle gustaría recomendar?
As dúas novelas de Pedro Feixoo: Os fillos do mar e A memoria da choiva (ambos publicados por Xerais). É un dos grandes narradores do noso tempo.

 

07/05/15

Paseos polo Vigo literario

Paseos polo Vigo literario é unha iniciativa da AELG desenvolvida coa colaboración e patrocinio da Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Vigo.

Todos os paseos con saída ás 11:30 horas.
Para se inscribir deben enviar os seus datos (nome completo e teléfono) ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org (deben indicar a cal/es paseo/s irán).
Inscrición por orde de chegada do correo. Prazas limitadas: 50.

Sábado, 9 de maio: Pedro Feijoo e Os fillos do mar
Saída: A Oliveira.
No Paseo de Afonso XII, no número 2, ten o seu estudio o inefable Simón Varela, desde onde podemos baixar até a Porta do Sol, perdéndonos polo caso vello da cidade, tras os pasos de Daniel e León Beiroa. Desde a Porta do Sol e o teatro García Barbón até o calexo dos Caños, onde a Simón e a Mariña case lle parten os fociños os secuaces de herr Wessler, para descubrir a historia da vella rede de túneles esquecidos da cidade. A continuación baixariamos até a Alameda e desde aí ao Náutico, para, na compaña do mesmísimo Verne, botar un ollo ao noso redor, á procura da cidade case desaparecida…
Unha cidade chea de historia aínda visible para uns ollos atentos…



Sábado, 16 de maio: María Reimóndez e En vías de extinción
Saída: por determinar.
Fronte ao desenraizamento, ela escolleu transplantarse, botar raíces aéreas e traer canda a si a montaña ao mar. Gaia, a protagonista de En vías de extinción percorre diferentes espazos mais a súa vida aséntase xa de forma definitiva na cidade ampla que acolle, de brazos abertos, o indómito e biodiverso. Vigo é tamén o espazo de intersección entre o ficcional e o vital para María Reimóndez quen neste percorrido nos levará polos espazos desta obra e compartirá tamén en exclusiva fragmentos da súa próxima novela A música dos seres vivos.



Sábado, 23 de maio: Francisco Castro e Tes ata as 10
Saída: Praza da Constitución.
Desde a Praza da Constitución desprazarémonos ata a Porta do Sol, ao edificio onde estaba ubicado El Pueblo Gallego, que serviu de inspiración para recrear o Eco de Vigo, o xornal onde traballa o pai do protagonista. Baixaremos cara o Teatro García Barbón, para parar na antiga sede da churrería ‘Bonilla’ de camiño cara á rúa Luis Taboada, rúa que albergaba a enigmática imprenta da novela Tes ata as 10. A Praza de Compostela-Alameda e o Porto Deportivo encamiñarannos cara á estatua de Xulio Verne, protagonista da cidade e da novela Tes ata as 10.


17/04/15

Eduardo Galeano: textos selecionados




O autor urugaio Eduardo Galeano, ademais de artículos de temas económicos e políticos, publicou unha grande cantidade de libros con microhistorias: pequenos relatos ou reflexións, ás veces dunhas liñas, sobre o ser humano e sobre os "nadies", os máis desfavorecidos. O seu compromiso con eles e con cambiar o mundo fai del un escritor único, unha voz que imos botar moito en falta nestes tempos tan difíciles.

Reproducimos a continuación algúns dos seus textos:

El padre

Vera faltó a la escuela. Se quedó todo el día encerrada en casa. Al anochecer, escribió una carta a su padre. El padre de Vera estaba muy enfermo, en el hospital. Ella escribió: -Te digo que te quieras, que te cuides, que te protejas, que te mimes, que te sientas, que te ames, que te disfrutes. Te digo que te quiero, te cuido, te protejo, te mimo, te siento, te amo, te disfruto.

Héctor Carnevale duró unos días más. Después, con la carta de su hija bajo la almohada, se fue en el sueño.



Ventanas

Ventana sobre la utopía

Ella está en el horizonte. Me acerco dos pasos, ella se aleja dos pasos. Camino diez pasos y el horizonte
se corre diez pasos más allá. Por mucho que yo camine, nunca la alcanzaré. ¿Para qué sirve la utopía?
Para eso sirve: para caminar.

Ventana sobre el cuerpo

La Iglesia dice: El cuerpo es una culpa.
La ciencia dice: El cuerpo es una máquina.
La publicidad dice: El cuerpo es un negocio.
El cuerpo dice: Yo soy la fiesta.

Ventana sobre el mundo

El hambre desayuna miedo.
El miedo al silencio aturde las calles.
El miedo amenaza:
Si usted ama, tendrá sida.
Si fuma, tendrá cáncer.
Si respira, tendrá contaminación.
Si bebe, tendrá accidentes.
Si come, tendrá colesterol.
Si habla, tendrá desempleo.
Si camina, tendrá violencia.
Si piensa, tendrá angustia.
Si duda, tendrá locura.
Si siente, tendrá soledad.

Eduardo Galeano ( Uruguay, 1940 )
Tomado de "Palabras Andantes"



Delirar en voz alta


Mensaje de Eduardo Galeano para América Latina
Cartagena de Indias, Julio de 1997

Si el mundo está patas arriba y cabeza abajo ¿por qué no delirar que el mundo vuelva a estar como él quiso cuando todavía no era?
Así que se me ocurrió imaginar ese mundo posible.

Delirar, soñar en voz alta:

En las calles los automóviles serán pisados por los perros, el aire estará limpio de los venenos de las máquinas y no tendrá más contaminación que la que emana de los miedos humanos y de las humanas pasiones.

La gente no será manejada por el automóvil, ni será programada por la computadora, ni será comprada por el supermercado,
ni será mirada por el televisor.

El televisor dejará de ser el miembro más importante de la familia y será tratado como la plancha o el lavarropas.

La gente trabajará para vivir en lugar de vivir para trabajar.

En ningún país irán presos los muchachos por no prestar el servicio militar; sólo irán quienes quieran hacerlo.

Los economistas no llamarán nivel de vida al nivel de consumo, ni llamarán calidad de vida a la cantidad de compra.

Los cocineros no creerán que a las langostas les encanta que las cocinen vivas.

Los historiadores no creerán que a los países les encanta ser invadidos y los políticos no creerán que a los pobres les encanta comer promesas.

El mundo ya no estará en guerra contra los pobres sino contra la pobreza. La industria militar no tendrá más remedio que declararse en quiebra por siempre jamás.

Nadie morirá de hambre porque nadie morirá de indigestión. Los niños de la calle no serán tratados como si fueran basura porque no habrá niños de la calle. Los niños ricos no serán tratados como si fueran dinero porque no habrá niños ricos.

La educación no será privilegio de quienes pueden pagarla, ni la policía será la maldición de quienes no puedan comprarla.

La justicia y la libertad, hermanas siamesas condenadas a vivir separadas, volverán a juntarse, bien pegaditas, espalda contra espalda.

Una mujer negra será presidenta del Brasil y otra mujer negra será presidenta de los Estados Unidos; una mujer india gobernará
a Guatemala y otra a Perú.

En Argentina las "Locas de la Plaza de Mayo" serán un ejemplo de salud mental porque ellas se negaron a olvidar, en el tiempo
de la amnesia obligatoria.

La Santa Madre Iglesia corregirá algunas erratas en las piedras de Moisés: El sexto mandamiento ordenará: "festejarás tu cuerpo".
El noveno que desconfía del deseo, lo declarará sagrado. La Iglesia también dictará el undécimo mandamiento que se le había olvidado al Señor: "amarás a la naturaleza de la que formas parte."

Todos los penitentes serán celebrantes y no habrá noche que no sea vivida como si fuera la última, ni un día que no sea vivido como si fuera el primero.

15/04/15

Günter Grass, in memoriam


O luns faleceu, ós 87 anos, o escritor alemán Günter Grass. Algunhas das súas obras estiveron prohibidas pola censura en España, pero o grande recoñecemento chegoulle en 1999, cando recibiu o Nobel e o Príncipe de Asturias.

A súa novela máis afamada, El Tambor de hojalata, e unha das obras maestras da literatura, conta a historia dun neno durante a Segunda Guerra Mundial e as vivencias que o levarán a ser internado nun siquiátrico ós 29 anos.

Le neste enlace unha entrevista con Günter Grass deste mesmo ano.

14/04/15

Eduardo Galeano, in memoriam

 Onte calaron dúas grandes voces da literatura universal: Günter Grass, Nobel de literatura e Premio Príncipe de Asturias en 1999, e Eduardo Galeano, un dos máis destacados escritores da literatura latinoamericana e galardonado co premio Stig dagerman (Suecia) por estar "sempre e de xeito inquebrantable do lado dos condenados".

Se ben nos próximos días publicaremos algo máis deles, hoxe queremos empezar por invitarvos a ler algúns dos libros máis emblemáticos de Eduardo Galeano.



- El libro de los abrazos. Madrid: Ed. Siglo XXI, 2007. Na nosa biblioteca
Unha recopilación de textos e relatos, con moita imaxinación e fantasía. Unha mirada crítica sobre o ser humano, a memoria e a desmemoria, o compromiso e a liberdade. Un libro que fala da vida entre sorrisos e lágrimas, fundindo o amor e a poesía.




- El fútbol a sol y sombra. Madrid: Ed. Siglo XXI, 2003.
Galeano era un admirador incondicional do fútbol, ó que homenaxea neste libro. Nel denuncia tamén o poder dun dos negocios máis lucrativos do mundo e lamenta que o fútbol profesional desterre a alegría, a fantasía e a ousadía, pero sobre todo celebra a festa do fútbol e os seus momentos máis icónicos a través de textos breves.




- Espejos. Una historia casi universal. Madrid: Ed. Siglo XXI, 2008.
Galeano conta a historia da humanidade partindo dos feitos e das persoas menos coñecidas, os que non aparecen nos libros. Os títulos dos textos breves que forman o libro dánnos unha idea dos contidos: «Fundación del machismo», a «Resurrección de Jesús», «Las edades de Juana la Loca», «La educación en tiempos de Franco» ou «Los derechos civiles en el fútbol».




- Mujeres. Madrid: Ed. Siglo XXI, 2015.
Este libro publicarase en España o próximo xoves. Nel, Galeano rinde tributo a todas as mulleres: as fermosas (como Marilyn Monroe), as loitadoras (como Rigoberta Menchú), as científicas (como Marie Curie) e, por suposto, a todas as mulleres anónimas que coas súas fazañas fixeron avanzar á humanidade.



12/02/15

Entrevista a Francisco Castro

Velaiquí unha entrevista a Francisco Castro, autor de Chamádeme Simbad, O ceo dos afogados, O neno can e moitos outros libros que temos na nosa biblioteca. Nesta ocasión fala da súa novela máis recente, Tes ata as 10.



14/01/15

Cuestionario Proust: Marcos Calveiro

Ramón Nicolás publicou no seu blog literario Caderno da Crítica o cuestionario Proust que lle fixo a Marcos Calveiro, autor de Todos somos, O pintor do sombreiro de malvas, Palabras de auga, O carteiro de Bagdad, entre outras novelas, e gañador de múltiples premios pola súa obra.

Se queres saber que é o cuestionario Proust, le esta entrada do noso blog.

1.– Principal trazo do seu carácter?
-A vehemencia.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
-A mentira.
3.– Que agarda das súas amizades?
-Levarlles a contraria.
4.– A súa principal eiva?
-A falsa modestia.
5.– A súa ocupación favorita?
-Dolce fare niente.
6.– O seu ideal de felicidade?
-Ser libreiro.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
-Ser libreiro.
8.– Que lle gustaría ser?
-Un iluso.
9.– En que país desexaría vivir?
-En calquera de Philip K. Dick.
10.– A súa cor favorita?
-O da roupa interior da miña parella.
11. – A flor que máis lle gusta?
-Eu son máis de malas herbas.
12.– O paxaro que prefire?
-Un voitre, son o paradigma da ecoloxía.
13.– A súa devoción na prosa?
-Eu mesmo.
14.– E na poesía?
-O poeta que fun.
15.- Un libro?
-Unha enciclopedia, en papel por suposto.
16.– Un heroe de ficción?
-Calquera do martiroloxio romano.
17.– Unha heroína?
-Aquela que rexeitei nos anos 80.
18.– A súa música favorita?
-4´33´´ de John Cage.
19.– Na pintura?
-As liñas descontinuas das estradas.
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
-Os desertores.
21.– O seu nome favorito?
-Calquera dos debuxos animados da Warner.
22.– Que hábito alleo non soporta?
-A hipocrisía.
23.– O que máis odia?
-Aos conversos de calquera causa.
24.– A figura histórica que máis despreza?
-Aos profetas de calquera relixión.
25.– Un feito militar que admire?
-A deserción.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
-O don da bilocación dalgúns santos.
27. – De que maneira lle gustaría morrer?
-Practicando sexo.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
-Mala hostia.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
-A ignorancia.
30.– Un lema na súa vida?
-Alégrame o día.

04/11/14

Riqueza e pobreza



Jean-Jacques Rousseau foi un escritor, filósofo, músico, botánico e naturalista suízo do século XVIII. Rousseau asociase frecuentemente ás ideas anti-capitalistas e considerase un antecesor de socialismo e comunismo. Foi un dos primeiros autores modernos en atacar a propiedade privada.  Rousseau cuestionou a afirmación de que a maioría está sempre no certo e argumentou que o obxectivo do goberno debería ser asegurar a liberdade, igualdade e xustiza para todos, independentemente da vontade da maioría.

Neste enlace tes abundantes citas das súas palabras.

17/06/14

O sorprendente asunto dos manuscritos rexeitados

*Manuscrito: texto orixinal dunha obra escrito á man ou á máquina.

Artigo do escritor Isaac Belmar publicado no seu blog Hoja en blanco:

El sorprendente asunto de los manuscritos rechazados

En 2005 un joven escritor que nadie conocía envió ilusionado los primeros capítulos de dos de sus manuscritos a nada menos que 41 editoriales y agentes.
Tras la proverbial espera, recibió 20 respuestas. Todas menos una eran rechazos. Una agente literaria había expresado interés, pero sólo en una de las obras. La otra, aunque la reconocía como original, no le pareció lo bastante interesante.
¿Conclusión? Un 98% de rechazo, ya fuera en forma de silencio o, casi siempre, de una carta estándar con motivos educados y sospechosos.
Pero bueno, a pesar del casi unánime rechazo, una agente estaba dispuesta a pelear al menos por uno de sus libros. Cuando llegó la hora de dar el siguiente paso en el proceso, fue imposible.
¿Por qué?
Porque no existía tal joven escritor.
Robert NeubeckerTras los envíos estaba un periódico, el Sunday Times. que mandó los primeros capítulos de dos novelas que habían ganado el premio Booker, uno de los más prestigiosos del mundo. Una de las novelas era In a free state de V.S. Naipaul, que recibió el Nobel de Literatura cuatro años antes, la otra era Holiday de Stanley Middleton. Le cambiaron los nombres de los personajes, pusieron como autor a un desconocido y las editoriales no sólo no reconocieron ninguna obra, sino que las rechazaron porque no las veían con “calidad suficiente” para su catálogo.
El libro por el que se interesó la agente, por cierto, fue el de Middleton. La escritura del premio Nobel se encontró con un 100% de rechazo por parte de las editoriales.
Mucha gente se lanzó a conclusiones rápidas sobre un experimento que podría matizarse hasta el infinito. La más sonora de ellas era que las editoriales y los supuestos expertos en el tema, no son capaces de reconocer una buena obra cuando la tienen delante.
Aunque obviamente hay parte de razón, no creo que el tema sea tan simple. Para empezar porque, como en muchos asuntos, a lo mejor partimos de supuestos equivocados y así es imposible encontrar conclusiones correctas. No sé muy bien por qué alguien cree que una editorial busca la calidad necesariamente. Una editorial es un negocio y como tal lo que quiere es vender e intenta ojear manuscritos que vendan. Si hoy día las editoriales pudieran volver al pasado sabiendo que 50 sombras de Grey iba a ser el éxito que fue, todas las grandes sin excepción pujarían por el manuscrito. Y no es algo necesariamente malo ni bueno, no hay por qué juzgarlo, es lo que hay.
De hecho, el experimento del Sunday Times se ha dado una y otra vez. Doris Lessing pensaba que le publicaban porque ya se había hecho un nombre, dando igual lo bueno que fuera lo que escribiera, así que para una de sus obras probó a enviarla bajo pseudónimo. 100% de rechazos fue el resultado.
Cuando Stephen King probó a ser Richard Bachman, vio que nadie le valoraba ni vendía, lo mismo pasó con J.K. Rowling hace poco. Publicó un thriller haciéndose pasar por un autor desconocido. La crítica fue benévola con el libro, pero apenas vendió nada. Cuando un periódico descubrió por casualidad quién estaba detrás (se supone que les mosqueó que un desconocido tuviera el mismo agente que Rowling) el libro se convirtió, en menos de veinticuatro horas, en número uno en ventas. Y todos cantaron las alabanzas.
El caso más sangrante de estos experimentos, el que más corroboraría esa explicación simple, ocurrió en Francia.
Ally HodgesClaire Chazal es una presentadora de noticias francesa que, además, es una celebridad en su país y escribe. Con su novela La institutriz, publicada por la editorial Plon, tuvo un enorme éxito y fue el libro de la temporada que todo el mundo leyó. Pero la revista Voici decidió comprobar qué pasaba cuando cambiaban los nombres de los personajes y de la autora, dejando la historia tal cual. Pues lo que pasó es que todas las editoriales a las que enviaron el manuscrito no sólo no lo reconocieron, sino que lo rechazaron porque no merecía la pena.
Y por si se lo está temiendo, la respuesta es sí, una de las editoriales que la rechazó era Plon, que no reconoció a su hijo favorito cuando lo tuvo delante y además pensó que no valía. Nadie vio supuesta calidad literaria, ni potencial de ventas y una ni siquiera vio que ella misma lo había publicado.
Como en muchos temas, no tengo clara la moraleja de todo esto y no sé ni si la hay. Las conclusiones que son rápidas y simplistas, sobre este asunto y cualquier otro, me parecen superficiales y cortas. Pero son historias interesantes. Decir lo que pienso sobre el tema, matizarlo y todo eso, me ocuparía demasiado. Me quedo con las historias, que son curiosas, y que las conclusiones las saque cada uno.

Ilustracións de Robert Neubecker e Ally Hodges.

10/06/14

Entrevista: A viaxe de Gagarin


Praza Pública vén de entrevistar a Agustín Fernández Paz para falar do seu libro máis recente: A viaxe de Gagarin. Podes visitar o blog que o autor fixo coa documentación e os asuntos que foi investigando ó escribir a novela ou ler tamén o primeiro capítulo do libro neste enlace e un fragmento no noso blog.

“'A viaxe de Gagarin' forma parte dun axuste de contas cos sesenta”

Agustín Fernández Paz vén de publicar con Xerais A viaxe de Gagarin, un libro de formación, un libro de descuberta. En definitiva, un libro contra a desmemoria na que o autor regresa aos anos sesenta a través das lembranzas de Miguel, unha personaxe que ben podería ser calquera  membro da súa xeración. Mentres se apaga a vida da nai, o protagonista viaxa á súa infancia na Coruña, nun tempo de represión, de Brigadas Político Sociais, de escurantismo e tamén, na beira contraria, de militancia, compromiso e clandestinidade. Nese ambiente, Miguel –pertencente a unha familia antifranquista- descobre a vida. Con esta nova entrega, Fernández Paz continúa a senda da memoria que xa emprendera coa súa anterior novela para adultos: Non hai noite tan longa. Unha memoria que cultiva máis aló das páxinas do libro a través dun blog. Na bitácora, o autor deita achegas e reflexións sobre moito do que está e do que non está en A viaxe de Gagarin.


Entre as súas dúas últimas novelas, Non hai noite tan longa e esta: A viaxe de Gagarín, atopamos moitos paralelismos...
Tamén moitas distancias...

Onde están as distancias e os paralelismos?
A ver, as distancias están en que a outra, a trama, o anzol que utilizamos para enganchar os lectores, ten un aire de thriller. Neste A viaxe de Gagarin, non hai ese engado, esa trama... Os misterios que hai son máis tenues e claramente é unha novela de formación.

Semellanzas? Pois as dúas, Non hai noite tan longa e A viaxe de Gagarin, forman parte dese axuste de contas cos anos sesenta, coa miña mocidade. Son un volver aos anos sesenta que, para a miña xeración, foron moi importantes. Non só porque neles se viviu todo o que se escoita sempre: que se Checoslovaquia, que se París, que se tal... Senón porque nesa década moitos de nós, os da miña idade, comezamos a descubrir cousas que non coñeciamos. Hai un desexo e comézase a descubrir o que estaba tapado. Os anos sesenta descóbrese que era o exilio, que había un señor chamado Castelao, que existiron as loitas agrarias...

A min interesábame o contexto, poder narrar a vida social dos anos sesenta... Non nos aspectos máis frívolos, dos que tamén dou algunha pincelada, senón dos trazos máis ocultos. É dicir, o aspecto que, quitando certas minorías antifranquistas que podían estar máis ou menos informados, o resto ignoraba. Para a gran maioría eses anos podían ser, como diría Mayor Oreja, “anos de extrema placidez.” Nese sentido, a min, resúltame doloroso que a mocidade de hoxe poida non saber que foi o TOP (Tribunal de Orden Público), por exemplo. Ou pode non saber que aquí houbo a Brigada Político Social e que funcionou coma a Stasi, salvando algunhas distancias. Alucinamos coa Stasi en La vida de los otros, pero non sabemos o que aquí houbo. Que poidamos vivir sen saber que houbo un TOP, cuxa función era perseguir todo o que hoxe son as liberdades básicas consagradas pola Constitución! Ou que saibamos vagamente que foi a Brigada Político Social, pois a min paréceme... Son cousas que debemos ter moi presentes.

Todas estas cuestións, estes descoñecementos fixéronme abrir o blog, un blog no que deixo asuntos que me interesan, informacións que fun atopando no proceso de documentación que levei a cabo porque... Mira que lin eu para esta novela! Eu non quero que quede todo para min. Quero transmitir no blog o máis interesante, quizais así libero un certo afán de facer didactismo...

Como paralelismos claros eu vexo a militancia e a memoria.
O da memoria... Pois mira, os da miña xeración -os que temos máis de sesenta anos- temos agora un afán por recobrar eses anos. Si, hai ese empeño. Non son eu só, senón que hai outros novelistas da miña xeración que lles pasa o mesmo. Hai un proceso case inevitable de volver aos anos de formación, etapa na que fuches descubrindo o mundo. Pois son anos posiblemente nos que les con máis paixón, ou decátaste das cousas ou queres saber con máis forza. É dicir, o da memoria é evidente. E o outro que dicías?

A militancia.
Iso case vén obrigado. Porque cando falas de memoria, agás que te enguedelles nas ramas da extrema placidez, tes que falar de militancia. Porque a única oposición que había ao franquismo era a da militancia do PC, era o partido que estaba organizado, por moito que houbese anarquistas ou comezasen os xermolos do nacionalismo organizado. É inevitable que saíse a militancia, claro que  tamén se podía falar da outra militancia que existiu: a soterrada, a do exilio interior. É dicir, a que pertencía aos opositores ao estado das cousas, pero non militaban. Limitábanse a resistir nas súas ideas. E non era pouco dado o contexto.

Por que a carreira espacial como fío condutor?
Hai varias razóns. Unha, nun momento dado decateime de que a conquista do espazo xusto collía os anos sesenta. De abril do 61, con Gagarín, até xullo do 69, con Armstrong, xusto están os anos sesenta. Antes houbo certas cousas, os sputnik e despois tamén, coas viaxes á Lúa, pero os grandes fitos eran estes. Gagarin e Armstrong marcaban o comezo e o final dos sesenta.
E despois, porque a min, cando vivín esas idades, interesoume  moito a aventura espacial. Se cadra non con tanta paixón coma ao protagonista, pero si que me chamaba poderosamente a atención. Aínda me segue fascinando a día de hoxe. Non só as cuestións de conquista de espazo, senón todo o relacionado coa astronomía. Coido que a do espazo era unha boa trama á que aferrarse, á que lle dar unha continuidade e outorgarlle un paralelismo. Evidentemente, podería haber outras.

No libro temos a historia entre o protagonista e...
A ver, a descuberta do amor é parte do proceso de formación.

E temos un amor contraditorio, de clases sociais diferentes, con familia de pensamento distinto...
Si, é Romeo e Xulieta. É un amor complicado.

A dualidade de represión e militancia entre as dúas familias.
Claro, el ten constantemente mala conciencia. E non me estraña... Porque sabe que ela é filla dun xuíz represor. Non obstante, el continúa coa historia de amor. Ela, en cambio, pode ser máis despreocupada.

Ela está afeita ao lado da represión, a estar ao lado do establecido. Non corre perigo, non sufrirá as consecuencias.
Efectivamente, ela só ve a dimensión amorosa, sen máis. Pero si, o que comentaba é que o espertar amoroso na adolescencia... era fundamental. Supoño que agora seguirá sendo. É inevitable, supoño que si.
 
No libro tamén atopamos moito da cultura popular...
Sobre a cultura popular... Está presente o cine, as novelas de quiosco, están presentes os tebeos, a música e seguramente, no caso da música, moito menos do que debería. A ver, o libro podía ter máis contexto, un maior pano de fondo temporal, describindo máis polo miúdo aquela época. E non metín nada da televisión da época, que era algo que podía entrar...

A tele, como electrodoméstico, si que aparece. Recolle vostede no libro a chegada dos electrodomésticos. Esa imaxe, moi icónica, representaba o comezo do progreso...
Iso paréceme fundamental. Era consciente que había que reflectir iso, porque foi esencial para a liberación da muller, foi un paso extraordinario. Que entrase a neveira, que entrase a lavadora... Iso era a hostia. De lavar a pía a poder lavar nunha lavadora? Eran uns avances coma os do espazo. Ou máis importantes... Eu tiña este asunto máis detallado, pero son cousas que nas novelas, se as detallas  moito, soan a lección. Quixen poñelo e que o lector soubese dese momento esencial sen necesidade de afondar demasiado. E a chegada dos electrodomésticos foi un proceso importante e queda claro no libro coa idea que defendía a nai de que a televisión non entraba na casa antes cós outros electrodomésticos.

A figura da nai é outro paralelismo. En Non hai noite tan longa, o protagonista volve de Francia porque a súa nai morreu. En A viaxe de Gagarín, Miguel acompaña a súa nai nos derradeiros días da súa vida. Así arrinca a memoria en ambos os dous casos.
Si, pois eu non pensara nisto. Un rompeu coa memoria, deixouse tentar pola xeración posterior a miña, que se deixou tentar polo becerro de ouro, por ter a casa máis grande, o mellor coche. Ese foi o executivo bancario, que só se preocupaba de subir. Pois estas cousas, a marcha da nai, póñeno de cara ao seu pasado e da súa memoria.

Nos dous libros reflíctense procesos distintos que, por diferentes camiños, chegan á recuperación da memoria. O de Non hai noite tan longa sente que é urxente recuperar a memoria do pai, que foi acusado falsamente e o outro, o de A viaxe de Gagarin, considera que ha de recuperar unha xeración esquecida. Esa xeración que pelexou durante anos e acabaron saín do PC pola porta de atrás. Como digo eu nalgún momento, só mirarán a súa vida os curiosos da letra pequena. E punto. E eles deron a vida e arriscárona por cuestión da liberdade.

Martin Pawley publicou unha crítica, aseguraba que ás veces Fernández Paz caía no didactismo. Non sei se por deformación profesional ou literaria, despois de tantos anos escribindo para os rapaces.
Supoño que é inevitable ese didactismo. Pero sempre deixas moitas cousas sen poñer, sobre todo nun caso coma este no que traballei tanto a documentación. É que lin moitos libros sobre o franquismo e sobre o TOP, sobre a Brigada Político Social, sobre o magma antifranquista. A intención que tes... Como a xente non sabe, agora ninguén se lembra do TOP e claro pois a tentación é poñer máis, moito máis. E ás veces, non o podes evitar. E ás veces non podes escapar. Eu creo que esas ansias as solucionei co blog. Ti viches unha serie de cousas e quérelas comunicar. A novela ten que contar o que conta e non pasarse.

Pawley di que é a mellor novela de Fernández Paz
Eu aí non digo nada. O que digo é que sempre que escribes a última novela, deixas algo de ti. Levas un ano longo escribindo e é normal que iso pase. Agora ben, dicir se é mellor ou peor... Se cadra non é ou é. Que sei eu... Mira, Non hai noite tan longa ten estrutura de thriller e talvez por iso é máis fácil de ler. Pero claro, as novelas de formación son tamén moi bonitas e a min gústame a formación cando a historia é xeitosa. Hai moitas novelas de formación e aos cativos tamén lles gustan. Que sexa mellor ou peor? Eu que sei! Para Pawley, si. Para min é a última e aínda estou metido no mundo dela. Segues nese mundo aínda.
 
Onde vai o escritor cando remata a novela? Queda prendido moito tempo desa historia?
Dunha novela, cando che leva tempo, é difícil saírse porque durante ese ano no que estiveches metida nela, ti podes estar comendo ou paseando, pero a cabeza está nese mundo. E estás, coma se dixeramos, a alerta, coma se puideses  atopar algo que che puidese servir para a historia. Saír dese mundo é difícil. Tes que saír, porque non podes pasar a vida con eses personaxes. Pero é difícil, sobre todo cando son novelas afectivas, como son estas dúas. Teñen implicacións emocionais para min, para os da miña xeración. Con esta sigo estando moi próximo e aínda por riba estou co blog, que me segue a unir ao libro. Pero claro, hai cousas apaixonantes, cousas que descubrín moi atraentes, coma historia  dos rapaces que o goberno de Euskadi mandou para Bélxica ou Francia durante a guerra. A última novela de Kirmen Uribe, que non é moi alá, baséase nesa historia, neses rapaces.

n O rastro que deixamos facíase un percorrido de memoria nos anos cincuenta, da infancia e eran memorias reais. E agora percórrese, a través da ficción, os anos sesenta. Vexo unha continuidade.
Pois tampouco o tiña pensado. Pode ser, todo inflúe. Tes razón, pero eu os anos sesenta nos os pasei na Coruña, senón en Xixón. Apetecíame situar a historia na Coruña, unha cidade que non era naqueles anos de efervescencia, non é Ferrol, onde había máis mobilización nin Vigo. Os protagonistas acaban na Coruña, un lugar máis apracible onde pasar desapercibidos. Si, claro. Pode haber unha continuidade. A diferenza é que O rastro que deixamos é verdade, estoutro é ficción. Que che vou contar a ti, escribimos cos fíos da vida.. En todo o que escribes ou é moi impostado ou acabas metendo algo da túa realidade. E nestas dúas novelas hai moito de realidade.

No sistema literario galego a distancia entre o autor e o lector é estreito, pode haber unha conexión máis próxima e iso tamén pode alimentar a pantasma do escritor. É dicir, que eses fíos da vida fagan confundir a ficción coa vida do autor.
Si, ho, si. A min iso pasoume milleiros de veces. Hai xente á que lle custa entender que a cousa non funciona así. É moi habitual, a xente acaba crendo esa historia. Eu explícolles sempre aos rapaces os mecanismos da ficción, como transformamos a realidade e desmontámola doutro xeito, pero hai xente que non se decata.