Escarlatina, a cociñeira defunta foi recoñecida co galardón do Ministerio de Cultura
A galega Ledicia Costas acaba de ver recoñecido o seu traballo do Premio
Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil que outorga cada ano o
Ministerio de Educación e Cultura. A novela Escarlatina. A cociñeira defunta,
que publicou Edicións Xerais con ilustracións do tamén galego Víctor
Rivas, vendeu xa preto de 8.500 exemplares no noso país e recibira o
Premio Merlín de Literatura Infantil o pasado ano, canda a outros
galardóns coma os Fervenzas Literarias ou o Premio Xosé Neira Vilas da
Asociación Galega de Editores. O xurado destacou que se trata "dunha
obra extraordinaria, humorística e rachadora no contexto da Literatura
Infantil e Xuvenil Actual", ademais sinalar que a obra posúe "habilidade
para desmitificar o mundo da morte". O galardón está dotado con 20.000
euros.

Dende a biblioteca do CPI da Ribeira felicitamos con entusiasmo a Ledicia Costas, unha das escritoras preferidas dos nosos nenos e nenas, por esta nova distinción e lle agradecemos moito todo o agarimo e simpatía que amosou nas súas visitas, tan apreciadas, ao noso centro.

Ningún comentario:
Publicar un comentario