17/12/14

Novos relatos de Harry Potter


J. K. Rowling, autora de Harry Potter, anunciou hai pouco que vai publicar 12 novos relatos de Harry Potter como agasallo de nadal para os seus seguidores. Os relatos pódense ler na web Pottermore de xeito gratuito (tras descifrar algún que outro enigma) coa única condición de rexistrarse na páxina. Os relatos cóntannos a vida da profesora McGonagall antes de Hogwarts, a historia da familia Malfoy e moitas cousas máis.



En Pottermore, ademais, podes explorar escenas dos libros, ler receitas de pocións, xogar ós maleficios... Toda unha marabilla para os fans de Harry Potter.


A que esperas para rexistrarte?

16/12/14

Os fenómenos

O venres 12 estreouse nos cinemas a película galega Os fenómenos. Achegámosvos unha entrevista con Antonio Zarauza, o seu director, publicada en La Voz de Galicia, e o trailer da película.


Hoxe chega aos cines Os fenómenos, a nova película de Alfonso Zarauza (Santiago, 1973) e na que o director propón unha ollada non exenta de humor á crise nacida tralo estoupido da chamada burbulla do ladrillo. O filme está protagonizado por Lola Dueñas, que encarna a unha muller que vive en Almería nunha furgoneta co seu fillo e a súa parella, Lobo, interpretado por Luís Tosar. Cando Lobo lisca, Neneta, como é coñecida, regresará á súa Galicia natal a empezar a súa vida de novo. O seu novo traballo será no mundo da construción cunha cuadrilla, os fenómenos que dan título á película. Miguel De Lira, Morris, Juan Carlos Vellido, Ledicia Sola, Xosé Touriñán ou Gonzalo Uriarte, entre outros, completan o reparto desta produción de Zirzozine e Maruxiña. 

-É raro ver unha muller na construción como obreira e non como técnica. ¿Que lle ofrecía ese punto de vista como director?
-Eliximos ese punto de vista feminino por dúas razóns. A primeira, que a protagonista fose unha muller nun mundo tan de homes e no que hai moito machismo lle daba máis complexidade á película. E segundo, o personaxe funciona como unha alegoría ou metáfora da sociedade española nese contexto: alguén que supera dificultades, que lle empezan a ir ben as cousas para logo verse atrapada na crise. Alguén que se sinte estafada, enganada. 

-¿Nese sentido, o filme pode axudar a vencer prexuízos?
-É bo que vaian caendo eses tópicos e se derruben prexuízos. A integración dunha muller en calquera ámbito sempre é un plus porque a ollada feminina é importante. É necesario para unha sociedade madura avanzar nestas cuestións e asumilas. 

-A protagonista encarna primeiro as expectativas desmesuradas da burbulla e o desengano posterior. ¿E os que causaron tal dano?
-Esa xente, a dos despachos, está reflectida dun xeito implícito. Queriamos centrar o filme nos perdedores da crise. Por que aquí houbo quen saíu ben parado e quen saíu mal parado. Na película hai unha imaxe dunha reunión nun restaurante na que coinciden o banqueiro, o construtor e o político, os responsables disto. Pero é unha imaxe fugaz, que está implícita, porque non queriamos facer unha historia panfletaria. 

-Esta semana publicouse que Inglaterra ofrece salarios de 1.200 euros semanais a albaneis españois e portugueses. A emigración é outra das consecuencias...
-É atroz. É un problema político importantísimo. Seguimos perdendo poboación, cada vez hai máis envellecemento, un problema enorme precisamente porque os políticos son curtopracistas e isto necesita de solucións que vaian máis alá porque cada vez será máis grave. 

-«Encallados», a súa anterior película, falaba das dificultades de facer cine. Agora que celebramos os 25 anos da estrea das primeiras longametraxes galegas, ¿en que momento nos atopamos?
-Vivimos un marabilloso momento creativo, coa aparición do Novo Cinema Galego, cineastas emerxentes, valentes. Temos os medios técnicos, directores cunha ollada propia e actores como Miguel De Lira ou Morris que están na madurez da súa carreira. A boa acollida de A esmorga tamén demostra que o cine galego pode ser un éxito de público. Pero teño a sensación de que isto funciona por inercia. Os que rexen as políticas culturais nin cren no país nin cren na cultura, son continuistas, as axudas son as xustas... Pero non hai país economicamente poderoso que non teña tamén unha cultura forte.

15/12/14

Folerpas



Vai frío estes días, non si?

A boa nova é que o frío tamén pode ser fermoso se o miramos ben de cerca, como fai o fotógrafo Andrew Osokin. Como vedes nas súas fotos, o xeo ten unha estrutura cristalina, normalmente hexagonal; pero o curioso é que cada cristal de xeo é distinto ós demais: son pezas únicas feitas pola natureza.

Deixámosvos unhas cantas fotos máis de A. Osokin, pero se queredes ver máis, botádelle un ollo ás fotos impresionantes de Alexei Hljatov.











12/12/14

Gañadores do concurso de relatos de medo - Primaria

Os dous flamantes gañadores do concurso de relatos de medo nos dous niveis de primaria foron Noa, de 5º, e Ízan, de 2º. Noraboa ós dous! Uns relatos terroríficos!











10/12/14

Día dos dereitos humanos

Hoxe, 10 de decembro, é o Día dos Dereitos Humanos. Tal e como está a situación na nosa comunidade educativa, cómpre reflexionar sobre eles e a súa vixencia.

Recordamos cales son os dereitos recollidos na Declaración Universal de Dereitos Humanos con estes dous vídeos de Amnistía Internacional.





Queres facer algo por defender os dereitos humanos? Actúa! Está ó alcance de todos.

09/12/14

Fileteando retratos



A artista Justine Khamara ten unha serie moi interesante na que, tras tomar e imprimir en papel un retrato, córtao con láser, normalmente despois de pegalo nun taboleiro. Os resultados son sorprendentes e inspiradores, non si?





05/12/14

Gañador do concurso de relatos de medo - ESO

No concurso de relatos de medo que fixemos co gallo do Samaín, houbo tres gañadores de distintas etapas educativas. Hoxe traemos o relato gañador da ESO: El bosque del terror, de Río Marbán (2º ESO A).

Noraboa, Río! Gran traballo!





02/12/14

Rematou o desterro!



Por fin están de volta tódolos rapaces e tódalas familias que tiveron que marchar do Porriño a principios do mes pasado! O colexio estaba baleiro sen vós!

Benvidos á vosa casa! Esperamos que todo se resolva e podades voltar á normalidade canto antes.

Deixámosvos o enlace a un artigo da prensa, que nos pareceu máis completo que outros, para que podades ler a noticia por vós mesmos, e un vídeo publicado en Porriñodigital.es:


01/12/14

A bebidas enerxéticas

Artigo de Daniel Mediavilla publicado en El País:

Un estudio advierte de los riesgos del uso excesivo de bebidas energéticas

Durante los años posteriores a la Segunda Guerra Mundial, las anfetaminas que habían mantenido despiertos a los soldados que lucharon disfrutaron de un gran éxito entre los ciudadanos de Japón o Estados Unidos. Cuando los gobernantes sacaron del mercado legal estos estimulantes, en los años cincuenta, apareció un espacio de negocio que pronto quedaría cubierto. En 1962, la compañía Taisho introdujo el Lipovitan D, una bebida energética con un alto contenido de taurina y cafeína. En los ochenta, los ejecutivos japoneses lo adoptaron como combustible para mantener un ritmo demencial de trabajo y el producto se anunciaba mostrando a hombres de negocios supervitaminados firmando contratos por todo el mundo.

En los últimos años, las bebidas energéticas han incrementado su popularidad y se utilizan para sobrellevar el cansancio del trabajo diario o las largas noches de fiesta. Según un estudio de 2013 de
la Agencia Europea de Seguridad Alimentaria (EFSA, de sus siglas en inglés), un 30% de los adultos, de entre 18 y 65 años, un 68% de los adolescentes, de entre 10 y 18 años, y un 18% de los niños, de entre 3 y 10 años, consumen bebidas energéticas al menos una vez al año. Además, un 11% de los consumidores adultos y un 12% de los adolescentes habían consumido más de un litro de este tipo de bebidas en un solo día.

Ahora, un equipo de investigadores que trabaja en la Oficina Regional para Europa de la Organización Mundial de la Salud (OMS) advierte de que el incremento del consumo de bebidas energéticas puede suponer un problema para la salud pública. Según los autores, una revisión de artículos científicos publicados sobre los efectos del consumo excesivo de este tipo de productos sugiere que “la preocupación de la comunidad científica y del público respecto a los potenciales efectos adversos para la salud de un incremento del consumo de bebidas energéticas es válido en líneas generales”.


Los riesgos para la salud de estos refrescos se deben principalmente a la cafeína que contienen, aunque los responsables de la revisión, publicada en la revista Frontiers in Public Health, afirman que son necesarios más estudios para evaluar los efectos a largo plazo de la combinación con otros ingredientes como la taurina o el guaraná. La sobredosis de cafeína puede provocar, entre otros síntomas, palpitaciones, hipertensión, convulsiones y, en raras ocasiones, muerte. No obstante, es difícil evaluar la parte de estos problemas causados por las bebidas energéticas, ya que estos productos no siempre han tenido su propio código de seguimiento en los centros dedicados a atender intoxicaciones y falta información sobre los efectos adversos de su consumo excesivo.

Aunque los autores destacan que ha habido pocos “estudios rigurosos llevados a cabo en Europa sobre el riesgo asociado a un incremento en el consumo de bebidas energéticas, particularmente entre gente joven”, trabajos realizados en EE UU han encontrado una asociación entre una elevada ingesta de estos productos, de seis bebidas energéticas al mes o más, y tener comportamientos de riesgo como practicar sexo sin condón, meterse en peleas o conducir sin cinturón de seguridad.


Este tipo de comportamientos puede tener parte de su explicación en que el consumo de bebidas energéticas se combina con frecuencia con el consumo de alcohol, otro de los riesgos de estos refrescos. Según la EFSA, el 70% de los jóvenes de entre 18 y 29 años toma ese tipo de mezclas, que aumentan el peligro de consumir bebidas espirituosas al enmascarar sus efectos y dar una falsa sensación de resistencia al alcohol.

Joao Breda, responsable del programa para Nutrición, Actividad Física y Obesidad de la oficina
europea de la OMS y autor principal del artículo, enfatiza la idea de que una de sus principales observaciones es que los trabajos en este campo son “demasiado escasos”. No obstante, señala que “cuando se encuentra en salud pública algo que puede ser importante, hay que iniciar la discusión sobre ese posible problema cuanto antes, y eso es lo que hemos tratado de hacer”.

Breda, que aclara que aunque sus autores trabajan para la OMS sus conclusiones no son recomendaciones oficiales del organismo, también muestra su preocupación por el tipo de marketing de las bebidas energéticas. Este tipo de publicidad, dirigido a jóvenes y adolescentes, suele estar muy vinculado al rendimiento deportivo de máximo nivel. “En Europa, un estudio observó que el 41% de los adolescentes consumían bebidas energéticas para realizar ejercicio”, escriben en su artículo, y añaden que “el exceso de cafeína combinado con una actividad física intensa puede ser peligroso”. Por ese motivo, se plantea que se reconsidere la asociación entre las bebidas energéticas y el rendimiento deportivo tan habitual en su publicidad.

El autor principal del estudio puntualiza que, por la forma de consumo y por los ingredientes agregados a la cafeína en las bebidas energéticas, el café no supone una preocupación de la misma magnitud para ellos. Su postura tiene sentido, porque si la cafeína fuese el único ingrediente de esos refrescos, la mayoría no se diferenciarían demasiado del café. Red Bull, la reina entre este tipo de bebidas, tiene 80 miligramos de cafeína por cada lata de 250 mililitros, aproximadamente la misma cantidad de esta droga psicoactiva presente en un café.

La Asociación de Bebidas Refrescantes (Anfabra) afirma que en las etiquetas de estos productos se incluye la recomendación de consumir de forma moderada y la advertencia de que es una bebida dirigida al público adulto y no recomendada para niños o embarazadas.
En otros países de Europa como Dinamarca, Noruega, Islandia o Francia, la preocupación por los riesgos de consumir demasiada cafeína provocó la prohibición de las bebidas energéticas. Sin embargo, un informe de la EFSA, que no encontró riesgos de seguridad definitivos, hizo que Francia levantase su prohibición en 2008. Ahora, esa misma organización está realizando otra evaluación sobre los efectos del consumo de cafeína, sola, en combinación con otros ingredientes de las bebidas energéticas o con alcohol, que estará listo hacia diciembre de este año.