25/11/22

25 N: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Con motivo da conmemoración do 25 de novembro, temos proposto diferentes actividades desde a biblioteca do cole. Así, propuxemos traballar durante as horas de ler da semana do 21 ao 25 de novembro co libro Violeta & Co cambian el mundo de Raquel Díaz Reguera. Aquí tendes o videoconto do libro para quen non o coñeza:



Despois de telo lido e analizado nas clases, déuselle a cada alumn@ unhas ás de bolboreta como as da protagonista do conto para que as decorasen e escribisen nelas mensaxes positivas en prol da eliminación da violencia de xénero. Finalmente, téñense colgado no hall do colexio. Con esta actividade tratouse de expresar a liberdade que deberían ter todas as mulleres fronte ás actitudes machistas. Así quedou:


Ademais, todos os membros do colexio teñen deixado a súa pegada nunha macrolúa que quedou colgada na entrada do centro. Con esta actividade tratouse de expresar unha mensaxe de agarimo, de paz, de convivencia e respecto cara ás mulleres, así como unha comparativa con querer a unha persoa ata a lúa ou tocar a lúa ou levar a alguén á lua. 
Este foi o resultado:

13/11/22

XORNADA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA.

O sábado 12 de novembro, tivo lugar no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela a Xornada anual de bibliotecas escolares de Galicia, na que se expuxeron diferentes propostas e iniciativas para mellorar a calidade dos servizos que as bibliotecas escolares ofrecen nos centros educativos, e que de seguro revertirá no beneficio do alumnado. Vivan as bibliotecas escolares!!




06/11/22

BIBLIOTECA CREATIVA.

 ABRIMOS O RECUNCHO MÁIS INTERESANTE DA NOSA BIBLIO!

A partir do luns 7 de novembro ábrese o RECUNCHO CREATIVO da nosa biblio!!


Así, durante as dúas próximas semanas, poderedes desfrutar durante os recreos e nas horas asignadas a cada clase do RECUNCHO DE ESCORNABOTS.


Deixámosvos un enlace a un Genially coas datas. 

ESPERÁMOSVOS!!