25/11/22

25 N: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Con motivo da conmemoración do 25 de novembro, temos proposto diferentes actividades desde a biblioteca do cole. Así, propuxemos traballar durante as horas de ler da semana do 21 ao 25 de novembro co libro Violeta & Co cambian el mundo de Raquel Díaz Reguera. Aquí tendes o videoconto do libro para quen non o coñeza:



Despois de telo lido e analizado nas clases, déuselle a cada alumn@ unhas ás de bolboreta como as da protagonista do conto para que as decorasen e escribisen nelas mensaxes positivas en prol da eliminación da violencia de xénero. Finalmente, téñense colgado no hall do colexio. Con esta actividade tratouse de expresar a liberdade que deberían ter todas as mulleres fronte ás actitudes machistas. Así quedou:


Ademais, todos os membros do colexio teñen deixado a súa pegada nunha macrolúa que quedou colgada na entrada do centro. Con esta actividade tratouse de expresar unha mensaxe de agarimo, de paz, de convivencia e respecto cara ás mulleres, así como unha comparativa con querer a unha persoa ata a lúa ou tocar a lúa ou levar a alguén á lua. 
Este foi o resultado:

Ningún comentario: