30/12/23

BIBLIOTECA CREATIVA II.

VOLVEMOS DAS VACACIÓNS E A MALETA DE BIBLIO CREATIVA SEGUE RULANDO!


Desde que se puxo en marcha a maleta con material de biblioteca creativa non ten parado de pasar polas diferentes aulas do cole. Así, ten abraiado ao alumnado co seu interesante contido, e tenlles ofrecido momentos de  aprendizaxe moi lúdico. Comeza o seu paso polo terceiro ciclo de Educación Primaria!
Porén, ofrecemos un pequeno recordo do paso exitoso pola aula de 5º de Educación Infantil...

21/12/23

TRÍPTICO LERIA.

BOLETÍN DE LECTURAS RECOMENDADAS PARA NADAL

Como todos os anos propoñemos unha serie de lecturas recomendadas no tradicional boletín "Leria" que vos temos entregado coas notas do primeiro trimestre. Esperamos que vos sexa útil. Desde a biblio desexámosvos BOAS FESTAS!

20/12/23

PUBLICACIÓN INSTAGRAM "BICOS DE PAPEL".

 UN GRAN RECOÑECEMENTO...

Derivado da doazón que fixemos a partires de todas as achegas que fixeron as familias do alumnado do centro para a Organización "Bicos de papel" de Vigo con motivo do Día Universal da Infancia, o pasado 20 de Novembro, téñennos recoñecido no seu Instagram. Velaquí a publicación que nos teñen dedicado:

Esperamos ter axudado con todas as achegas realizadas! Unha gra obra realizada por unha gran comunidade educativa!

VISITA DE PAPÁ NOEL.

PAPÁ NOEL VEN AO COLE...

Como cara dano, este mércores 20 de decembro, tivemos o pracer de contar coa presenza de Papá Noel, a pesares do ocupado que está nestas datas tan sinaladas. Así, cada nen@ desde 3 anos ata segundo de primaria entegou as súas cartas ás axudantes de Papá Noel. Aquí tendes unha mostra...


14/12/23

CLUB DE LECTURA

CLUB DE LECTURA...PESCUDA DO TESOURO.

Derivado do feito de que a desde a biblioteca promóvese o desenvolvemento do programa "Club de lectura", a aula de 5 anos ten realizado unha actividade moi divertida que consistiu nunha pescuda do tesouro, derivado do traballo co libro "LEotolda". Velaquí algunhas fotos...


11/12/23

10D: DÍA DA DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS.

DE DEREITOS E BANDEIROLAS VAI A COUSA...

Con motivo da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, temos representado en colaboración con todas as aulas os 30 dereitos humanos en  banderíns que temos colgado na entrada do colexio, complementando a manualidade feita para 0 20 de Novembro. Así foi o resultado...

04/12/23

3D: DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE.

 UNHA XORNADA DE RELEXIÓN... UNS CALCETÍNS DISPARES...
O 3 de decembro conmemoramos unha conmemoración moi especial na que tratamos de reflexionar nas nosas horas de ler do luns 4 e do martes 5 sobre a discapacidade e o mundo no que vivimos, a través dun vídeo elaborado polos nen@ e para os nen@s. Igualmente, o citado luns témonos posto os calcetíns desemparellados, coa fin de concienciar acerca da importancia da igualdade de tod@s por moi diferentes que sexamos. 
Aquí podedes velo...



E o vídeo...





24/11/23

25N: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

CONTACONTOS, VÍDEOS REFLEXIVOS, MURAIS E MOITO MÁIS...

A conmemoración do 25 de novembro é de grande relevancia nos nosos días e como consecuencia diso temos realizado desde unha xornada de contacontos ao longo de toda a mañá para os diferentes cursos onde se falou sobre as desigualdades entre homes e mulleres, elaboramos un mural con palabras clave desta conmemoración, e mesmo creamos un vídeo para facer reflexionar sobre a importancia da igualdade de xénero... Ten sido unha xornada moi interesante...

20/11/23

20 N: DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA.

CELEBRAMOS O 20 N con múltiples actividades...

O Día Universal da Infancia celebrámolo por todo o alto decorando estreliñas cos dereitos da infancia, cunha carreira solidaria e mesmo facendo donativos á organización "bicos de papel" de Vigo para axudar a nenos e nenas con graves problemas de saúde. Un día inolvidable!

Vídeo da Xornada...

09/11/23

BIBLIOTECA CREATIVA I.

A MALETA DE BIBLIOTECA CREATIVA É TODO UN ÉXITO!
Desde hai unhas semanas, tense posto en funcionamento unha maleta con recursos de biblioteca creativa por todas as aulas do colexio, e está tendo un fantástico recibimento entre os nenos e nenas! Xa ten pasado polas aulas de 3 anos, de 5 anos, de 1º e 2º de Primaria. Aquí tendes unha mostra...



06/11/23

CLUB DE LECTURA.

OS clubes de lectura FUNCIONAN A TODA MÁQUINA!
Un curso máis seguimos promocionando e formando clubes de lectura e nas diferentes aulas, como en 2º e 4º de Educación Primaria, xa están postos en marcha. Que divertido é ler!

02/11/23

FORMACIÓN DE USUARI@S.


REMATAMOS A FORMACIÓN DE USUARI@S...

Hoxe, 2 de novembro, rematamos a formación de usuari@s de todos o alumnado do centro, 
Ao longo de todo o mes de outubro, as diferentes clases teñen baixado á biblioteca do cole para aprender ou recordar cales son as normas da biblioteca, así como afondar na súa organización e funcionamento.
Xa temos un alumnado experto na nosa biblioteca!






24/10/23

MALETA DE BIBLIOTECA CREATIVA.

 FOMENTANDO O USO DOS RECURSOS DE BIBLIO CREATIVA!

A partir do luns 23 de outubro póñense en circulación polas aulas unha maleta con materiais e xogos de biblioteca creativa, para que as diferentes titorías poidan desfrutar nas propias aulas da multiplicidade de posibilidades e recursos que esta ofrece a nosa biblio. Esperamos que a desfrutedes!



DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.

 VISITA DISTINGUIDA...

Tal e como estaba previsto, hoxe veunos visitar a doutora-escritora Sonia Blanco Sío, quen nos contou o seu conto "A pedra Vermella", baseado nunha experiencia persoal. A propia autora ten publicado no seu propio Facebook o seu paso polo CEIPP da Ribeira.
Grazas Sonia por ter vido ao noso cole!


01/10/23

"RIBECIRCO"

 NOVO CURSO ESCOLAR!

Comezamos outro curso e como cada ano a biblioteca do cole abre as súas portas, e para informar da súa apertura, que mellor forma hai que RIBEDINO visitando as aulas do centro!

27/06/23

BOLETÍN LERIA DE VERÁN.

 BO VERÁN!!!

Para rematar o curso cheo de aprendizaxes, propoñemos o noso tríptico de lecturas recomendadas para o verán.

 DESCARGAR BOLETÍN AQUÍ

Desde o equipo de biblioteca, os nosos mellores desexos de que teñades boas vacacións!

18/06/23

REMATAMOS CUN MERCADILLO GRATUITO!

UNHA OPORTUNIDADE PARA LER EN VERÁN!

Estamos a punto de rematar este curso e para fomentar que o noso alumnado lea no periodo estival, temos posto en marcha un mercadillo gratuito, no que cada alumno/a poderá levar ata tres libros da biblioteca á casa de regalo para lelos no verán. Polo que temos visto xa, a participación e o entusiasmo foron moi elevados!






25/05/23

ENQUISAS DE FINAL DE CURSO.

XA NON QUEDA NADA...

Estamos rematando o curso e como cada ano solicitamos a colaboración de alumnado e familias para poder seguir mellorando. Temos avanzado moito ao longo deste curso pero debemos seguir avanzando. É por iso que vos pedimos que se podedes cubrades a enquisa para familias que se vos propón na marxe dereita.

É algo breve e sinxelo de cubri pero que nos pode axudar moito a seguir avanzando.  

Agardamos a vosa participación! 

16/05/23

OBRADOIRO DE LECTURA E FAMILIAS.

Unha tarde de alumnado, familias e lectura!

Hoxe luns 15 de maio, organizamos na biblioteca un obradoiro para alumnado e familias, onde Patricia García, mestra e pedagoga, realizou un contacontos con actividades interactivas para o público presente. Esta iniciativa estivo enmarcada dentro do programa Lectura e Familias.

Agradecemos a todos os participantes a súa asistencia. Qué ben o pasamos!

27/04/23

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO.

 FELIZ SEMANA!!!

Ao longo desta semana en Ed. Infantil téñense organizado apadriñamentos lectores co alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria, e de igual xeito de 1º a 6º de Primaria realizáronse lecturas cruzadas entre ditos cursos. Que ben o pasamos!! Que divertido é ler!


Aquí tendes unha montaxe final con todo o realizado!

VÍDEO

21/04/23

II XUNTANZA LITERARIA.

VIVA A LECTURA!
Hoxe 21 de abril, preto de 400 alumnos/as teñen celebrado a II Xuntanza Literaria no parque Alba do polígono de Torneiros. Participamos 10 centros e houbo moito ánimo por parte do alumnado, así como moita colaboración entre todos os coordinadores das Bibliotecas. Que ben o pasamos!!
Agradecemos o patrocinio desde o Concello de O Porriño, así como a visita do Sr. alcalde durante a propia xuntanza.
                      VÍDEO DA XORNADA

07/04/23

CLUB DE LETURA DE 5º E 6º.

POSTA EN MARCHA DO CLUB DE LECTURA!
O alumnado de 5º e 6º ten posto en marcha o seu club de lectura coa elaboración da elaboración do conto de "O monstro de colores" para kamishibai. Unha vez que o tiveron elaborado foron expoñelo aos cursos de Ed. Infantil e de 1º e 2º de Ed. Primaria. Que ben o pasaron!