21/02/17

Homenaxe a Rosalía

    O xoves 23 de febreiro celebraremos o 180º aniversario do nacemento de Rosalía de Castro (24 de febreiro de 1837).
    Para homenaxear á nosa máis insigne escritora teremos unhas visitas moi especiais: alumnado do IES Ribeira do Louro e exalumnos do noso centro virán á nosa biblioteca a recitar poemas de Rosalía.

    Seguro que todos imos disfrutar dun bo rato.

http://rosalia.gal/causes/caldo-de-gloria/ 




Preme na imaxe se queres ver outras maneiras de celebrar esta efeméride.                                                                                       

Xornada de portas abertas na biblioteca

    Mañán, mércores 22 de febreiro, a nosa biblioteca estará aberta de 16:00 h. a 18:00 h. para todos os que queirades vir visitala e coñecela.
    Haberá diferentes exposicións de libros relacionados con distintas temáticas (fotografía, turismo, cociña, educación...) que poden resultar moi interesantes para todos os pais, nais e visitantes que vos acheguedes ata aquí.

ANIMÁDEVOS!



 















         

Lembrade tamén que a biblioteca está a adquirir bastantes libros relacionados co noso proxecto de centro deste ano "Turismo e fotografía" e que están á vosa disposición.



Guía de lectura Antonio Palacios

http://www.farodevigo.es/comarcas/2017/02/21/biblioteca-porrino-edita-primera-guia/1627413.html#A Biblioteca de O Porriño edita a primeira guía de lectura sobre o arquitecto Antonio Palacios.

Preme na imaxe para ler a noticia do Faro de Vigo.


16/02/17

Un can na nosa biblio!


    O xoves, 16 de febreiro, Cristina Diz, adestradora de cans, faloulles aos nenos sobre a linguaxe canina,  sobre como debe ser o  comportamento das persoas cara aos animais, como actúa un can de asistencia e como traballa un can guía.
Os pequenos estiveron moi atentos a todas as explicacións da educadora e mesmo participaron activamente na actividade.




Charla coloquio de exparlamentarios galegos

    A nosa biblioteca recibiu a visita de varios exparlamentarios galegos e o Faro de Vigo fíxose eco da noticia que podedes ler  



Convivencia entre culturas



    Este ano, para conmemorar o Día da Paz  na nosa biblioteca, invitamos a uns papás e lles fixemos unha entrevista. O pai é español e a nai, brasileira. 
    Queriamos que, a través do seu exemplo, os nenos aprenderan que non é necesario ser iguais para levarse ben, e que culturas diferentes poden convivir xuntas.
    Os nosos alumnos estiveron moi atentos e fixeron preguntas moi interesantes.
 


08/02/17

Razóns científicas para ler máis do que lemos


A lectura e un dos mellores exercicios posibles para manter en forma o cerebro e as capacidades mentais. É así porque a actividade de ler require poñer en xogo un importante número de procesos mentais, entre os que destacan a percepción, a memoria e o razoamento. Cando lemos activamos preferentemente o hemisferio esquerdo do cerebro, que é o da linguaxe e o máis dotado de capacidades analíticas na meirande parte das persoas, pero son moitas máis as áreas cerebrais de ámbolos dous hemisferios que se activan e interveñen no proceso. […] Está comprobado que a activación regular desa parte do cerebro fomenta no só a capacidade de razoar, senón tamén, en certa medida, a intelixencia das persoas.
                                                                             
 Ignacio Morgado Bernal       El País - 16/01/2017

Ler máis