24/11/16

25 de novembro: Día internacional contra a violencia de xénero


Como previr a violencia de xénero

 

Educar aos nenos e nenas, desde as idades máis temperás, nunha cultura centrada na resolución pacífica de conflitos, fomentar a empatía e desenvolver unha autoestima equilibrada, son principios que favorecen a desaparición dos prexuízos de xénero que se dan xa desde a escola.

Eliminar ao máximo os estereotipos transmitidos pola cultura patriarcal; polo tanto, ensinar a ‘ser persoa’ en lugar de ensinar a "ser home" ou a "ser muller" e así desterrar mitos como que a agresividade é un trazo masculino, ou pola contra,  a submisión, o silencio, a obediencia… son trazos femininos, son obxectivos da coeducación.

 

 

Ademais, débese:

  • Evitar todo menosprezo cara aqueles rapaces ou homes que non se adaptan ao modelo de masculinidade dominante.
  • Evitar todo menosprezo cara aquelas rapazas ou mulleres que non se axeitan ao modelo de feminidade dominante.
  • Ensinarlles aos nenos e aos homes a incorporar nas súas vidas as vivencias e expresión dos propios sentimentos e emocións que enriquecen as súas relacións persoais e así favorecer a resolución de conflitos sen recorrer a comportamentos violentos, por medio do diálogo, o acordo, a negociación…
  • Desenvolver unha boa autoestima que capacite  a nenas e nenos para adoptar unha actitude resolta ante a vida e os seus retos, asumir responsabilidades e enfrontarse con seguridade aos problemas.
http://igualdade.xunta.gal/gl/content/que-e-violencia-de-xenero-0
                         Preme para saber máis  --->
Mans dos nosos nenos e nenas unidas contra a violencia

15/11/16

Gañadores do concurso "Relatos e imaxes de medo"

Aquí están os gañadores do concurso de debuxos e relatos de medo que se propuxeron este curso a principios do mes de novembro.

Noraboa aos gañadores e participantes!




Falamos de Camerún

A semana pasada recibimos a visita de Samuel. A súa presenza encheu de cor e de exotismo a nosa biblioteca.

Contounos cousas do seu país natal, Camerún. Aprendimos algo de África e das súas linguas e pobos. Amosounos obxectos artesáns do seu país... Pero o mellor foi que nos fixo participar a todos nos relatos que lembraba da tradición oral dos seus antepasados.

Contounos como, no seu pobo, todas as noites os nenos e nenas se xuntaban arredor dunha fogueira e como o avó, ao que respectaban moito, lles ensinaba a través dos contos a seren mellores persoas.

Agradecémoslle moito a súa colaboración e simpatía.
Quizais algún día poida voltar e contarnos outras historias.
Aquí o esperamos!





13/11/16

08/11/16

Mercadiño de libros

Aquí vos quedan unhas imaxes do mercadiño de libros celebrado este outono na nosa biblioteca.
Os peques de Primaria disfrutaron moito coa actividade.





Gracias a todos e a todas por participar!

02/11/16

Mochilas viaxeiras

   Proximamente teredes á vosa disposición as mochilas viaxeiras que están a preparar os responsables do equipo da biblioteca.
    Este curso serán máis viaxeiras ca nunca, xa que o proxecto do noso centro  é, como xa dixemos outras veces, "Turismo e fotografía".
    Así que irán cheas de libros, de publicacións e de películas nos que este tema será o protagonista.
    Esperamos que vos sirvan para aprender moito a través das súas páxinas e das súas imaxes.
    Boa viaxe!


Benvidos á viaxe do terror!

    Aquí tedes, un ano máis, o cartel que nos lembra que por estas datas, xa rematado o Samaín, temos que adicar un tempiño a facer debuxos ou historias de medo.
     Xa sabedes que aqueles traballos que teñan máis orixinalidade e que estean ben presentados, van ter premio.
    Animádevos a participar!


Viaxamos a Islandia da man da profe Cristina


  A semana pasada o alumnado de Primaria e ESO asistiu na Biblioteca a unha interesante charla sobre Islandia, na que a profesora Cristina González nos quixo amosar moitas das súas vivencias a través das fermosas fotografías que obtivo este verán durante a súa viaxe a este descoñecido país.

 
Co seu entusiasmo e as súas palabras foi quen de nos achegar á cultura, á forma de vida e ás paisaxes dun lugar que, como ela dixo, hai que visitar algunha vez na vida. Así aprendimos cousas da sociedade, da xeografía, da política, da economía... Soubemos da existencia dos "hot pots", coñecimos que neste lugar case que non hai delincuencia, e descubrimos que os islandeses cren nos "trolls"! Ademáis falounos de que alí hai unha luz e unhas cores case máxicas e de que, no verán, o día é moi longo, moi longo... Vamos, que todos quedamos con ganas de viaxar... e de aprender inglés!!

     Moitas gracias, profe Cristina, por ensinarnos tantas cousas... Pero sobre todo por facernos pensar que unha das formas mais doadas de aprender disfrutando é viaxar.