Amosando publicacións coa etiqueta conmemoracións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta conmemoracións. Amosar todas as publicacións

05/06/17

Día Mundial do Medio Ambiente

    Hoxe, 5 de xuño, celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente. 
    Preme na imaxe para acceder ao diario El País e ver a galería de fotografías nas que a natureza é a auténtica protagonista.

http://elpais.com/elpais/2016/06/02/album-02/1464899382_095314.html

16/05/17

Feliz Día das Letras Galegas 2017


Grazas a Carlos Casares, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano 2017, por todo o seu legado; polos seus libros que, de seguro, nos fixeron e nos fan disfrutar dende ben pequenos.




















                                    Carlos Casares

26/04/17

Día do Pobo Xitano 2017

Este mes celebramos no noso centro o día do Pobo Xitano. 

O alumnado e tamén as súas familias prepararon unha exposición sobre a súa cultura con traxes, cachabas, bisutería, fotos...

Tamén realizaron unha actuación especial para todos.  Contáronnos a orixe dos xitanos, as súas costumes, os seus ritos... recitaron poesía e houbo dúas participacións musicais: un instrumental con guitarras, caixón e palmas e un baile xitano.

Foi un día especial no que ademáis recibimos a visita da alcaldesa de O Porriño, a concelleira de Educación, as asistentas sociais...

Noraboa a todos!

Fai clic na seguinte imaxe para poder ver e descargar o resto das fotos:

https://photos.google.com/share/AF1QipPyUOIqXVj1t82aS-THOu4Tb9OuNV9TeevsoVNzFh7mH4Y9YbDbOflck6b7JFE9fg/photo/AF1QipPJ3MEu8quYsNGt_duyoZHSECY-P-35gGSirCAt?key=blJoU1IxTGN1RngwZWhSZmp0MHdkVVV5RHZFamNn







20/03/17

DÍA MUNDIAL DA POESÍA


"A poesía é unha fiestra á diversidade excepcional da humanidade"
Irina Bokova (Directora xeral da UNESCO)


    Instituído pola UNESCO no ano 1999 en París, o Día Mundial da Poesía celébrase hoxe, 21 de marzo.
    A celebración deste día pretende recoñecer a arte poética como símbolo da creatividade dos seres humáns que, a través das verbas, pretenden mellorar o noso mundo e as nosas vidas.
    En palabras de Javier Vilchez, "A poesía é unha viaxe: non unha viaxe fóra da realidade, senón ao máis íntimo das emocións, as reivindicacións e as esperanzas das persoas. A poesía da forma aos soños dos pobos e ás expresións máis altas da súa espiritualidade. A poesía da tamén valor para cambiar o mundo."

http://www.un.org/es/events/poetryday/sgmessage.shtml



Preme na imaxe para ver a mensaxe da directora xeral da UNESCO

07/03/17

8 de marzo - Día internacional da muller

    Chega un novo 8 de marzo e dende aquí desexamos lembrar a idea da importancia da igualdade entre mulleres e homes, entre nenos e nenas.
    Eliminar todo o que implique discriminación ou violencia contra as mulleres debería ser obxectivo prioritario para toda persoa que se precie de selo.
    Conseguir unha sociedade mellor é cousa de todas e todos e pasa por acadar unha verdadeira igualdade de trato e de oportunidades.

http://www.unesco.org/new/es/womens-day
Preme aquí para visitar a páxina da UNESCO

24/11/16

25 de novembro: Día internacional contra a violencia de xénero


Como previr a violencia de xénero

 

Educar aos nenos e nenas, desde as idades máis temperás, nunha cultura centrada na resolución pacífica de conflitos, fomentar a empatía e desenvolver unha autoestima equilibrada, son principios que favorecen a desaparición dos prexuízos de xénero que se dan xa desde a escola.

Eliminar ao máximo os estereotipos transmitidos pola cultura patriarcal; polo tanto, ensinar a ‘ser persoa’ en lugar de ensinar a "ser home" ou a "ser muller" e así desterrar mitos como que a agresividade é un trazo masculino, ou pola contra,  a submisión, o silencio, a obediencia… son trazos femininos, son obxectivos da coeducación.

 

 

Ademais, débese:

  • Evitar todo menosprezo cara aqueles rapaces ou homes que non se adaptan ao modelo de masculinidade dominante.
  • Evitar todo menosprezo cara aquelas rapazas ou mulleres que non se axeitan ao modelo de feminidade dominante.
  • Ensinarlles aos nenos e aos homes a incorporar nas súas vidas as vivencias e expresión dos propios sentimentos e emocións que enriquecen as súas relacións persoais e así favorecer a resolución de conflitos sen recorrer a comportamentos violentos, por medio do diálogo, o acordo, a negociación…
  • Desenvolver unha boa autoestima que capacite  a nenas e nenos para adoptar unha actitude resolta ante a vida e os seus retos, asumir responsabilidades e enfrontarse con seguridade aos problemas.
http://igualdade.xunta.gal/gl/content/que-e-violencia-de-xenero-0
                         Preme para saber máis  --->
Mans dos nosos nenos e nenas unidas contra a violencia

22/10/16

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

   

O vindeiro luns 24 de outubro celebraremos o día das bibliotecas escolares.

   Lembrámosvos que este curso o noso proxecto de centro é “Turismo e fotografía” e para esta celebración  contamos  coa colaboración da profesora Cristina González que fará unha presentación da viaxe que realizou este verán a Islandia. Dende aquí agradecemos de antemán a súa disponibilidade para amosarnos a beleza dunhas paisaxes únicas.

   Asemade,  arredor da unha da tarde celebraremos o noso tradicional mercadiño de libros que tanto éxito ten entre o noso alumnado. Animádevos a participar un ano mais!

15/05/16

Día Internacional dos Museos



O Día Internacional dos Museos conmemórase este 18 de maio. A entrada será de balde en todos os centros deste tipo. A maiores, moitos deles celebran xornadas de portas abertas e complementan a súa oferta habitual con outro tipo de propostas como visitas guiadas, proxeccións, concertos...

Máis información:
http://www.cultura.gal/gl/axenda

03/05/16

Día Internacional contra o acoso escolar

Onte, día 2 de maio,  celebrouse o Día Internacional contra o acoso escolar coñecido tamén coma o Día contra o bullying.
Trátase dunha campaña de concienciación sobre un problema que afecta a millóns de escolares en todo o mundo.

Segundo o "Protocolo de prevención, detección e tratamento do acoso e ciberacoso" da Xunta de Galicia, o fenómeno do bullying ou acoso escolar vén definido como “unha conduta de persecución física e/ou psicolóxica que realiza un alumno ou alumna contra outro, ao que elixe como vítima de varios ataques” (Dan Olweus). Trátase, polo tanto, dunha situación continuada no tempo e de grande intensidade, na que unha das partes se sente poderosa e asume o papel de agresor ou acosador, en tanto que a outra, máis vulnerable, asume o papel de vítima ou acosada. Polo tanto, malia a alarma social creada por veces nos medios, non debe confundirse unha situación de acoso con pelexas puntuais ou con situacións nas que as dúas partes se atopan en situacións de igualdade.
Para poder considerar un comportamento como acoso escolar, deben cumprirse tres criterios diagnósticos, que deben darse simultaneamente, prescindindo da personalidade da posible vítima.

Os criterios son:
1. A existencia de intención de facer dano.
Debe existir unha vítima concreta, indefensa e unha persoa agresora que lle fai dano conscientemente.
2. A repetición das condutas agresivas. A agresión crea na vítima a expectativa de poder ser branco de ataques novamente.
Existencia dunha acción agresiva repetida, durante un período longo de tempo e de forma recorrente. Os comportamentos de abuso preséntanse reiteradamente no tempo. É un tipo de violencia difícil de identificar, isto é debido a que o acoso case sempre permanece oculto para as persoas adultas, pero o alumnado si ten coñecemento dos sucesos.
3. A duración no tempo, co establecemento dun esquema de abuso de poder desequilibrado entre a vítima e a persoa agresora ou persoas agresoras.
Presenza de desigualdade de poder (desequilibrio de forzas) entre a persoa máis forte e a persoa máis débil. É unha situación desigual, de indefensión para a vítima. Hai un desequilibrio e un abuso de poder que impide que a persoa acosada poida saír por si mesma da situación.

Como grave problema que afecta á Comunidade escolar no seu conxunto, é imprescindible que reflexionemos e poñamos todo o noso empeño en loitar contra esta lacra que tanto dano produce. 

http://www.mecd.gob.es/educacion-mecd/mc/convivencia-escolar/recursos/enlaces-interes/acoso-escolar.html
Preme na imaxe para saber máis do tema da convivencia escolar na páxina do Ministerio de   Educación, Cultura e Deporte












18/04/16

Día do Libro 2016

http://www.un.org/es/events/bookday/2016/unesco_message2016.shtmlComo estamos xa na semana do 18 ao 22 de abril, dende a biblioteca e co gallo do Día do Libro estamos a preparar actividades como o apadriñamento lector ou as lecturas cruzadas. Como xa sabedes doutros anos, moitas nenas e nenos da ESO ofrécense voluntariamente para "apadriñar" ao alumnado de Educación Infantil e 1º de Primaria no que á lectura se refire. Así que, durante algunhas sesións do vindeiro venres 22 de abril, os maiores lerán contos aos peques do cole. De seguro o farán de maravilla!

"Non hai nada coma un libro. Un libro é un vínculo entre o pasado e o futuro. É unha ponte entre xeracións e entre culturas. É unha forza para crear e compartir a sabedoría e o coñecemento"
Irina Bokova            
http://www.un.org/es/events/bookday/2016/unesco_message2016.shtml 
Preme na imaxe para ver a mensaxe de Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO, con motivo do Día Mundial dol Libro e do Dereito de Autor.

02/04/16

Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo - 2 de abril


«Neste Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, insto a que se promovan os dereitos das persoas con autismo e se asegure a súa plena participación e inclusión, como membros valiosos da nosa tan diversa familia humana, para que poidan contribuir a crear un futuro de dignidade e oportunidade para todos.»
Mensaxe do Secretario Xeral da ONU, Ban Ki-moon con motivo do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, 2 de abril de 2016
Ler máis

01/04/16

23 Días 'de libro'

Campaña para conmemorar o día mundial do libro
 
    O Observatorio da Lectura e do Libro do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte lanza unha nova campaña que incide na importancia dos libros e que quere contribuir á conmemoración do Día Mundial do Libro o 23 de abril.
    Podes acceder a toda a información aquí.

07/03/16

Día Internacional da Muller - 8 de marzo


O Día Internacional da Muller é un bo momento para reflexionar acerca dos avances logrados, pedir máis cambios e celebrar a valentía e a determinación das mulleres que xogaron un papel clave na historia dos seus países e comunidades. (Ver "Historia do Día da Muller")


O tema de 2016 para o Día Internacional da Muller é "Por un Planeta 50-50  en 2030: Demos o paso para a igualdade de xénero."
A Organización das Nacións Unidas (ONU) reflexionará sobre como acelerar a Axenda 2030 para o desenvolvemento sostible para promover a implantación efectiva dos novos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Tamén vai centrarse en novos compromisos por parte dos gobernos no ámbito da iniciativa "Demos o paso" e outros compromisos existentes sobre a igualdade de xénero e os dereitos humanos das mulleres.

Algúns dos obxectivos clave da Axenda 2030:
  • Para 2030, velar por que todas as nenas e todos os nenos rematen os ciclos da ensinanza primaria e secundaria, que ha ser gratuíta, equitativa e de calidade e producir resultados escolares pertinentes e eficaces.
  • Para 2030, velar por que todas as nenas e todos os nenos teñan acceso a servicios de atención e desenvolvemento na primeira infancia e a unha ensinanza preescolar de calidade, a fin de que estean preparados para a ensinanza primaria
  • Poñer fin a todas as formas de discriminación contra todas as mulleres e as nenas en todo o mundo
  • Eliminar todas as formas de violencia contra todas as mulleres e as nenas nos ámbitos público e privado, incluídas aa trata e a explotación sexual e outros tipos de explotación.
  • Eliminar todas as prácticas nocivas, como o matrimonio infantil, precoz e forzado e a mutilación xenital feminina.
«Adiquemos unha financiación sólida, unha valente labor de promoción e unha férrea vontade política a alcanzar a igualdade de xénero en todo o mundo. Non hai ningunha outra maior inversión no noso futuro común.» — Ban Ki-moon, Secretario Xeral das Naciós Unidas



24/02/16

24 de febreiro - Día de Rosalía

Cúmprese hoxe o 179 aniversario do nacemento (Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 1837) da escritora máis notable da nosa literatura, Rosalía de Castro.
 Dende a biblioteca realizouse un mural conmemorativo e nas clases adicouse o día a lembrar, con distintas actividades, a poesía e a figura de Rosalía que segue a emocionar coas súas verbas a quen a le ou a quen escoita os seus poemas.


 Rosalía e a música
http://www.crtvg.es/cultural/corte-a-corte/rosalia-e-a-musica

A autora máis internacional da nosa literatura estaba moi familiarizada coa música popular e foron moitos os músicos que escolleron os seus versos para poñerlles música e cantalos.
(Preme sobre a imaxe para ver o vídeo que a CRTVG emitiu no ano 2013).


 http://www.edu.xunta.es/portal/sites/web/files/dossieraviaxederosalia_vf.pdf.

 Un espectáculo de monicreques titulado "A viaxe de Rosalía" homenaxeará á autora galega máis universal por trece concellos galegos nos vindeiros meses de marzo, abril e maio.
A actriz Larraitz Urruzola, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, achegará a vida e a personalidade de Rosalía ao público familiar.

(Para máis información, preme na imaxe)




14/02/16

Celebración do Día Internacional da Lingua materna

 
A ONU estableceu o día 21 de febreiro como Día Internacional da lingua materna.
Este é o cartel que a Xunta de Galicia publica este ano co gallo desta celebración.
Cen maneiras de chover, cen nomes galegos para a choiva.

29/01/16

Olimpíadas para a paz


Todos os nenos e nenas, dende Infantil ata Secundaria, participaron nesta edición da celebración do Día da Non Violencia e a Paz dando cor ás pombas que adornaron coas cinco cores representativas dos xogos olímpicos os aros que decoraron o mural que se colocou á entrada do noso centro.
 A biblioteca recibiu a visita dos rapaces de ACESCA, que colaboraron, coma noutras ocasións, para levar a cabo esta iniciativa.

23/04/15

Feliz Día do Libro!



Los libros son una especie de árboles con hojas
que en lugar de primaveras tienen cuentos.

Los personajes duermen ahí hasta que un día alguien
abre el libro, comienza a leer y los personajes se levantan,
estiran sus vestidos y empiezan a trabajar:

Había una vez una princesa
que caminaba al revés.
Había un espejo de agua
y había un marino inglés.

                       Mª José Ferrada, de El lenguaje de las cosas


Biblioteca do CPI da Ribeira
365 días do libro cada ano

24/02/15

Eu son Rosalía!

CC BY-SA Elba Fernández

Tal coma as nubes
Tal coma as nubes
que leva o vento,
i agora asombran, i agora alegran
os espacios inmensos do ceo,
así as ideas
loucas que eu teño,
as imaxes de múltiples formas
de estrañas feituras, de cores incertos,
agora asombran,
agora acraran,
o fondo sin fondo do meu pensamento.
                         Rosalía de Castro. Follas novas (1880)


A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega convoca unha vez máis á celebración do Día de Rosalía, concidindo coa data do seu aniversario, o 24 de febreiro. #eusonRosalía! inunda a rede de actividades arredor da escritora e enche o aire cos seus versos nas voces de grandes e pequenos.