Amosando publicacións coa etiqueta día do libro b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta día do libro b>. Amosar todas as publicacións
27/04/20
SORPRESA POLO DÍA DO LIBRO!!!
A profe Carol grabou un conto moi divertido para este día!!! Queredes oilo?
15/05/19
23/04/17
23 de abril, Día do Libro
A expresión dun pobo radica na palabra. Ela rebela ás súas xentes e aos demais a súa bondade, a riqueza material e inmaterial, as costumes, a historia e os seus segredos agochados, a súa beleza, a loita diaria das xentes, a súa lírica, a súa creación, a investigación, a fantasía, a realidade e o surrealismo, o seu pasado, o presente e o futuro, as crenzas e o imposible, todo isto e máis compoñen un universo escrito con proxección mundial gracias as novas tecnoloxías que permiten a calquera tipo de expresión chegar en segundos a todos os recunchos. Este despertador de inquietudes que é o libro hoxe non ten barreiras. Todos podemos chegar a todos, basta ter algo que comunicar desde a propia identidade, desde a verdade de cada quen, só así será universal, e sexa cal sexa o seu soporte, chegará lonxe.
18/04/16
Día do Libro 2016
Como estamos xa na semana do 18 ao 22 de abril, dende a biblioteca e co gallo do Día do Libro estamos a preparar actividades como o apadriñamento lector ou as lecturas cruzadas. Como xa sabedes doutros anos, moitas nenas e nenos da ESO ofrécense voluntariamente para "apadriñar" ao alumnado de Educación Infantil e 1º de Primaria no que á lectura se refire. Así que, durante algunhas sesións do vindeiro venres 22 de abril, os maiores lerán contos aos peques do cole. De seguro o farán de maravilla!
"Non hai nada coma un libro. Un libro é un vínculo entre o pasado e o futuro. É unha ponte entre xeracións e entre culturas. É unha forza para crear e compartir a sabedoría e o coñecemento"
Irina Bokova
Preme na imaxe para ver a mensaxe de Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO, con motivo do Día Mundial dol Libro e do Dereito de Autor.
01/04/16
23 Días 'de libro'
Podes acceder a toda a información aquí.
07/01/16
Benvido 2016 !
Dámoslle a benvida ao novo ano que vén cargado de efemérides e celebracións.
Xa sabedes que este ano o día das Letras Galegas estará adicado ao poeta Manuel María, autor dunha extensa obra e persoa comprometida coa nosa lingua.
Xa sabedes que este ano o día das Letras Galegas estará adicado ao poeta Manuel María, autor dunha extensa obra e persoa comprometida coa nosa lingua.
Non esquezades que premendo na foto de Manuel María (na cabeceira do
blog) podedes coñecer máis a fondo a vida e obra deste escritor dende a
Casa Museo Manuel María.
Curiosamente o 2016 é tamén o ano do cuarto centenario do pasamento de dous dos xenios máis grandes das letras universais, Miguel de Cervantes e William Shakespeare, que morreron o 23 de abril de 1616. Na súa honra, o 23 de abril de cada ano celébrase o "Día Internacional do Libro". |
23/04/15
Feliz Día do Libro!
Los libros son una especie de árboles con hojas
que en lugar de primaveras tienen cuentos.
Los personajes duermen ahí hasta que un día alguien
abre el libro, comienza a leer y los personajes se levantan,
estiran sus vestidos y empiezan a trabajar:
Había una vez una princesa
que caminaba al revés.
Había un espejo de agua
y había un marino inglés.
Mª José Ferrada, de El lenguaje de las cosas
Biblioteca do CPI da Ribeira
365 días do libro cada ano
24/04/14
Marcapáxinas para imprimir
Aproveitando que estamos na semana do libro, podemos imprimir uns preciosos marcapáxinas para vestilos un pouquiño mellor. Escollede o que máis vos guste e a darlle á impresora!
![]() |
| Clic aquí para a versión imprimible |
![]() |
| Clic aquí para a versión imprimible |
![]() |
| Clic aquí para a versión imprimible |
![]() |
| Clic aquí para a versión imprimible |
![]() |
| Clic aquí para a versión imprimible |
![]() |
| Clic aquí para a versión imprimible |
![]() |
| Clic aquí para a versión imprimible |
23/04/14
Feliz día do libro!
23 de abril
Día Internacional do Libro
Ler bos libros impídeche disfrutar dos malos
E para ter unha idea do que recomendan as bibliotecas escolares de Galicia e poder escoller un bo libro para ler, compartimos con vós esta lista dos libros máis recomendados e en cantos centros os "receitan". Tomade boa nota que son, todos, moi bos:
![]() |
| Fonte: Booklandia |
13/05/13
Homenaxe a Rosalía (vídeo)
No Día do Libro (23 de abril) un grupo de alumnos e profes do noso centro fixo unha preciosa homenaxe a Rosalía en forma de recital poético acompañado de música en directo e fotografías e debuxos feitos polo alumnado.
Este foi o resultado:
Este foi o resultado:
30/04/13
Homenaxe a Rosalía
O Día do Libro fixémoslle unha homenaxe a Rosalía de Castro co gallo do 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos. En breve teremos preparado un vídeo, pero para ir facendo boca... aí van as fotos da homenaxe:
23/04/13
Só un libro - Día do libro 2013
Co gallo do Día Mundial do Libro 2013, a escritora, narradora, actriz e directora teatral Paula Carballeira agasalla ás Bibliotecas Escolares de Galicia cun texto que pon en valor as potencialidades do libro para atraer e seducir as lectoras e os lectores, mesmo aqueles que de principio non están especialmente motivados pola lectura.
Non sei que facer.
Miña irmá regaloume un libro.
Un libro.
Entre todos os agasallos que puido escoller, escolleu este.
Un libro.
Por que?
Que lle fixen eu?
Míroo e remíroo.
Sacúdoo, a ver se ten algo entre as follas, ademais de letras e debuxos.
Nada.
É só un libro.
Paréceme inútil, aí quieto, sen moverse.
Éntranme ganas de rompelo, de escachalo, de queimalo, de estragalo...
A ver se así reacciona.
Non.
Que vai reaccionar!
Espera.
O libro espera.
Non se decata de que son máis forte ca el.
Non se decata de que podería esnaquizalo se me deixase levar polo xenio.
Se cadra estase rindo de min.
Crerase moi importante por ser un libro.
Vouno abrir.
Teño curiosidade por saber que escribiron dentro del para que teña eses
aires de superioridade.
Vaia!
Non está nada mal.
Empézame a caer simpático.
Tan caladiño, gardando a súa historia coma quen garda un segredo.
Ás veces penso que a miña irmá pode lerme o pensamento.
Era xusto o que eu quería.
Un libro.
Este libro.
Paula Carballeira
Imaxe atopada aquí.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




















