O blog da biblioteca do CPI da Ribeira

23 de abril, Día do Libro

    
A expresión dun pobo radica na palabra. Ela rebela ás súas xentes e aos demais a súa bondade, a riqueza material e inmaterial, as costumes, a historia e os seus segredos agochados, a súa beleza, a loita diaria das xentes, a súa lírica, a súa creación, a investigación, a fantasía, a realidade e o surrealismo, o seu pasado, o presente e o futuro, as crenzas e o imposible, todo isto e máis compoñen un universo escrito con proxección mundial gracias as novas tecnoloxías que permiten a calquera tipo de expresión chegar en segundos a todos os recunchos. Este despertador de inquietudes que é o libro hoxe non ten barreiras. Todos podemos chegar a todos, basta ter algo que comunicar desde a propia identidade, desde a verdade de cada quen, só así será universal, e sexa cal sexa o seu soporte, chegará lonxe.

Ningún comentario: