11/05/26

RADIO.

SEGUIMOS GRAVANDO NO CENTRO DE DÍA!

O alumnado de 5º de primaria visita por quinta vez aos maiores do centro de día para seguir creando con eles programas de radio, chamados "Fíos no Tempo". Nesta 5ª sesión a temática foi: "A música de antes e a música de agora".

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS.

COMEZAMOS CON LECTURAS CRUZADAS!

Este domingo é o Día das Letras Galegas e desde o equipo de biblioteca temos axudado ao equipo de dinamización da Lingua Galega para conmemorar a Begoña Caamaño facendo diferentes actividades durante a semana. Hoxe, luns 11 de maio, comenzamos polos Lecturas Cruzadas, distintos autores galegos, diferentes historias e moitas aventuras que contar!

08/05/26

CAMPIONATO DE XOGOS.

 ESTA VEZ XADREZ!

A organización de campionatos de xogos que se están promovendo na biblioteca nos recreos, temos visto un enorme interese e participación. Deste modo, este venres temos iniciado o campionato de xadrez. Aínda que non todos sabían xogar á perfección, os nenos e nenas puxeron moita ilusión. Contamos coa axuda inestimable da nosa ATE Graci para axudar a ensinar!

RECUNCHO DE FAMILIAS.


MERCAMOS NOVOS ANDEIS!

Seguimos mellorando os recunchos da nosa biblioteca. Así, mercamos novos andeis para seguir mellorando a zona de familias, que desde hai tempo necesitabamos completar para colocar todos os libros dun xeito máis accesible e ordenado para facilitar a súa consulta. Viva a lectura!
.

07/05/26

PROXECTO IMPULSO MENTOR.

PROMOVEMOS O AFONDAMENTO NA CULTURA XITANA!

Hoxe o alumnado de 5º e 6º participou nunha actividade realizada co Secretariado do pobo xitano, dentro do proxecto piloto Impulso Mentor promovido pola Consellería de Educación para o que o noso centro foi seleccionado. Busca dar a coñecer en maior medida a cultura xitana.
O noso alumnado ten moita información pero ten descuberto moitas máis curiosidades que non sabían. Por exemplo, de onde veñen, algunhas persoas de etnia xitana de relevancia, que significa o loito para eles, algunhas comidas típicas....
Ademais, dentro deste mesmo proxecto, algún alumnado xitano está a participar en mentorías nas que comentan as súas inquedanzas e expectativas de futuro, asesorándoos sobre o mesmo unha rapaza xitana de O Porriño, dende as súas experiencias e o seu propio testemuño de vida.

06/05/26

LECTURA E FAMILIAS.

 OBRADOIRO DE PECHE!

Como todos os anos, organizamos un obradoiro final do programa Lectura e Familias, con PAticia García Figueroa do centro de Estudos Trazos Class de Redondela. Realizarase o próximo martes 12 de maio ás 16:00 h. no salón de actos do colexio. Trataranse artistas do mundo con motivo do proxecto do centro de "A volta ao mundo con Ribefogg". Esperámovosos!

ESCOLAS DE FRONTEIRA.

MOCHILAS E LIBROS EN PORTUGUÉS!

Con motivo do día da lingua portuguesa en sexto preparamos unhas mochilas viaxeiras cos fondos bibliográficos en portugués da nosa biblio para que todas as clases do noso cole coñezan o Proxecto Escolas de Fronteira.

05/05/26

FORMACIÓN USUARIOS/AS.

O PROFESORADO FÓRMASE EN KOHA!

Os mestres/as estivemos afondando no uso de Koha para facilitar o proceso de catalogación de libros. Ten sido unha tarde moi intrutiva!