19/06/26
17/06/26
CAMPIONATO DE XOGOS.
GRAN FINAL!
Despois dun trimestre cheo de emoción, tivemos hoxe a gran final! Adriana de 5º de Ed. Primaria e Guille de 3º de Ed. Primaria teñen xogado dun xeito maxistral nesta gran final!
16/06/26
RADIO NA BIBLIO.
UN PODCAST DE REPASO!
O alumnado de 5º de Educación Primaria ten gravado na área de Proxecto Competencial, un resumo do traballado nos meses anteriores sobre a investigación dos países polos que ten viaxado Phileas Fogg na novela "La vuelta al mundo en 80 días", de Julio Verne. Visitade o blog da radio para escoitalo!
12/06/26
CAMPIONATOS DE XOGOS.
SÓ NOS QUEDA A GRAN FINAL!
Esta semana temos rematado os ccampionatos de xogos que temos realizado durante este trimestre. Soamente quédanos a gran final entre dous alumnos: Guille e Adriana! Quen gañará? A semana que vén verémolo!
11/06/26
VISITA DA ASESORA DE BIBLIOTECAS.
HOXE TIVEMOS VISITA...!
Este xoves 11 de xuño tennos visitado Isabel Nuevo, a asesora de bibliotecas da provincia de Pontevedra. Foi para nós unha gran honra poder ofrecerlle un tour polas nosas instalacións e escoitar os seus consellos e suxerencias.
Tamén nos ten traído agasallos para o alumnado axudante e para o centro.
Finaalmente, temos saído no Facebook da Asesoría de Bibliotecas de Galicia.
10/06/26
ACTIVIDADES CO EDLG.
UN INTERCAMBIO DE POSTAIS INTERCENTRO!
En colaboración co EDLG temos fomentado un intercambio de postais entre centros de tal modo que cada clase redactounas para un cole diferente e… recibimos resposta!
06/06/26
RECUNCHO DE XOGOS.
CONTINUAMOS MELLORANDO!
Estas últimas semanas de curso aínda seguimos traballando la mellora das nosas instalacións. Así, estamos reorganizando o noso recuncho de xogos para facer del un lugar máis acolledor e agradable!Aquí podemos ver como seguimos avanzando...ANTES
AGORA...
05/06/26
FEIRA ACIENCIACERTA DE O PORRIÑO.
FORMAMOS UN GRAN EQUIPO DE CIENTÍFICOS/AS!
Un ano máis participamos nesta Feira da Ciencia organizada polo Concello de O Porriño co proxecto: Como pode influír a hixiene bucal no envellecemento da poboación!
Os peques da clase de 1º de primaria amosaron e demostraron a través de distintos experimentos a importancia dunha boa hixiene e coidado bucal. Grazas de corazón a todas as familias que estiveron todo a día connosco para axudar e desfrutar con estes pequenos científicos/as!
CAMPIONATO DE XOGOS.
Imos rematando os campionatos de xogos por este curso!
Un venres máis, como é habitual, o alumnado ten participado nun novo campionato de xadrez. Ten habido moita emoción, moitas ganas e sobre todo moito xogo e diversión!
CONGRESO EDUCODS.
VI CONGRESO EDUCATIVO EDUCODS EN TUI!
Un ano máis voltamos para participar xunto con outros centros nesta iniciativa creada polo CEIP Número 1 de Tui.
Así, o xoves 4 o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria, e o venres 5 de xuño, os nenos/as de 5º e 6º de Ed. Infantil teñen ido a ver e a expoñer os seus traballos que estiveron preparando durante meses con moito esforzo e dedicación.
Foron dúas mañás cheas de experiencias, aprendizaxes e convivencia con outros rapaces. Canto temos aprendido e gozado!
Aquí podedes ver unha mostra...
MERCADO SOLIDARIO.
UN MERCADO DE LIBROS PARA REMATAR O CURSO!
Para fomentar que o alumnado asente o hábito lector no verán ofreceuse ao alumnado a posibilidade intercambiar ata 3 libros de expurgo dos fondos da biblioteca por ata 3 dos que tivesen en casa e non quixesen.
Aquí podedes ver unha mostra...
03/06/26
RADIO NA BIBLIO.
FALAMOS DE ALIMENTACIÓN SAUDABLE!
Nas últimas semanas temos gravado co alumnado de 2º de primaria un podcast sobre alimentación saudable. Proximamente estará dispoñible no blog da nosa radio!
.
01/06/26
BOLETÍN LERIA.
LECTURAS RECOMENDADAS PARA VERÁN!
Para rematar o curso, e como todos os trimestres, Ribedino quere facer varias recomendacións lectoras ao alumnado para seguir fomentando a lectura no verán. É por iso que aquí tendes o tríptico de libros para evitar aburrirse nos meses de verán...
RADIO.
FNINALIZAMOS NO CENTRO DE DÍA!
O alumnado de 5º de primaria realiza a última visita por este curso aos maiores do centro de día para seguir creando con eles programas de radio, chamados "Fíos no Tempo". Nesta 7ª sesión fixemos un repaso do comentado en todos os programas anteriores. Que ben o pasamos!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
