29/03/17

100 anos de TBO


    
    
   


  En marzo de 2017 se cumplen cen anos da aparición de TBO, a revista de historietas que deu nome aos tebeos. Nela colaboraron algúns dos máis destacados ilustradores e historietistas do país, e nas súas páxinas publicáronse series tan populares e emblemáticas como "Los grandes inventos de TBO" ou "La familia Ulises". 

   





    Aproveitando o centenario da súa aparición, este libro pretende ser unha homenaxe tan sentida como merecida. Nel repásase a súa historia, os seus autores de referencia, as series máis coñecidas, e todo cheo de anécdotas e información exhaustiva. En definitiva, este é o gran libro que se merece esa parte importante do noso legado histórico e cultural que é a revista TBO.



PREME NA IMAXE SE QUERES SABER MÁIS


Primavera das letras

http://primaveradasletras.gal/
    Un ano máis presentouse a Primavera das Letras, a web na que a Real Academia Galega achega recursos sobre o autor homenaxeado en cada Día das Letras Galegas. Con Carlos Casares como protagonista, o novo espazo na rede inclúe unha biografía do escritor, unidades didácticas para diferentes idades sobre o seu traballo ou unha listaxe de recursos na rede.

Preme na imaxe para acceder á web.

http://primaveradasletras.gal/

    Non esquezades que premendo na imaxe "Letras galegas 2017" na cabeceira deste blogue podedes acceder á web da Fundación Carlos Casares onde tamén atoparedes información e actividades.

21/03/17

Poesía visual na "biblio"



     Os nenos e nenas do cole participan no obradoiro de poesía visual "Proxecto Caligrama 2000" que o poeta e educador David Fernández Rivera está a impartir nestas datas en varios centros de O Porriño.

    O alumnado aprende con el a descubrir o mundo da poesía dende unha perspectiva novedosa interactuando cos seus compañeiros e poñendo en valor os seus propios sentimentos.









   
    Agradecémoslle que sexa quen de espertar a imaxinación e o gusto pola poesía nos nosos cativos.

20/03/17

DÍA MUNDIAL DA POESÍA


"A poesía é unha fiestra á diversidade excepcional da humanidade"
Irina Bokova (Directora xeral da UNESCO)


    Instituído pola UNESCO no ano 1999 en París, o Día Mundial da Poesía celébrase hoxe, 21 de marzo.
    A celebración deste día pretende recoñecer a arte poética como símbolo da creatividade dos seres humáns que, a través das verbas, pretenden mellorar o noso mundo e as nosas vidas.
    En palabras de Javier Vilchez, "A poesía é unha viaxe: non unha viaxe fóra da realidade, senón ao máis íntimo das emocións, as reivindicacións e as esperanzas das persoas. A poesía da forma aos soños dos pobos e ás expresións máis altas da súa espiritualidade. A poesía da tamén valor para cambiar o mundo."

http://www.un.org/es/events/poetryday/sgmessage.shtml



Preme na imaxe para ver a mensaxe da directora xeral da UNESCO

12/03/17

XVIII Salón do Libro: "O mundo que queremos"

https://drive.google.com/file/d/0B-bda1xRnuSAXzBkTnBFMFZfYUE/view?usp=sharing
    Do 10 de marzo ao 2 de abril, no Pazo da Cultura de Pontevedra, terá lugar o SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL, no que colexios de toda a comunidade participarán activamente.
    Están programadas máis de 300 actividades entre as
que se inclúen obradoiros de distinto tipo, obras de teatro, concertos de percusión con instrumentos feitos con materiais reciclables, películas, cursos e charlas.

    Preme na imaxe para ver ou descargar o programa.

07/03/17

8 de marzo - Día internacional da muller

    Chega un novo 8 de marzo e dende aquí desexamos lembrar a idea da importancia da igualdade entre mulleres e homes, entre nenos e nenas.
    Eliminar todo o que implique discriminación ou violencia contra as mulleres debería ser obxectivo prioritario para toda persoa que se precie de selo.
    Conseguir unha sociedade mellor é cousa de todas e todos e pasa por acadar unha verdadeira igualdade de trato e de oportunidades.

http://www.unesco.org/new/es/womens-day
Preme aquí para visitar a páxina da UNESCO

06/03/17

Éxito da xornada de portas abertas

    A xornada de portas abertas celebrada na nosa biblioteca o día 22 de febreiro tivo unha moi boa acollida por parte dos pais e nais da nosa comunidade educativa que, en moitos casos, acudiron acompañados dos seus fillos cos que disfrutaron da lectura e mesmo levaron exemplares para ler nas súas casas.
    Animámolos dende aquí a que sigan vindo e participen dos nosos fondos bibliográficos.