27/11/15

Xosé Neira Vilas, hoxe e sempre no noso recordo.



   Hoxe lembramos con agarimo a un home sinxelo e bo, a un home que nos cativou coas súas historias e o seu amor aos nenos, que nos ensinou o valor da humildade e das cousas pequenas, pero verdadeiras e importantes. Un home ao que moitos coñecimos a través dos ollos dun neno: o seu Balbino, que tamén é dalgún xeito o noso Balbino, o pequeno de quen soubemos hai xa moito tempo, pero que quedou para sempre no noso corazón.
   XOSÉ NEIRA VILAS... GRAZAS!


                                                                                                          Vídeo de Telemiño Ourense


                                                     Video de Escola de ensino galego Semente Trasancos
             Escoitade, neste vídeo ao escritor falando dos nenos.


             E agora, merece a pena que escoitedes esta música.
             Desenhos de Isaac Diaz Pardo para a Ediciós do Castro de Memorias dun neno labrego
             de Xosé Neira Vilas. Música: A Quenlla, "Memorias dun neno labrego"
                                                ______________________________________
  
       "Eu, en veces, sentíame voar coma se a música me arrincase do faiado e me levase polo aire. No ceo relucían ducias de estreliñas. Parecía que axexaban para o rebumbio do souto.
        Quedeime ollando unha que escintilaba máis que as outras. Imaxinei que turraba por min. Sentinme xunguido, abrazado a ela. Deille un bico e de alí a pouco bailamos os dous, ó son da música."                                                              Memorias dun neno labrego - Xosé Neira Vilas

         


 O libro da dereita é un exemplar firmado por Xosé Neira Vilas para a nosa biblioteca.
Á esquerda, dedicatoria do escritor dentro do libro "Memorias dun neno labrego"


Esta noite podemos "ir ao rebusque" no ceo. Quizais atopemos a luz de Xosé e a de Balbino, o  neno que foi, alá por entre as estrelas.

19/11/15

Relatos de medo, debuxos terroríficos...

Un ano máis a biblioteca do noso centro celebrou o seu tradicional concurso de relatos de medo e debuxos terroríficos, coincidindo coa época do Samaín.
Este ano animáronse a participar moitos nenos e nenas, sobre todo de primaria. Da ESO houbo un seguimento menor. A ver si aumenta a participación o ano que ven.
De tódolos xeitos, como ides ver nas fotos adxuntas, os rapaces, tanto pequenos coma maiores, celebraron con moita ilusión o acto de entrega de premios e golosinas.
Noraboa a todos e seguide participando!


09/11/15

Unha rapaza galega busca o seu sitio en Río 2016

Xa que este ano, no noso centro, o deporte e as Olimpíadas están a ter un lugar moi especial, a ver que vos parece esta nova do diario "El País"

Ana Peleteiro, a nena prodixio busca un salto de maior

 

 

 

A saltadora galega, que quixo deixar o atletismo polo “agobio” que lle supuxo gañar o mundial júnior,  estase a preparar para conseguir a mínima olímpica para poder participar en Río 2016.

 

  Artigo de "El País"(ler máis)

01/11/15

Un ano máis...o mercadiño!

O pasado venres 23 celebramos unha das actividades que xa é todo un clásico na nosa biblioteca. Moitos nenos que trouxeron exemplares, poideron levar outros que lles gustaron e que poderán disfrutar nas súas casas, coas súas familias.
Grazas a todos por participar.
Agora algunhas fotos de recordo!