Amosando publicacións coa etiqueta concurso b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta concurso b>. Amosar todas as publicacións
23/03/19
12/01/18
15/11/16
Gañadores do concurso "Relatos e imaxes de medo"
Aquí están os gañadores do concurso de debuxos e relatos de medo que se propuxeron este curso a principios do mes de novembro.
Noraboa aos gañadores e participantes!
02/11/16
Benvidos á viaxe do terror!
Aquí tedes, un ano máis, o cartel que nos lembra que por estas datas, xa rematado o Samaín, temos que adicar un tempiño a facer debuxos ou historias de medo.
Xa sabedes que aqueles traballos que teñan máis orixinalidade e que estean ben presentados, van ter premio.
Animádevos a participar!
Xa sabedes que aqueles traballos que teñan máis orixinalidade e que estean ben presentados, van ter premio.
Animádevos a participar!
19/11/15
Relatos de medo, debuxos terroríficos...
Un ano máis a biblioteca do noso centro celebrou o seu tradicional concurso de relatos de medo e debuxos terroríficos, coincidindo coa época do Samaín.
Este ano animáronse a participar moitos nenos e nenas, sobre todo de primaria. Da ESO houbo un seguimento menor. A ver si aumenta a participación o ano que ven.
De tódolos xeitos, como ides ver nas fotos adxuntas, os rapaces, tanto pequenos coma maiores, celebraron con moita ilusión o acto de entrega de premios e golosinas.
Noraboa a todos e seguide participando!

08/06/15
20/04/15
Inspiraciencia: concurso de relatos científicos
O CSIC en Cataluña acaba de convocar o quinto concurso de relatos de inspiración científica, Inspiraciencia. Hai dúas categorías (para menores de 18 anos e para adultos) e en ambas debe presentarse un relato curto cun máximo de 800 palabras escrito en calquera das linguas oficiais do estado (galego, catalán, éuscaro ou castelán). Pódense presentar ata 4 relatos por participante sempre e cando estean escritos en linguas distintas. As bases do concurso, neste enlace. Tedes de prazo ata o 17 de maio.
Os premios serán dispositivos electrónicos, libros de divulgación, cursos de escritura e a subscrición a unha revista de divulgación.
Na web do concurso tes toda a información, así como os relatos gañadores das edicións anteriores e os relatos que participan este ano e en todas as edicións anteriores.
Para que vos fagades unha idea, este é o relato que gañou a categoría de relato xuvenil en galego en 2014:
CAMIÑO DE LEMBRANZAS
de Cristina Salgado Blanco
Sairá de novo da súa man. Coma sempre. Coma desde aquel día. Aprenderá a camiñar, pois onte esquecéuselle de novo. “Tes que ser forte”. O desafío de sempre. Ou quizais o de antes. Quen sabe. Mellor dito, quen o lembra? Por que el non. Pé dereito. Aférrase á man. Pé esquerdo. Por que? Deixa as preguntas para despois, tes que aprender a camiñar. Pé dereito. Téñenme que ensinar a camiñar. Pé esquerdo. Non quero aprender. Pé dereito. Só quero lembrar. De súpeto unha aperta.
- Moi ben avoíño, canto andamos hoxe! Voute convidar a un chocolate que vai moito frío. Vamos, uns pasiños máis.
Comezamos de novo. Que pé ía agora? Mentres dubida busca a resposta naqueles olliños meigos. Pé esquerdo. Por fin chegan ao café. É certo, hoxe andaron moito. Ou moi pouco. Non ten nada co que comparalo.
-Dous chocolatiños ben quentes, por favor.
-Deseguida.
Mira aquel lugar estrañado. É o café dos venres. Pero el non o sabe. Mellor dito, non o lembra.
-Mmmm, que ben ole… verdade?
- Ti quéresme máis agora ou antes?
-Xa sabes que eu te quero sempre, avoíño.
-E a mamá? Eu penso que antes me quería máis, agora mírame coma se estivese cansa de min…
-Non digas iso avó. Xa sabes que te queremos moito.
- Aínda que ás veces non vos recoñeza?
- Si, porque que non nos recoñezas non quere dicir que nos teñas esquecidos.
-Ensíname a tomar o chocolate e despois volvemos onda a señora que se parece a ti. Esa da que falamos hai un chisco.
-Mira, colles a taza por aquí e achégala á boca. Así. Moi ben.
Pé esquerdo da man do seu neto. Antes de poder botar o dereito de novo, un home traxeado reclama a súa atención:
-Bos días, poderíame responder unhas preguntas desta enquisa? Non tardará moito tempo, asegúrollo.
-Tenme que desculpar, pero precisamente tempo é o que me falta. Nun só día teño que aprender o que souben toda unha vida: camiñar, falar, bicar, estar cos meus… Cando todo sexa coma antes respondereille. Por que todo volverá a ser coma antes, non si?
- Non o dubides avoíño.
Dende aquel día durmía sempre acompañado. Ao espertar vía o seu neto á súa beira. Vía a única persoa que a súa memoria non lle roubara. E dicíase, coma sempre, ¿ou por primeira vez?, ”teño que ser forte por ti”. Estaba tardando demasiado en ir á cama. Ou iso lle parecía a el. Pode que estivese falando coa muller que o chama “papá”. Si, tiña que estar falando con ela, porque nunca deixaba tanto tempo só ao avó. Mañá aprenderá o nome desa muller. Unha muller que ten os seus mesmos ollos e o falar da avoíña. Na casa falan moito da avoíña. El quere coñecela, pero dinlle que non pode. Que xa non. Mentres pensa nos decoñecidos do pasado, o seu neto fala coa muller que ten os mesmos ollos que o avó. Hoxe descubriron que inxectando unha proteína, a Crtc1, nunha parte do cerebro, hipocampo ou algo así, se podería evitar a perda de memoria en persoas que teñen a mesma enfermidade que o seu avoíño, pero nun estado moito máis leve. E é que o seu avoíño está moi enfermo. El nótao e por iso o axuda. Porque o quere e porque non lle gusta a idea de que esqueza quen é. Polo de agora esta proba só deu bos resultados con ratos, pero el confía en que o seu avó se curará. Aínda que estea moi grave. E aínda que non sexa un ratiño. Aínda que iso ao que chaman Alzheimer viva no seu peito. El sabe que se curará porque unha enfermidade non pode roubarlle a vida a ninguén. Non, e menos aínda ao seu avó.
16/03/15
Concurso "Nós lemos, e ti?"
Se queres participar no concurso, fala coa túa profe de galego ou coas responsables da biblioteca!
Con ocasión do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, a Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil, xunto coas súas catro seccións: Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX), Consejo General del Libro Infantil y Juvenil, Consell Català del Llibre Infantil i Juvenil (ClijCAT) e Galtzagorri Elkartea, co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, convoca o concurso “Nós lemos, e ti?”.
Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX)
- Poden participar todos os lectores e lectoras que estean cursando Primaria ou primeiro ciclo de Secundaria, a través do seu centro docente ou dende a biblioteca.
- Reunir membros da familia ou amigos que queiran participar.
- Escoller un libro en galego cada un e co móbil ou cunha cámara facerse unha selfie. É imprescindible que se vexan os libros.
- Deberá acompañar á selfie un breve texto explicando o motivo polo que o/a participante escolleu ese libro. Tamén deberá constar o nome e apelidos do/a participante, o domicilio, poboación, teléfono, ano de nacemento e nome do centro docente ou biblioteca, do titor/a ou bibliotecario/a, domicilio, poboación, teléfono e correo electrónico.
- Os centros docentes e bibliotecas deberán seleccionar un máximo de tres traballos por curso segundo o seu bo criterio e entregalos directamente ou ben remitilos por correo postal ou correo electrónico antes do día 2 de abril aos seguintes enderezos en función da súa residencia:
Centro de Emprendemento Creativo de Galicia. Cidade da Cultura de Galicia.
Monte Gaiás, s/n. 15707 Santiago de Compostela. Tel.: 881 99 61 09 galix@galix.org
OEPLI. concursodiainternaconal@oepli.org
(Información facilitada por GÁLIX)
- Establécese un premio para cada unha das seguintes categorías ( Primeiros lectores: 1º, 2º e 3º de Primaria / Lectores avanzado: 4º, 5º e 6º de Primaria / Superlectores: 1º e 2º de Secundaria) e ámbito lingüístico.
- Cada un dos premios estará dotado cun diploma e lote de libros para os premiados e a entidade (biblioteca ou centro docente) que presente os traballos.
12/12/14
Gañadores do concurso de relatos de medo - Primaria
Os dous flamantes gañadores do concurso de relatos de medo nos dous niveis de primaria foron Noa, de 5º, e Ízan, de 2º. Noraboa ós dous! Uns relatos terroríficos!
05/12/14
Gañador do concurso de relatos de medo - ESO
No concurso de relatos de medo que fixemos co gallo do Samaín, houbo tres gañadores de distintas etapas educativas. Hoxe traemos o relato gañador da ESO: El bosque del terror, de Río Marbán (2º ESO A).
Noraboa, Río! Gran traballo!
Noraboa, Río! Gran traballo!
05/11/13
Wildlife photographer of the year 2013
Un ano máis temos o pracer de amosarvos algunhas das fotos gañadoras do prestixioso concurso Wildlife Photographer of the Year 2013.
Coma sempre, esperamos poder ver tamén a exposición en Vigo no mes de decembro. Se antes ides a Londres... ide vela!
O fotógrafo sudafricano Greg du Toit gañou o concurso coa súa imaxe Essence of elephants (Esencia de elefantes), un impresionante retrato de catro elefantes na reserva natural Northen Tuli Game de Botsuana (sur de África). Tomou esta fotografía dende un contenedor de carga situado a un metro dos animais nunha charca. "Escollin elefantes porque sinto unha enerxía moi especial cando estou preto deles", dixo á BBC Du Toit, que afirmou que os elefantes "son animais moi grandes e pouco carismáticos para ser fotografados".
Levaba 10 años buscando esta fotografía e utilizou un grande angular e unha velocidade de disparo lenta para crear unha atmósfera fantasmal e de movemento.
Na categoría infantil, o gañador foi Udayan Rao Pawar (14 anos) con esta foto de crías de crocodilo sobre a súa nai no río Chambal de Madhya Pradesh (India):
A concurso presentaronse máis de 43 000 fotografías de 96 países. Estas son as gañadoras dalgunhas das outras 18 categorías do concurso:
Gañadores, accésits e recomendados de tódalas categorías, neste enlace.

20/05/13
Rematado o concurso de cine!
Despois de 14 semanas e 14 preguntas sobre cine, por fin temos unha gañadora do noso concurso "Canto sabes de cine?": Iria Domínguez, de 2º ESO. Temos que dicir que Iria ben merece este premio, pois foi unha das participantes máis asiduas e gañou un total de 4 semanas (a 4ª, a 8ª, a 11ª e a 14ª), deixando bastante atrás ós seguintes clasificados.
Noraboa a todos os que participachedes, ós que gañachedes algún Kinder semanal e moitas gracias ós que colaborachedes dun xeito ou outro para facer posible o concurso.
Hoxe martes, no recreo, faremos entrega a Iria do seu flamante libro electrónico. Alí nos veremos!
07/05/13
E o Kindle vai para...
Esa é a frase que din cando van entregar os Óscar e a que usaremos para facer entrega do Kindle que estamos a sortear no concurso de cine!
Pero tranquilos, iso non será ata o día 16.
Isto é só un recordatorio de que aínda quedan dúas preguntas por contestar, polo que a cousa pode estar moi reñida, porque incluso os que teñen un só punto poderían empatar e gañar! Estes foron os gañadores semanais polo momento:
CON UN PUNTO ESTÁN:
- Marta Alonso: semana 2
- Andrea Romero: semana 3
- Enrique Fernández: semana 9
- J. Carlos Ferreira: semana 10
- Pilar Duval: semana 12
CON DOUS PUNTOS:
- Susana Portela: semanas 1 e 5
- Sandra Vaz: semanas 6 e 7
E CON TRES PUNTOS:
- Iria Domínguez: semanas 4, 8 e 11
Vamos que nos vamos! Non deixedes de ver a pregunta desta semana e loitar por ese superpremio!
15/01/13
Canto sabes de cine?
Este venres comeza un novo concurso na biblioteca que vai durar ata o Día das Letras Galegas, así que collede papel e boli e... a por el!
Cada venres faremos unha pregunta sobre cine e teredes ata o xoves seguinte para contestala. Os venres, no recreo, sacaremos unha resposta ó chou; se é correcta, esa persoa gaña un premio simbólico e un punto para o premio final... que é un fantástico libro electrónico Kindle 4 coma este:
É dicir, o Día das Letras Galegas darémoslle este libro ó estudante que teña gañado máis puntos semanais. Se houbese un empate, faríamos algunha ronda de preguntas entre os empatados para ver quen gaña.
Gústavos a idea? Pois estade atentos ó taboleiro exterior da biblioteca, onde poremos as preguntas e a lista de gañadores semanais!
Boa sorte a todos e, sobre todo, que o disfrutedes!

Fotografía "Have fun" de Joel Robison
20/11/12
Gañadoras do concurso de relatos de medo!
Xa temos gañadoras do concurso de relatos! Unha vez máis, custounos elixir, o nivel foi alto e houbo varios relatos que nos sorprenderon pola súa calidade, pero só pode haber dous relatos gañadores...
As afortunadas teñen dúas entradas de cine cada un para ver O apóstolo (premio para secundaria) e Hotel Transilvania (para primaria), dúas películas de medo!
Noraboa a tódolos participantes! E non deixedes de escribir, porque sodes GRANDES!
Neste enlace da páxina de concursos, información sobre as dúas gañadoras. E neste enlace, o relato gañador da categoría de secundaria.

30/10/12
Concurso de medo!
Achégase o Samaín, e con el o concurso de relatos de medo que facemos tódolos anos. Na biblioteca tedes unha exposición de libros e películas de medo, co lema "Medo por palabras", e neste enlace os datos do concurso.
Veña esa imaxinación! Animádevos, que só por participar levaredes unha terrorífica sorpresa ;-)
Fotografía atopada aquí.
16/10/12
Concurso sobre os dereitos humanos
O 10 de decembro celébrase o Día Mundial dos Dereitos Humanos. Para recordarnos cales son eses dereitos, o Defensor del Pueblo, Fundar e a ONG Globalización de los Derechos Humanos convocan o X Concurso Escolar de dibujos.
O concurso está dirixido a estudantes de primaria e secundaria, que deberán presentar un debuxo (baixo seudónimo) nunha folla tamaño A4 antes do 20 de novembro. Haberá 5 premios para primaria e outros 5 para secundaria (en tódolos casos, un netbook).
Tedes as bases da convocatoria neste enlace.
Ánimo e boa sorte!

19/04/12
El príncipe
Cuando el príncipe se paseaen su radiante caballo
2/8 de caritas
tras los visillos se asoman,
3/8 de doncellas
por las esquinas rondan,
1/8 de princesas
a la conquista se lanzan,
y 2/8 de mujeres cultas
que pasean por la plaza
lo saludan muy amablemente
con sonrisas falsas.
¿Cuántas son las admiradoras del príncipe?
María Pilla Michelli
---
Co gallo do Día do Libro, o alumnado da ESO que conteste acertadamente esta adiviña poético-matemática recibirá de regalo un libro de pasatempos matemáticos. A data límite para as vosas respostas é o propio día do libro ata a noite (luns 23 de abril). Podedes enviar un correo aquí ou contestar nun comentario a esta entrada (que non se publicará ata o luns para que ninguén copie a resposta).
06/02/12
A declararse!
Tedes un novo concurso de redacción anunciado na sección de concursos, e tamén nos corredores e nos taboleiros das vosas aulas. Toda a información, aquí.
A por el!
12/12/11
Gañadores do concurso de medo!
Xa podes ver quen gañou o concurso de relatos de medo e ler os dous relatos gañadores na sección de concursos. Noraboa a tódolos participantes polos seus escalofriantes contos, e especialmente a Camila e Andrea!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)