15/01/13

Canto sabes de cine?

Este venres comeza un novo concurso na biblioteca que vai durar ata o Día das Letras Galegas, así que collede papel e boli e... a por el!

Cada venres faremos unha pregunta sobre cine e teredes ata o xoves seguinte para contestala. Os venres, no recreo, sacaremos unha resposta ó chou; se é correcta, esa persoa gaña un premio simbólico e un punto para o premio final... que é un fantástico libro electrónico Kindle 4 coma este:






É dicir, o Día das Letras Galegas darémoslle este libro ó estudante que teña gañado máis puntos semanais. Se houbese un empate, faríamos algunha ronda de preguntas entre os empatados para ver quen gaña.

Gústavos a idea? Pois estade atentos ó taboleiro exterior da biblioteca, onde poremos as preguntas e a lista de gañadores semanais!

Boa sorte a todos e, sobre todo, que o disfrutedes!


Fotografía "Have fun" de Joel Robison

Ningún comentario: