O blog da biblioteca do CPI da Ribeira

X nada - A película da semana


Dirección: Daniel de la Torre y Toni Veiga
Guión: Toni Veiga e Manolo Dios
Música: Manu Riveiro
Reparto: Carlos Fernández, Miguel García, Carlos Rey, Álex Sebio,    Guillermo Vázquez, María Salgueiro, Xavier Estévez
Xénero: Drama
Duración: 14´
Ano: 2009
Premios: premio do xurado no festival de Cans (2009); finalista nos Premios Goya (2010); seleccionado no Curtas 09 para distribución internacional; premio do público no Festival de Cine de Astorga; Gran Premio Galicia no Curtocircuito; premio ó mellor guión no Festival de Cine 'Octubrecorto', Premio do Público no Festival Viladecans, etc.
Clasificación: non recomendada a menores de 12 anos


Para o Día escolar pola paz e a non violencia, escollimos esta curtametraxe galega que dá moito que pensar. Nesta curta, baseada en feitos reais (o que fai a historia todavía máis escalofriante), Roi e os seus colegas practican un xogo moi especial, unha forma de divertirse peculiar e moi violenta. Este macabro xogo uniraos para sempre a Dani, que tivo a mala sorte de estar no sitio e no momento inadecuados.
Unha das cousas que máis nos impactou da película foi o que di a nai ó final, pero preferimos que o escoitedes por vós mesmos.

Aquí tedes a curta completa, pero NON A RECOMENDAMOS PARA MENORES DE 12 ANOS!





Ningún comentario: