22/03/24

RADIO NA BIBLIO.

 PRIMEIRO PROGRAMA!

O venres 22 de marzo gravamos o primeiro programa na nosa radio sobre o deporte, no cal alumnado de 5º de educación Primaria  entrevistou  e falou con diversos usuari@s do centro de día de Torneiros. Así, durante algo máis dunha hora intercambiaron pareceres, á vez que os novos aprenderon un montón. Que interesante foi! Repetiremos á volta das vacacións.

LECTURAS DE PRIMAVERA.

 PARA LER NAS VACACIÓNS...

Como cada trimestre deixámosvos o boletín Leria de lecturas recomendadas para que desfrutedes nas vacacións. Lembrade que Para viaxar lonxe, non hai mellor nave que un libro (Emily Dickinson).

21/03/24

DÍA DA POESÍA.

 UN RECITAL POR TODO O ALTO!

Coincidindo co inicio da estación da primavera, o noso alumnado xunto co da ACEESCA e do Antonio Palacios ten participado nun recital de poesía no parque Alba de Torneiros. Así, nenos e nenas de diversos cursos dos tres centros citados teñen amosado a súa creatividade coas poesías que teñen recitado. Uns futuros literatos sen dúbida!




19/03/24

MALETA VIAXEIRA CFR DE VIGO.

 MUNDO ACUÁTICO E CAMBIO CLIMÁTICO...

Temos feito rular a última maleta viaxeira do CFR de vigo que versou sobre mundo acuático e cambio climático. a maleta tivo unha gran acollida entre o alumnado! aquí o podedes ver:


18/03/24

BIBLIOTECA CREATIVA.

Segunda RONDA!

A maleta de biblio creativa ten iniciado a segunda ronda polas aulas de Educación Infantil e segue tendo un gran éxito... Aquí tendes unha mostra:

15/03/24

CLUB DE LECTURA.

Terceiro DE PRIMARIA E RUBICUNDO...

O alumnado de 3º de Primaria estivo lendo e preparando unha exposición sobre o libro "Rubicundo". Así, prepararoon tarxetas visuais co resumo que fixeran do libro e conseguiron facer unhas exposicións moi interesantes...
Aquí tendes unha mostra:





.

13/03/24

LECTURA E FAMILIAS.

 RIBECÓMIC CONCLUÍDO!

A primeira actividade do programa "Lectura e Familias" foi todo un éxito. Así, todas as clases teñen participado con axuda das familias teñen participado na elaboración de diferentes cómics elaborados polos nenos/as e as súas familias. Os Ribecómics están pegados por todas as paredes dos corredores do cole. Que ben quedaron! 

Aquí tendes unha mostra...

11/03/24

CLUB DE LECTURA.

 ANIMALADAS NA AULA DE 5 ANOS!

A aula de 5 anos estivo traballando co conto "Animaladas" e o alumnado fixo unha serie de actividades enmarcadas dentro do programa Club de lectura. Que ben o pasaron!

08/03/24

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.

UN MURO POLO 8M...

Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, desde o equipo de Dinamización da Lingua Galega tense proposto a elaboración dun muro do que cada clase elaborase un ladrillo no que resumise información dunha muller galega destacada. Mesmo se teñen realizado algunhas exposicións orais!
O muro representa os obstáculos que as mulleres tiveron e, desgrazadamente, seguen tendo na actualidade na loita pola igualdade cos homes.
Velaquí tendes o resultado...

04/03/24

SEMANA DA PRENSA.

 O RIBEDIARIO DE TORNEIROS

Con motivo da conmemoración da Semana da Prensa,  todos os nenos/as do cole, xunto cos seus titores/as e especialistas teñen elaborado diversas noticias que logo foron incluídas nun xornal que amosamos a continuación O resultado foi ben interesante...

01/03/24

CLUB DE LECTURA.

UN KAMISHIBAI DE "O CAZO DE LORENZO".

A clase de 2º de Educación Primaria ten preparado e representado un kamishibai do conto "O cazo de Lorenzo" de Isabelle Carrier, a todas as clases do cole. Tod@s desfrutamos do seu esforzo. Aquí tendes unha mostra:




E un vídeo ilustrativo...