29/06/12

Videoclip "Son Ribeira"

Por iso, porque todos somos Ribeira, ou da Ribeira, fixemos este vídeo durante o curso escolar, dende os máis pequenos ata os máis grandes. Por iso e porque entre estudos, libros e traballo aínda somos capaces de disfrutar, bailar e rir.
Grazas a todos e todas, e especialmente ós profes de Plástica e Música que o fixeron posible!


22/06/12

Lémonos en setembro!

Xa, por fin, vai chegando ese merecido descanso para alumnado, profes e persoal do centro, e osquelemos tamén descansaremos para voltar en setembro con novas e mellores historias.

Este foi un curso intenso, de moito traballo na biblioteca, pero tamén con moitas satisfaccións. A todos os que estivechedes aí, lendo e compartindo libros, moitas grazas; que o verán vos traia moita ledicia e moitas letras de tódalas cores!

Como regalo de despedida deixámosvos este vídeo do IES Chano Piñeiro, de Forcarei, que nos gustou moito. E esperamos poder colgar aquí dentro de pouco os vídeos que fixemos este ano (os recitais de Lorca e de "Como debuxar un paxaro", e o lipdub no que participou todo o centro).

Non esquezades que tedes os boletíns de verán da biblioteca, coas lecturas recomendadas, tamén aquí no blogue.


Feliz e longo verán a todos e todas!





LER NON É CLANDESTINO


Entrar na biblioteca
momentos de pracer
só con coller un libro
para soñar e ler.

Vencidos por un dragón
doutra civilización
buscando asasinos
que mudan a súa pel.

Unha paixón constante
un romance sen final
do amor ser un cativo
antes de te conquistar.

Son un náufrago no mar
Pantasma ou Supermán
mil seres diferentes
todos no mesmo lugar.

Entrar na biblioteca
porque sempre quero ler
viaxar mundo distintos
en barco, nave, avión ou tren.

Bosques, ríos a salvar
de caza ou en alta mar
por selvas e desertos
todo iso agochado está.

Eu son libre: con un libro!
Ti es libre: con un libro!
El é libre: con un libro!
A lectura é ideal!

Entrar na biblioteca
quixera non pensar
a mellor das escollas
para se relaxar.

Unha vida e outras cen
sorrisos de papel
todo iso está nos libros
e logo ti por que non les?

Arríscate: colle un libro!
Aventúrate: colle un libro!  
Anímate: colle un libro!
A lectura é ideal!

21/06/12

Lecturas para o verán - 2º ciclo da ESO

QUINTIÁ, Xerardo. Hotel Cidade Sur. Vigo: Galaxia, 2012. ISBN 978-84-9865-413-4.
Entre novos edificos e leiras semiabandonadas, nas marxes esquecidas dun mundo urbano que comeza a amosar os dentes da explotación, sitúanse as oitos historias que compoñen este libro. Coa atención posta no fracaso e a inxustiza, coma se a literatura fose a derradeira oportunidade para que estes personaxes non se ensuman de vez na néboa, estes relatos deixan ver as consecuencias da explotación.
As oito historias que compoñen Hotel Cidade Sur analizan a realidade de oito personaxes que aboian nun espazo situado entre o rural e o urbano, nos arrabaldes dunha capital de provincia. Historias da mocidade desnortada, do proletariado simbiótico que perde o seu sitio na aldea e tampouco non o encontra na cidade.
Personaxes anónimos cunhas vidas baixo mínimos que tratan de comprenderse, de botar luz sobre si mesmos e sobre as circunstancias que os contemplan: un adolescente acabado de chegar á cidade, un músico que acode ao enterro dun dos compoñentes da banda na que tocou cando era novo; un home chamado Romeu que atropela a unha muller chamada Xulieta, un mozo que soña con ser poeta, as derradeiras horas na vida do escritor Raymond Carver… oito "vidas cruzadas", oito historias contadas cunha linguaxe concisa e directa que, ganduxando os fíos da sinxeleza e a transparencia, crean un tecido de sutil e contida emotividade.

Entrevista co autor.




NEIRA VILAS, Xosé. Esperando o leiteiro. Vigo: Galaxia, 2012. ISBN  978-84-9865-421-9.
O neno labrego xa non é un neno, pero tampouco un home resabiado. É un mozo de dezanove anos, a mediados dos anos 50, a piques de marchar para as Américas que perdeu o coche de liña que debería achegalo a Santiago, onde collería o tren a Vigo para poder chegar a embarcar para o outro lado do océano.
Mentres agarda, fai un reconto da súa vida. O resultado é Esperando o leiteiro.
Nesta crónica dun mundo que perdemos, escrita cunha lingua vizosa e chea de autenticidade, Neira Vilas evoca con pluma maxistral as vivencias dun mozo de dezanove anos que, na década de 1950, marcha para as Américas empurrado polos que estaban alá e pola escaseza do que tiña aquí. A novela é testemuño dun mundo que se foi, o da aldea, cos seus atafegos e traballos, o seu universo, os seus costumes, a súa fala, mundo que Neira Vilas narra a través dun monólogo sen interrupcións feito coas lembranzas e coas arelas do protagonista.



CAAMAÑO, Begoña. Morgana en Esmelle. Vigo: Galaxia, 2012. ISBN 978-84-9865-412-7.
Logo do Ano Cunqueiro, Begoña Caamaño consegue propoñer unha ollada diferente sobre o mundo do rei Arturo e a Terra de Miranda. Son os remorsos e as culpas sentimentos que nos acompañan toda a vida? Temos acaso dereito a esquecer os danos causados polas nosas decisións? Con preguntas semellantes, a chegada de Morgana racha a aparente serenidade coa que Merlín vive na fraga de Esmelle. Na novela de Begoña Caamaño, a medio irmá e amante de Artur entra na casa de Miranda en procura de respostas á súa infelicidade.
Coa súa dor e coas lembranzas de Merlín vaise tecendo o fío da memoria ata descubrir as razóns últimas da ruína de Avalon e da caída de Camelot. Morgana en Esmelle é unha reflexión en torno á responsabilidade de asumir as consecuencias non desexadas de cada un dos nosos actos. Un debate sobre a necesidade de adoptar compromisos incómodos e implicarse nos momentos históricos.
Reseña do libro no Faro de Vigo.



WOLFF, Isabel. Una pasión vintage. Barcelona: Lumen, 2011. ISBN 9788426419040.
Los vestidos vintage esconden secretos que resumen una vida entera. Eso lo sabe muy bien Phoebe Swift, que a los treinta y tres años renuncia a su puesto de trabajo en una prestigiosa galería de arte para abrir una tienda de ropa y accesorios de otros tiempos en un suburbio de Londres.
Un día Phoebe visita a Thérèse, una anciana francesa dispuesta a vender su fabulosa colección de vestidos, a excepción de una prenda: un abrigo de niña azul. Las dos traban amistad y finalmente Thérèse, gravemente enferma, decide revelar la historia del abrigo. Entre vestidos espléndidos, cálidos gestos de amistad y tragedias imposibles de olvidar, discurre esta hermosa novela que, cosiendo retales del pasado, da un nuevo valor a nuestro presente.

 
LEVY, Marc. Ojalá fuera cierto. Barcelona, Rocabolsillo, 2008. ISBN 978-84-9283-381-8.
Lauren lleva meses en coma después de haber sufrido un tremendo accidente de tráfico. Los medicos la mantienen artificialmente con vida esperando a que un milagro la haga responder, pero el milagro no llega. Por ello, la familia de Lauren pone su apartamento en alquiler y el nuevo inquilino, Arthur, se muda sin más demora. Lo que no se imagina es que se verá obligado a compartirlo con alguien que solo él puede ver. Y es que en su afán de aferrarse a la vida, Lauren ha conseguido formar parte de la cotidianeidad sin ser vista. Superado el shock de encontrar un fantasma en casa, Arthur convierte a Lauren en el centro de su vida, en su razón de existir. Un amor que no entiende de convencionalismos y que la mayoría no puede comprender. 
En este libro se basó la película Just like heaven


COLLINS, Suzanne. Los juegos del hambre. Barcelona, RBA libros, 2009. ISBN 9788498675399.
Es el primer libro de la trilogía de Los juegos del hambre. La protagonista de dieciséis años, Katniss Everdeen, vive en un mundo post-apocalíptico donde un gobierno -llamado el Capitolio- tiene el poder después de varios desastres devastadores. En el libro, "Los Juegos de Hambre" son un evento anual televisado por el gobierno, el cual selecciona al azar un niño y una niña de entre 12 y 18 años de cada uno de los doce distritos de los alrededores del Capitolio para hacerlos competir en una batalla televisada, y en la que solo uno podrá sobrevivir.

Descarga aquí el primer capítulo. Y en los cines, la película (que dicen que no está a la altura del libro...).



BRADBURY, Ray. Fahrenheit 451. Vigo: Xerais, 2005. ISBN 978-84-9782-310-4.
En Fahrenheit 451, Bradbury (recentemente falecido) preséntanos un estrano mundo no que os bombeiros teñen a misión de queimar os libros por orde do goberno; ler, para eles, impídenos ser felices, pois énchenos de anguria e fainos querer ser diferentes. O libro é unha crítica á censura que había nos EEUU nos anos cincuenta e ás queimas de libros na Alemaña nazi. O título fai referencia á temperatura a que arde o papel.
Cara ó final do libro, o protagonista atópase cos chamados homes-libro: académicos que viven agochados nos bosques e que teñen memorizado un libro para poder transmitilos de xeito oral e volver imprimilos cando haxa liberdade. 
Le aquí un fragmento en castelán.
Primeiras páxinas da versión en cómic e prólogo do autor.



20/06/12

Lecturas para o verán - 1º ciclo da ESO

O verán é un tempo fantástico para sumerxirnos na lectura coma non podemos o resto do ano. Osquelemos e a biblioteca queren darvos unhas poucas recomendacións por se non sabedes que ler este verán:

AMEIXEIRA, Daniel. A torre das Lavercas. Vigo: Xerais, 2012. ISBN 978-84-9914-343-9.
 "A Torre das Lavercas era unha casa cunha cheminea moi grande e papá puxéralle ese nome porque había moitos niños de lavercas nos arredores. Eu tiña seis anos cando marcharamos dela, e dende aquela xa cambiaramos de casa outra vez máis. Agora estábamos a recoller as cousas para outro novo cambio, iamos a outro barrio da cidade. Xa na nova casa, o meu pensamento aquela primeira noite ía unha e outra vez á Torre das Lavercas; necesitaba volver, era coma se nela houbese algo importante para min. Ao final meu pai levoume ata a Torre. O meu cuarto seguía igual, pero algo xurdiu en min, supoño que había dores que levaba moi dentro e que necesitaba botar fóra, e comecei a chorar. Foi entón cando escoitei aquela voz: —Por favor, non chores. Un calafrío percorreu o meu corpo."
 

CASALDERRREY, Fina e CASTRO, Francisco. O neno can. Vigo: Galaxia, 2012. ISBN 978-84-9865-431-8.
O neno can é un libro de relatos nos que quixeron abordar asuntos relacionados cos dereitos da infancia, ou máis ben, coa falta de dereitos básicos que unha parte moi importante dos nenos e nenas do mundo padecen hoxe en día. Así, cóntannos historias deses cativos que teñen que sobrevivir remexendo nos colectores de lixo; a epopea desas nenas obrigadas a casar con homes adultos cando aínda nin deixaron as bonecas; a discriminación de quen é diferente por calquera motivo e así carne de canón social. O neno can é un libro a favor de UNICEF, así, cada un dos contos é introducido cunha interpretación dos artigos da Convención dos Dereitos dos Nenos/as, que logo veremos vulnerado na historia que nos relatan. Igualmente, péchase cada un deles cunha cita. Preséntase cunha coidada edición, nun formato que o afasta dun típico libro de contos, e agocha unha brincadeira dos autores nas lapelas. Mírese por onde se mire, estamos ante un libro diferente.





FERNÁNDEZ-VIDAL, Sonia. Quantic love. Ed. La Galera, 2012. ISBN 9788424641702.

En el CERN, el centro de investigación más avanzado del mundo, entre experimentos de viajes en el tiempo y de teletransportación, entre partículas que superan la velocidad de la luz y otras que revelan el origen del Universo, la joven Laila se enfrenta al mayor misterio que existe: cómo decidir entre dos amores. Por un lado, Alessio, un atractivo periodista; y, por otro, Brian, un cerebral científico que oculta un gran secreto.
Quantic love es una novela entretenida, ideal para las tardes del verano. Una escritura sencilla y amena, con toques científicos, nos introducirán en el mejor verano de la vida de Laila. Sin duda, un libro estupendo para descubrir que incluso la ciencia puede ser interesante y divertida. 

Descarga el primer capítulo en este enlace.
Web del libro.


ORWELL, George. Rebelión en la granja. Barcelona: Ed. Libros del zorro rojo, 2010. ISBN 978-84-92412-77-8.

El libro cuenta la historia de la granja Manor cuyo dueño, el señor Jones, es aficionado a la bebida y descuida a los animales. Estos se reúnen a escuchar el discurso del que consideran el animal más sabio de la granja, el cerdo Viejo Mayor. Mayor les habla de su sueño de libertad donde todos los animales serán iguales y tendrán los mismos derechos y les dice que para conseguir ese sueño, deben librarse del yugo opresor de los humanos.
La novela es una ácida sátira del régimen comunista ruso y un análisis de la corrupción que engendra el poder.
Esta edición tiene más de 50 magníficas ilustraciones del artista Ralph Steadman.















ST. JOHN, Laurent. Secuestro en el Caribe. Bambú editorial, 2012. ISBN 978-84-8343-171-9.

Imaginad que ganáis un crucero al Caribe con estancia en una isla paradisíaca. Pues el sueño se ha hecho realidad, y Laura acaba de ganar unas increíbles vacaciones que, sin embargo, podrían costarle la vida. Lejos de su casa, la joven detective se embarca en una aventura trepidante en la que no faltan tiburones hambrientos y temibles piratas.
Este libro pertenece a la serie de Laura Martin, la detective más joven de la literatura.

19/06/12

Música para o verán

No boletín da biblioteca que dentro de pouco chegará ás vosas mans atoparedes consellos de lectura para o verán. Pero como non só de lectura viven os humans, tamén vos recomendamos algo de música:

MACACO. "El murmullo del fuego"








LUAR NA LUBRE. "Mar maior"









BERROGÜETTO. "O pulso da terra" (libro coa historia do grupo, CD e DVD).







E durante esta semana, máis recomendacións!

18/06/12

Se queredes ler este verán...

Os que durante o ano tedes cumpridos os prazos e as normas da biblioteca, podedes pasar estes días durante o recreo para levar libros para o verán (ata un máximo de 5 libros por persoa).
Quedades avisados!


A vista de paxaro

Nalgún momento da nosa vida, algún profe (especialmente os de idiomas) pídenos que fagamos un plano da nosa casa ou da nosa habitación, a que si? Ás veces custa un pouco facelo, porque non estamos acostumados a imaxinar como se ven as cousas dende arriba.

O fotógrafo alemán Menno Aden ten unha serie de fotografías de habitacións, salóns e espacios públicos vistos dende arriba que son, como mínimo, sorprendentes. A serie chámase "Room portraits":




15/06/12

Quantic love - Pág. 99

FERNÁNDEZ-VIDAL, Sonia. Quantic love. Barcelona: La Galera Editorial, 2012. ISBN 978-84-246-4170-2.

"Me parecía increíble que aquel jeta hubiera intentado besarme, hacía menos de una hora, y que ahora se quedase ligando con mi compañera delante de mis narices. Estaba claro que, al lado del bellezón con el que compartía cuarto, yo me volvía invisible.
Decepcionada, me senté ante el escritorio de Angie y encendí su ordenador para ver la hora. Pasaban veinte minutos de la una. Me desvestí y me puse el pijama. Luego volví al escritorio y miré de nuevo el reloj. Ya eran y media.
Para entretenerme, abrí el navegador y me metí en la intranet del CERN-Market, donde los residentes venden sus muebles y coches usados, ya que siempre hay investigadores llegando y partiendo. Algunos anuncios eran realmente chocantes.

VENDO SOFÁ ROJO DE IKEA SEMINUEVO YA DESMONTADO
Advertencia I: Falta un tornillo
Advertencia II: Puesto que este producto es 100% materia, en el caso de que entrara en contacto con antimateria, ocurrirá una explosión catastrófica para el sofá y su ocupante. Se declinan responsabilidades pod dicha situación.
Advertencia III: Se avisa al comprador que, en realidad, este producto consta de un 99,9999999999% de espacio vacío.

Me reí al recordar el ejemplo que me había puesto Angie una semana antes: "si el núcleo del átomo fuese una pelota de ping-pong y la colocásemos en el centro de un campo de fútbol, los electrones serían más pequeños que la punta de un alfiler y estarían dando vueltas por las gradas. El resto está complemente vacío, como la cabeza de los tíos".
Brian lo había explicado de un modo más dulce: "si tomáramos todos los átomos que forman la humanidad y les quitásemos el espacio vacío, juntando los núcleos y los electrones, cabríamos todos en un terrón de azúcar".
Depués de leer muchos anuncios, aquella estrategia de autodistracción dejó de funcionar. Habían pasado ya cuarenta y cinco minutos y mi compañera de cuarto no había vuelto.
Cerré la tapa del portátil, apagué las luces y me tumbé en la cama con la mosca detrás de la oreja.
No entendía por qué me molestaba tanto que Alessio ligase con Angie. Le había rechazado aquella misma noche y llegado a la conclusión de que sentía algo muy fuerte por Brian. Entonces, ¿por qué me carcomían los celos y cronometraba el tiempo que llevaban juntos?".

13/06/12

Con diez cañones por banda

...viento en popa, a toda vela,
no cruza el mar, sino vuela,
un velero bergantín.

Estes versos son da famosa "Canción del pirata", de José Espronceda, que o alumnado de apoio da ESO gravou o curso pasado con este resultado tan bó:







Moitas grazas á profe Cristina por ensinarlles o poema, por gravalos, e por compartir con nós a gravación!  

A petición dalgúns dos que aparecen no vídeo, este foi eliminado de youtube. Podedes velo na biblioteca.

12/06/12

A catedral verde

Como ben sabedes, a raíña Elizabeth II, do Reino Unido*, vén de celebrar o seu 60 aniversario no trono. Para celebralo, houbo e hai eventos por todo o país, pero poucos chaman tanto a atención coma o decorado deste:


Si, non é unha montaxe: é un cura cortando a herba dentro dunha catedral gótica! Trátase da catedral de York (York Minster), unha das catedrais góticas máis grandes de Europa, e dentro dela instalaron auténtico céspede (uns 5000 m2):


O motivo de tal instalación foi unha cea de luxo para 900 persoas, que dende logo tivo un escenario excepcional. Con ela recadáronse cartos para a fundación York Minster.



Como é probable que nunca vexamos tal cousa en vivo e en directo, deixámosvos unha foto máis e os enlaces ó artigo de My Modern Metropolis, con máis fotos, e ó vídeo da instalación.



*Elizabeth II é raíña do Reino Unido, de Antiga e Barbuda, Australia, Bahamas, Barbados, Belice, Canadá, Granada, Xamaica, Nova Celandia, Papúa Nova Guinea, Saint Kitts e Nevis, Santa Lucía, San Vicente e Granadinas, Illas Salomón e Tuvalu.

11/06/12

As pirámides, en 3D

Neste enlace tedes acceso a unha nova web que nos permite percorrer as pirámides, por dentro e por fóra, en 3D, un xeito barato e cómodo de viaxar a Exipto sen sufrir o calor que fai alí!

Necesitades un ordenador con Windows e 2 gb de RAM. Para velo cun Mac, tedes instruccións aquí.

Esta é unha mostra do que podemos ver:





Coidado, que din que engancha!

08/06/12

Fahrenheit 451 - Pág. 99

BRADBURY, Ray. Fahrenheit 451. Barcelona: Minotauro, 2009. ISBN 84-507-1168-1.

 "—Anoche te portaste de un modo muy extraño.
Mildred regresó canturreando.
—¿Dónde está la aspirina?
—¡Oh! —La mujer volvió al cuarto de baño—. ¿Ocurrió algo?
—Sólo un incendio.
—Yo pasé una velada agradable —dijo ella, desde el cuarto de baño.
—¿Haciendo qué?
—En la sala de estar.
—¿Qué había?
—Programas.
—¿Qué programas?
—Algunos de los mejores.
—¿Con quién?
—Oh, ya sabes, con todo el grupo.
—Sí, el grupo, el grupo, el grupo.
Él se oprimió el dolor que sentía en los ojos y, de repente, el olor a petróleo le hizo vomitar.
Mildred regresó, canturreando. Quedó sorprendida.
—¿Por qué has hecho esto?
Montag miró, abatido el suelo.
—Quemamos a una vieja con sus libros.
—Es una suerte que la alfombra sea lavable. —Cogió una escoba de fregar y limpió la alfombra—. Anoche fui a casa de Helen.
—¿No podías ver las funciones en tu propia sala de estar?
—Desde luego, pero es agradable hacer visitas.
Mildred volvió a la sala. Él la oyó cantar.
—¡Mildred! —llamó.
Ella regresó, cantando, haciendo chasquear suavemente los dedos.
—¿No me preguntas nada sobre lo de anoche? —dijo.
—¿Sobre qué?
—Quemamos un millar de libros. Quemamos a una mujer.
—¿Y qué?
La sala de estar estallaba de sonidos.
—Quemamos ejemplares de Dante, de Swift y de Marco Aurelio.
—¿No era éste un europeo?
—Algo por el estilo.
—¿No era radical?
—Nunca llegué a leerlo.
—Era un radical. —Mildred jugueteó con el teléfono—. ¿No esperarás que llame al capitán Beatty, verdad?
      —¡Tienes que hacerlo!
—¡No grites!
—No gritaba. —Montag se había incorporado en la cama, repentinamente enfurecido, congestionado, sudoroso. La sala de estar retumbaba en la atmósfera caliente—. No puedo decirle que estoy enfermo.
—¿Por qué?
«Porque tienes miedo», pensó él. Un niño que se finge enfermo, temeroso de llamar porque, después de una breve discusión, la conversación tomaría este giro «Sí, capitán, ya me siento mejor. Estaré ahí esta noche a las diez.»
—No estás enfermo —insistió Mildred.
Montag se dejó caer en la cama. Metió la mano bajo la almohada. El libro oculto seguía allí.
—Mildred, ¿qué te parecería si, quizá, dejase mi trabajo por algún tiempo?
—¿Quieres dejarlo todo? Después de todos esos años de trabajar, porque, una noche, una mujer, y sus libros…
—¡Hubieses tenido que verla, Millie!
—Ella no es nada para mí. No hubiese debido tener libros. Ha sido culpa de ella, hubiese tenido que pensarlo antes. La odio. Te ha sacado de tus casillas y antes de que te des cuenta, estaremos en la calle, sin casa, sin empleo, sin nada.
—Tú no estabas allí, tú no la viste —insistió él—. Tiene que haber algo en los libros, cosas que no podemos imaginar para hacer que una mujer permanezca en una casa que arde. Ahí tiene que haber algo. Uno no se sacrifica por nada."

Primeiras páxinas do cómic e prólogo do autor.