Nalgún momento da nosa vida, algún profe (especialmente os de idiomas) pídenos que fagamos un plano da nosa casa ou da nosa habitación, a que si? Ás veces custa un pouco facelo, porque non estamos acostumados a imaxinar como se ven as cousas dende arriba.
O fotógrafo alemán Menno Aden ten unha serie de fotografías de habitacións, salóns e espacios públicos vistos dende arriba que son, como mínimo, sorprendentes. A serie chámase "Room portraits":
Ningún comentario:
Publicar un comentario