12/06/12

A catedral verde

Como ben sabedes, a raíña Elizabeth II, do Reino Unido*, vén de celebrar o seu 60 aniversario no trono. Para celebralo, houbo e hai eventos por todo o país, pero poucos chaman tanto a atención coma o decorado deste:


Si, non é unha montaxe: é un cura cortando a herba dentro dunha catedral gótica! Trátase da catedral de York (York Minster), unha das catedrais góticas máis grandes de Europa, e dentro dela instalaron auténtico céspede (uns 5000 m2):


O motivo de tal instalación foi unha cea de luxo para 900 persoas, que dende logo tivo un escenario excepcional. Con ela recadáronse cartos para a fundación York Minster.



Como é probable que nunca vexamos tal cousa en vivo e en directo, deixámosvos unha foto máis e os enlaces ó artigo de My Modern Metropolis, con máis fotos, e ó vídeo da instalación.



*Elizabeth II é raíña do Reino Unido, de Antiga e Barbuda, Australia, Bahamas, Barbados, Belice, Canadá, Granada, Xamaica, Nova Celandia, Papúa Nova Guinea, Saint Kitts e Nevis, Santa Lucía, San Vicente e Granadinas, Illas Salomón e Tuvalu.

Ningún comentario: