28/02/13

Fotografía de famosos en mosaico

O fotógrafo italiano Maurizio Galimberti é un mago da Polaroid (a famosa foto instantánea, que a propia cámara imprime nada máis facela). Con elas fai uns retratos de mosaico sorprendentes. Deixámosvos o de Johnny Depp co consello de que vexades máis (Lady Gaga, George Clooney, Javier Bardem...)  neste enlace ou na súa web.


27/02/13

Paperman - A película da semana

EDITADO O 28 DE MARZO:
Disney vén de retirar este vídeo de Youtube e de Vimeo; seica despois de gañar o Óscar xa non lles fai falta promoción...
Se aparece nalgunha outra web, volveremos colgalo.
Sentimos as molestias.



O flamante gañador do Óscar 2013 á mellor curta de animación! A anécdota desta curta é que o productor foi expulsado da cerimonia de entrega dos Óscar por tirar avións de papel... coma o protagonista do filme.

Dirección; John Kahrs
Dirección artística: Jeff Turley
Producción: Kristina Reed, John Lasseter
Guion: Clio Chiang, Kendelle Hoyer
Música: Christophe Beck


Oscar Winner Paperman from Cris Izeppi on Vimeo.

26/02/13

Microrrelato: conflicto

Conflicto


Aquel tipo tenía dentro de sí un escritor bueno y un escritor malo que trabajaban a horas distintas. Aun así en los textos del malo se percibía finalmente un aliento de bondad, mientras que en los del bueno sonaba, cuando menos falta hacía, un estertor agónico procedente de la respiración del malo. Estaban tan cercar, en fin, que no podían dejar de influirse. Los lectores, según se colocaran en uno u otro lado de la identidad de aquel tipo, pensaban que se trataba de un mal escritor con aciertos geniales, o de un genio que se estaba echando a perder. Nadie, excepto el propio sujeto, advirtió nunca que aquel conflicto era el resultado del choque entre dos individuos diferentes que vivían en el mismo cuerpo y escribían con el mismo bolígrafo.

A ambos era preciso alimentar, así que el propietario del cuerpo leía bazofia para saciar el hambre del escritor malo y proteína pura, sin grasa, para mantener la línea del bueno. De este modo, el malo estaba cada día más gordo, mientras que el bueno se transformaba en pura fibra. Eso empeoró las cosas, pues si bien el aliento de bondad empezó a resultar más patente en los escritos del malo, los del bueno llegaban al público manchados de grasa, de manera que perdió a sus lectores o los sustituyó por meros consumidores. El malo, sin embargo, conquistaba día a día lectores de verdad, interesados en el proceso místico por el que la grasa aspiraba a convertirse en músculo.

El tipo habitado por estos dos artistas incompatibles veía con tristeza declinar el lado más noble de sí mismo y se sentía fracasado. Entonces dejó de leer estupideces para matar al malo de hambre y escribir una obra maestra. Pero el bueno, al perder ese estertor agónico, cayó en profundo abatimiento y se dio a la lectura de páginas con hidratos de carbono que destruyeron su gusto. Al poco, dejó de escribir.
Juan José Millás (de Cuentos a la intemperie)

Fotografía de Joel Robison



25/02/13

Rosalía


Onte, 24 de febreiro, celebramos o Día de Rosalía, polo aniversario do nacemento de Rosalía de Castro (1837-1885). Ademais, este é un ano especial, xa que van 150 anos dende a publicación de Cantares Gallegos, o primeiro libro escrito enteiramente en galego da época moderna. Hoxe queremos facer un homenaxe a esta obra tan importante na literatura galega.

Empezaremos por escoitar un dos poemas de Cantares Gallegos: Alborada, de Rosalía, na moderna versión de Carlos Núñez (2009) con Fernanda Takai:

Alborada
I
Vaite, noi-
te,—vai fuxin-
do.—Vente auro-
ra,—vente abrin-
do,—co teu ros-
tro,—que, sorrin-
do,—¡¡¡a sombra espanta!!!

¡Canta,
paxariño, can-
ta—de ponliña en pon-
la,—que o sol se levan-
ta—polo monte ver-
de,—polo verde mon-
te,—alegrando as her-
bas,—alegrando as fon-
tes!...

¡Canta, paxariño alegre,
canta!
¡Canta porque o millo medre,
canta!
Canta porque a luz te escoite,
canta!
Canta que fuxeu a noite.

Noite escura
logo ven
e moito dura
co seu manto
de tristura.
Con meigallos
e temores,
agoreira
de dolores,
agarimo
de pesares,
cubridora
en todo mal.
¡Sal...!

Que a auroriña
o ceu colora
cuns arbores
que namora,
cun sembrante
de ouro e prata
teñidiño
de escalrata.
Cuns vestidos
de diamante
que lle borda
o sol amante
antre as ondas
de cristal.

¡Sal...!
señora en todo mal,
que o sol
xa brila
nas cunchiñas do areal;
que a luz
do día
viste a terra de alegría;
que o sol
derrete con amor a escarcha fría.

Rosalía de Castro - Cantares Gallegos (1863)




Que rindamos homenaxe a Rosalía non é ningunha cousa rara: xa escritores da talla de Curros Enríquez escribiron para ela:

A Rosalía
Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.
E vina tan soia
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!

A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu…
Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!

Manuel Curros Enríquez - Aires da miña terra (1880)

Escoitemos este poema na versión de Xabier Díaz e Guillerme Fernández:



Non esquezades visitar a exposición sobre Rosalía que preparou a ANPA do centro, no exterior da biblioteca. Hoxe tamén recibiredes un pequeno agasallo relacionado con Rosalía, e seguiremos traballando nas aulas para o grande recital rosaliano que faremos en abril.

22/02/13

Reckless. Carne de pedra - Páx. 99

Funke, Cornelia. Reckless. Carne de pedra. Vigo: Xerais, 2010. ISBn 978-84-9914-161-9.

Contracuberta:
Jacob Reckless cometeu un erro: despois de moitos anos de precaución, seu irmán Will cruzou o espello e foi tras el… a un mundo no que os contos máis tenebrosos se volven realidade e no que a maldición dunha fada sementa carne de pedra.
Ese mundo foi fuxida e fogar para Jacob durante moitos anos e nel andou por fragas e outeiros na busca de obxectos máxicos para reis e emperadores.
Pero cando a pel de Will se transforma en xade, Jacob marcha na procura dunha única cousa. a menciña que salve a seu irmán.

"O tresdedos con cara de carniceiro foi a primeiro en falar. Aos humanos encantáballes poñer de líderes os homes equivocados. Hentzau podía ver a súa covardía tan claramente coma o acuoso azul dos seus ollos. Pero, despois de todo, contáralle algunhas cousas ben interesantes que a trilla non lle chegara a ensinar.
O goyl de xade non estaba só. Levaba unha moza canda el, e o que era máis importante: tiña, polo que parecía, un irmán a quen se lle metera nos miolos libralo do xade. Se o tresdedos estaba a contar a verdade, pretendía levar o goyl de xade onda a Fada Vermella. Non era parvada ningunha. Coma as outras fadas, esta desprezaba a súa irmá escura. Mais Hentzau estaba seguro de que ela non podería romper a maldición da irmá. A Fada Escura era moito máis poderosa ca as demáis.
Nunca un goyl vira a illa que habitaban as fadas, e moito menos puxera un pé nela. A Fada Escura protexía o segredo das súas irmás a pesar de que estas renegaran dela e todo o mundo sabía que só se atopaba o camiño se as fadas así o desexaban.
—Como quere dar con ela?
—Iso non o dixo! —tatexou o tresdedos.
Hentzau fíxolle un sinal á única muller soldado que o acompañaba. A el non lle compracía golpear carne humana. Podía matalos, pero evitaba tocalos. Nesser non tiña problema ningún con iso.
Deulle unha patada ao tresdedos no medio e medio da cara e Hentzau lanzoulle unha mirada de advertencia. Os humanos asasinaran a súa irmá, por iso axiña se lle ía a man. Durante un intre, Nesser mantívolle a mirada, obstinada, pero despois inclinou a cabeza. A todos eles estábaselles a pegar o odio como flegma sobre a pel.
—Non o dixo! —volveu tatexar o tresdedos—. Xúroo!"




20/02/13

El vendedor de humo - A película da semana

Esta película, El vendedor de humo, fixérona os alumnos dunha escola de animación valenciana e ten colleitado un montón de premios na súa curta vida. O máis recente e máis grande é o Premio Goya da Academia de Cine á mellor curta de animación.

Aquí está a película completa:


El Vendedor de Humo from PrimerFrame on Vimeo.
El Vendedor de humo es un cortometraje de Animación realizado integramente por los alumnos de www.PrimerFrame.com, promoción de Octubre de 2010.

http://WWW.PRIMERFRAME.COM

CHELO ANDREU - ANIMACIÓN/ MODELADO PJ Y PROPS
ÁLEX PUIG - ANIMACIÓN / MODELADO DE PJ / RIGGING
YOLANDA ÁGUILA - ILUMINACIÓN / MODELADO DE PROPS Y ESCENARIOS
FABIO CARMONA - ANIMACIÓN / MODELADO DE PJ Y PROPS / RIGGING
BORJA LÓPEZ-GALIANO - DISEÑO, MODELADO, TEXTURIZADO Y SHADERS DE PJ Y PROPS / ANIMACIÓN
JORGE MUÑOZ - ILUMINACIÓN /MODELADO PJ Y PROPS / ANIMACIÓN
ALEJANDRO MONREAL - FX / ANIMACIÓN / MODELADO PROPS / GUIÓN
JHONY CHAVESTA - ILUMINACIÓN / MODELADO DE PJ Y ESCENARIOS
JORDI AMPOSTA - ILUMINACIÓN / MODELADO DE PJ / MODELADO PROPS
MÓNICA RÍOS - ANIMACIÓN / DISEÑO Y MODELADO DE PJ Y PROPS
MAJO SILVA - ILUMINACIÓN / MODELADO DE PROPS Y ESCENARIOS / LAYOUT
MIGUEL ORREGO - ILUMINACIÓN / DISEÑO Y MODELADO DE PJ / RIGGING
MARÍA BARBADILLO - FX / ANIMACIÓN/ MODELADO DE PROPS / LAYOUT / GUION
MARTA RODRÍGUEZ - ANIMACIÓN / PRODUCCIÓN / MODELADO PJ/ DISEÑO Y MODELADO PROPS/ GUION
JUAN MORO - MODELADO Y TEXTURIZADO PROPS Y ESCENARIOS / RIGGING /EDICIÓN / LAYOUT
DAVID QUEROL - ANIMACIÓN / MODELADO PROPS Y ESCENARIOS / LAYOUT
SANTI BONO - FX/ MODELADO PROPS Y ESCENARIOS / LAYOUT
LAURA PORCAR - ANIMACIÓN / COMPO / LAYOUT YUI GÓMEZ - ANIMACIÓN / MODELADO DE PJ
BELÉN MARMANEU - ANIMACIÓN / MODELADO DE PJ
ANDRÉS SERRANO - MODELADO DE PROPS

JAIME MAESTRO - DIRECTOR
CARLOS ESCUTIA - PRODUCTOR
AITOR HERRERO - DIRECTOR DE ARTE
EDUARDO OLIDEN - SUPERVISOR ANIMACIÓN
ANA AMAT - SUPERVISIÓN ILUMINACIÓN
RAÚL COLOMER - SUPERVISIÓN DE FX
RUBÉN SOLER - SUPERVISIÓN GUIÓN
ANA PENADES – PRODUCCIÓN
TWELVE DOLLS- MUSICA Y SONIDO

19/02/13

Os Premios Goya




Neste curso no que temos o proxecto de cine, non podíamos deixar de facer caso ós gañadores dos Premios Goya da Academia de Cine.
Nesta ocasión había 3 grandes favoritas: Blancanieves (dirixida por Pablo Berger), Lo imposible (dirixida por Juan Antonio Bayona) e Grupo 7 (dirixida por Alberto Rodríguez). Finalmente, Blancanieves foi a gañadora con 10 galardóns (mellor película, mellor actriz protagonista, mellor guión...), seguida por Lo imposible con 5 (mellor director, mellores efectos especiais, mellor son...). Semella que 2012 foi o ano "blancanieves", pois houbo tres versións distintas (unha delas, a dirixida por Tarsem Singh, tédela na biblioteca).
O cine galego, que entre outras cousas presentaba a película de animación O apóstolo, non tivo sorte. No seu lugar, o premio á mellor película de animación levouno Las aventuras de Tadeo Jones.

Deixámosvos o enlace á listaxe completa de gañadores e os tráileres de Blancanieves e Lo imposible. Mañán, como película da semana, teremos a gañadora do premio á mellor curta de animación nesta edición dos Goya.




Neste enlace, un tráiler máis longo de Lo imposible (6:44)

18/02/13

E se nos mata un meteorito?


O venres pasou cerca da Terra un asteroide que os científicos levaban seguindo xa unha boa tempada. Dixeron que non había ningún risco porque pasaría relativamente lonxe, pero por casualidade caeu outro meteorito (ou un pequeno asteroide), de 17m de diámetro, en Rusia ese mesmo día. As imaxes e os vídeos son espeluznantes: a forza da explosión foi como 31 bombas atómicas (uns 500 quilotóns), destruiu as ventanas de 100.000 vivendas e hai uns 1.000 feridos, aínda que afortunadamente só un está grave.


O máis probable é que ningún de nós morra pola caída dun meteorito: as probabilidades son de 1 entre 40.000. Parecen poucas, a que si? O certo é que as probabilidades de que nos toque o bote do Euromillón desta semana son de 1 entre 116.531.800... e xogamos! (1)
Pois xa sabedes: é máis probable morrer polo impacto dun meteorito que gañar o bote do Euromillón!

Recomendámosvos que leades este interesante artigo titulado ¿Qué pasaría si un asteroide impactara contra la Tierra? de Ojocientifico.com

(1) Fonte: El País

15/02/13

Anna vestida de sangre - Pág. 99

BLAKE, Kendare. Anna vestida de sangre. Madrid: Santillana, 2012. ISBN 978-84-204-0012-9.

Contracubierta:
Esta ciudad huele a humo y a cosas que se pudren en verano. Está más encantada de lo que imaginé. Ahí fuera, en algún lugar, está lo que vine a buscar, un fantasma con fuerza suficiente para arrebatar el aliento de las gargantas de los vivos. Pienso de nuevo en ella. Anna. Anna vestida de sangre. Me pregunto qué trucos intentará. Me pregunto si será inteligente. ¿Flotará? ¿Se reirá o gritará? ¿Cómo intentará matarme?

"Estoy de nuevo frente a la casa de Anna. La parte lógica de mi cerebro me asegura que se trata solo de una casa. Que es lo que guarda en su interior lo que la convierte en algo terrorífico, perligroso, que no es posible que se esté inclinando hacía mí, como si me acechara entre los hierbajos. Es imposible que esté intentando despegarse de sus cimientos para tragarme entero, aunque lo parezca.

Detrás de mí, escucho un leve bufido. Me vuelvo. Tybalt tiene apoyadas las patas delanteras en la puerta del conductor del coche de mi madre y mira a través de la ventanilla.

—Esto no es una broma, gatito —no sé por qué mi madre me ha obligado a traerlo. No me va a ayudar. Cuando se trata de utilidad, parece más un detector de humo que un perro de caza. Al regresar a casa después de las clases, le conté a mi madre dónde pensaba ir y lo que había sucedido (omitiendo la parte en la que casi me matan y uno de mis compañeros del instituto acabó partido en dos), pero ella debió de presentir que le estaba ocultando algo, porque llevo una nueva capa de aceite de romero en la frente y me ha obligado a traer el gato. En ocasiones, pienso que no tiene ni idea de lo que hago. 

No me dijo mucho. Aunque siempre lo tiene ahí, en la punta de la lengua: pedirme que lo deje, recordarme que es peligroso y que hay gente que muere. Pero si yo no hiciera mi trabajo, morirían muchos más. Es la tarea que inició mi padre. Es para lo que nací, el legado que recibí de él, y esa es la verdadera razón por la que permanece callada. Ella creía en mi padre. Fue consciente de los riesgos, hasta el mismo día en que fue asesinado por lo que consideró otro fantasma más de una larga lista. Saco el cuchillo de la mochila y lo libero de su funda. Mi padre salió de casa una tarde con este cuchillo, igual que había hecho desde antes de que yo naciera. Y nunca volvió. Algo acabó con él. La policía nos visitó al día siguiente, después de que mi madre denunciara su desaparición. Nos dijeron que mi padre estaba muerto. Yo me escondí entre las sombras mientras ellos hacían preguntas a mi madre y finalmente un detective susurró sus secretos: el cuerpo de mi padre había aparecido cubierto de mordiscos; faltaban pedazos de su carne".

14/02/13

Año de nieves, año de bienes

Este entroido foi tempo de neves tanto na nosa terra como ó outro lado do Atlántico. A costa este de Estados Unidos sufriu unha gran tormenta de neve que deron en chamar Nemo. Deixámosvos unhas imaxes preciosas que tomou o fotógrafo Dustin Cantrell no famoso parque Central Park en New York, ateigado de neve (e podedes ver máis aquí):






Tódalas imaxes copyright de Dustin Cantrell. Visita a súa web.

08/02/13

Donde los árboles cantan - Pág. 99

GALLEGO, Laura. Donde los árboles cantan. Madrid: SM, 2011. ISBN 978-84-675-5003-0.

Contracubierta:
Viana, la única hija del duque de Rocagrís, está prometida al joven Robian de Castelmar desde que ambos eran niños. Los dos se aman y se casarán en primavera. Sin embargo, durante los festejos del solsticio de invierno, un arisco montaraz advierte al rey de Nortia y sus caballeros de la amenaza de los bárbaros de las estepas, y tanto Robian como el duque se ven obligados a marchar a la guerra. En tales circunstancias, una doncella como Viana no puede hacer otra cosa que esperar su regreso y, tal vez, prestar atención a las leyendas que se cuentan sobre el Gran Bosque, el lugar donde los árboles cantan.

"El invierno fue duro en toda Nortia, y a Viana le pareció particularmente largo y oscuro. Por las noches, en las que solo escuchaba el silbido del viento septentrional y los aullidos de los lobos, la muchacha recordaba la felicidad de tiempos pasados y se sentía víctima de una pesadilla de la que no podía despertar. El dolor y la pena oprimían su alma, de la misma forma que los espinos asfixiaban el torreón donde trataba de dormir en aquellas frías noches.
Por fin llegó la primavera, pero las cosas no mejoraron. Pronto pasó la fecha en que, de no haber sido por la invasión bárbara, Viana se habría casado con Robian. Y con ella se evaporaron sus últimas esperanzas. Lloraba a menudo, preguntándose qué habría hecho ella para merecer tal destino. Recordaba todos los momentos que habían pasado juntos: sus juegos infantiles, sus sueños de futuo, sus besos a escondidas. Le costaba imaginar que el maratvilloso Robian que ella conocía fuese el mismo joven que la había abandonado a su suerte. Revivía una y otra vez el momento en el que él la había entregado a los bárbaros, repasando cada gesto y cada palabra, en busca de algo que le hiciera concebir nuevas ilusiones . Pero siempre concluía  que todo era tal y como parecía: Robian había renunciado a luchar por ella.
No la amaba tanto como ella creía. Y, desde luego, mucho menos de lo que ella lo amaba a él. Eso en el caso de que él la hubiese querido alguna vez, cosa que empezaba a dudar.
Así, poco a poco, fue haciéndose a la idea de que su historia de amor había acabado para siempre. Y, a medida que su vientre y sus pechos se iban abultando con el relleno falso que Dorea le había proporcionado, las lágrimas acabaron por secarse y una nueva llama se encendió en su interior: la chispa del odio y la rabia empezaba a prender en ella".

06/02/13

A lúa - A película da semana

Dirección e guión: Enrico Casarosa
Música: Michael Giacchino

Estudio: Pixar
Ano: 2011
Duración: 6:54
Clasificación: todos públicos





Soe compensar ver se os DVD traen algún extra interesante. Os de Pixar, por exemplo, soen incluir algunha curta como a que vos recomendamos hoxe: A lúa, que aparece no DVD de Brave.
Foi nominada ó Óscar á Mellor Curta de Animación (que finalmente gañou Os fantásticos libros voadores do Sr. Morris Lessmore), e a verdade é que a nominación foi merecida, porque é unha curta preciosa.

Non imos contar nada dela porque simplemente queremos que a vexades e a disfrutedes.





05/02/13

Batalla de títulos: O neno do pixama a raias

Comezamos unha nova actividade na biblioteca para que nos contedes a vosa opinión sobre libros e películas. Queredes participar? Ide ó taboleiro exterior da biblio e cada mes atoparedes un título que foi publicado como libro e tamén levado ó cine. Decídenos cal das dúas versións preferides e por que... e quizáis haxa sorpresas!





No mes de febreiro, o título elixido é O neno do pixama a raias. Liches o libro e viches a peli? Cal prefires?
Esperamos a túa opinión!

04/02/13

Os + de 2012

Segundo a web de Fervenzas literarias, e tras as enquisas que fixeron ós seus lectores, estos son os mellores libros de 2012:
- Mellor libro de Narrativa de adultos para As voces baixas, de Manuel Rivas (Xerais).
- Mellor libro de Poesía para Calado testamento, de Xavier Rodríguez Barrio (Espiral Maior).
- Mellor libro de Ensaio para O rastro que deixamos, de Agustín Fernández Paz (Xerais).
- Mellor libro de Literatura dramática para o Banqueiros, de varios autores (Laiovento).
- Mellor libro de Banda Deseñada para Ardalén, de Miguelanxo Prado.
- Mellor libro traducido ao galego para adultos para Mr. Gwyn, de Alessandro Baricco (Galaxia).
- Mellor libro xuvenil para Palabras de auga, de Marcos Calveiro (Xerais).
- Mellor libro infantil para María Fumaça, de varios autores (Galaxia).
- Mellor libro traducido ao galego para público infantil e xuvenil para Lilus Kikus, de Elena Poniatowska, traducido por Teresa Moure (Trifolium).
- Autor do ano para Agustín Fernández Paz.
- Ilustrador do ano para Miguelanxo Prado.
- Mellor portada dun libro para adultos para Tonas de laranxa (Xerais).
- Mellor portada dun libro para público infantil e xuvenil para Palabras de auga (Xerais).
- Mellor editorial para Xerais.
- Mellor crítico/a para Armando Requeixo.
- O mellor acontecido para o Culturgal.
- O peor acontecido para a política cultural da Xunta.
- Mellor Libraría para a libraría Couceiro.
- Mellor medio de comunicación para Praza.
- Mellor blog para Brétemas, de Manuel Bragado.

E segundo Rede Libros, estes foron os mellores do ano:

- Editorial galega: Contos Estraños Editora.
- Obra literaria en galego: Os abismos da noite eterna I. O morador da fenda, de Roberto A. Rodrigues.
- Libro infantil e xuvenil en galego: O mundo secreto de Basilius Hoffman. Un faro na escuridade, de Fernando M. Cimadevila.
- Obra non literaria en galego: Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro, de Ramón Nicolás.
- Banda deseñada en galego: Ardalén, de Miguelanxo Prado.
- Banda deseñada en castelán: El héroe 2, de David Rubín.
- Autor en galego: Agustín Fernández Paz.
- Autor en castelán: Miguel Otero Furelos.
- Ilustrador: Iván Valladares.
- Tradutor: Tomás González Ahola.
- Libro mellor editado: Abecedario das mantenzas, de Fausto Galdo (Xerais).
- Mellor proxecto ou evento cultural: Contos Estraños.
- Libraría: Cartabón (Vigo).
- Blog: Criticalia, de Armando Requeixo.
- Crítico máis destacado: Armando Requeixo. 



Vedes que entre as dúas listas hai varias coincidencias:
 -  Mellor libro de Banda Deseñada para Ardalén, de Miguelanxo Prado.
 -  Autor en galego: Agustín Fernández Paz.
 -  Crítico máis destacado: Armando Requeixo. 

Tomamos (e tomade!) nota das recomendación, porque están feitas por xente que sabe do que fala!

01/02/13

O ceo dos afogados - Páx. 99

CASTRO, Francisco. O ceo dos afogados. Vigo: Xerais, 2007. ISBN 978-84-9914-190-9.

Contracuberta:
"Todos os delfíns de todos os mares, todos os delfíns de todos os océanos, todos os delfíns de todo o planeta decidiron xuntarse á mesma hora no mesmo punto de todos os mares, de todos os océanos de todo o planeta para dende alí avanzar cara á costa. Ás seis horas xustas de ter iniciado aquela estraña peregrinación, como chamados por unha orde misteriosa, pararon, todos de súpeto e de vez. Os científicos amosáronse abraiados diante do silencio, absoluto, en que ficaron instalados os golfiños en cousa de poucos segundos. Todos calados. Coma mortos. Coma á espreita. Coma afogados. Desde aquel intre, as fotografías que foron ofrecendo os satélites e as imaxes emitidas polas canles de televisión sobre o fenómeno resultaron, primeiro sorprendentes e logo arrepiantes: centos de miles de golfiños configuraban círculos case perfectos repartidos por toda a xeografía marítima planetaria. Ninguén sabía explicar que estaba pasando".

 "O corpo de Frank Lacoste apareceu desfigurado como se lle pasase por enriba unha manda de elefantes furiosa. A face estaba irrecoñecible e semellaba calquera cousa menos humana. Sabíase que era Frank Lacoste porque outro non podía ser aquel que chegou voando plástico e informe desde o mar, cos arneses de aceiro rotos e colgando; tiña que ser Frank Lacoste aquel que foi levantado metros e metros polos delfíns polo aire (algunhas testemuñas dixeron que uns dez metros aproximadamente) que berraban entolecidos mentres o lanzaban tal catapulta mariña. E sobre todo decidiuse que era Frank Lacoste porque levaba o seu mesmo traxe de mergullador, e os lentes de mergullador e o logotipo da Dolphin's Entertainment nas costas que levaba Frank Lacoste cando se meteu na auga para satisfacer a súa curiosidade de ricacho caprichoso con cartos e vicio. Pero de non ser por eses detalles, importantísimos e definitivos, o certo é que podería tratarse de calquera outro ser humano. Ou algo parecido a un ser humano. Tal era o grao de deterioración co que regresou desde as augas ao barco.
Faltáballe o nariz, claramente arrincado dun só tallo por unha trabada terrible. En distintas partes do corpo apareceron marcas de dentes de delfín moi nítidas. Os biólogos mariños confirmaron este dato. Os brazos, á altura dos ombreiros, e as pernas, á altura das inguas, estaban como arrincados e fóra do seu sitio de tal maneira que as catro extremidades penduraban, informes, debuxando ángulos imposibles. Era coma se os golfiños tirasen, agarrándoo, polos brazos e polas pernas en catro direccións diferentes, igual que os covardes agarran alguén para que outro poida mallar nel a gusto; era doado maxinar que así foron as cousas: que o colleron, prendido literalmente para non poderse mover, e que despois tiraron nas catro direccións desmembrándoo por completo e dándolle, xa que logo, un tormento atroz".