Amosando publicacións coa etiqueta película b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta película b>. Amosar todas as publicacións
28/02/19
20/10/16
O fogar de Miss Peregrine para nenos peculiares
Esta película de fantasía e aventuras, do aclamado director Tim Burton baséase nunha traxedia familiar que leva a Jacob, de 16 anos, a viaxar pola costa de Gales, onde descubre as ruínas do fogar para nenos
especiais de Miss Peregrine. Mentres explora as desvencelladas habitacións e corredores, decátase de que os rapaces que viviron alí (un deles foi o seu avó) eran excepcionais. Quizais eran perigosos, quizais
había unha boa razón para poñelos en coarentena nunha illa deserta;
mesmo podería suceder que aínda estiveran vivos.
Non recomendada para menores de doce anos.
19/02/14
Cuerdas
Cuerdas, de Pedro Solís. Premio Goya 2014 á mellor película de animación.
Dedicada a tódolos amigos especiais de nenos especiais.
09/12/13
Un adeus a Nelson Mandela
"En el curso de mi vida me he dedicado a la lucha del pueblo africano. He combatido la dominación blanca y he combatido la dominación negra. He promovido el ideal de una sociedad democrática y libre en la cual todas las personas puedan vivir en armonía y con igualdad de oportunidades. Es un ideal por el que espero vivir, hasta lograrlo. Pero si es necesario, es un ideal por el que estoy dispuesto a morir". Nelson Mandela
O pasado 5 de decembro morreu un deses hombres que están escritos con maiúsculas na historia da humanidade. Nelson Mandela foi o gran loitador da igualdade, incansable e sempre leal ás súas ideas. Tras pasar 27 anos no cárcere por pedir a igualdade para negros e brancos en Sudáfrica, recibiu o Nobel da Paz e foi elixido presidente do seu país, o primeiro presidente negro nun país no que os negros, cando el empezou a súa loita, non existían: nin siquera se "contabilizaban".
Hoxe Mandela é chorado, admirado e recordado en tódolos recunchos do mundo.
Para unirnos a ese homenaxe, traémosvos un artigo de Sami Naïr publicado en El País e recomendamos o visionado de varias películas (de entre as moitas posibles) para comprender un pouco mellor a vida de Mandela:
Invictus (2009), dirixida por Clint Eastwood e protagonizada por Morgan Freeman, narra os primeiros anos en Sudáfrica tra-la abolición do apartheid (sistema que segregaba negros e brancos), centrándose na Copa Mundial de Rugby de 1995.
Mandela, del mito al hombre (2013), documental dirixido por Justin Chadwick e estrenado o mesmo día da morte de Nelson Mandela, está baseada na súa autobiografía (O longo camiño á liberdade).
Grita libertad (1987), dirixida por Richard Attenbourough e protagonizada por Denzel Washington e Kevin Kline, non se centra na figura de Mandela senón na loita contra o sistema segregador sudafricano (apartheid). Baseada en feitos reais, é unha desas películas que todos deberíamos ver nalgún momento da nosa vida.
SAMI NAÏR: NUESTRA PARTE NEGRA
Hay muertos que no son como otros muertos, porque hay seres humanos
que no son como otros. Todavía somos, en nuestra inmensa mayoría,
supervivientes del siglo XX —un siglo en el que probablemente se hayan
cometido los peores crímenes desde finales de la Edad Media:
enfrentamientos salvajes entre imperios, guerras mundiales que han
destruido generaciones enteras, exterminios en masa de pueblos
dominados, holocausto contra los judíos, colonizaciones, experimentos
atómicos en pueblos inocentes de Japón, “equilibrio del terror”— hemos
visto de todo. Y es probable que no hayamos aprendido nada y que todavía
estén por llegar numerosos crímenes de masas. Y sin embargo hay
personas, centinelas de la humanidad, que atraviesan estos horrores y
salen de ellos siendo más humanos aún, más optimistas en cuanto al
futuro de la comunidad de los vivos. Estas personas son poco comunes y
Nelson Mandela, junto con el gran Gandhi, es de esas personas.Evidentemente no es posible medir lo que supone la pérdida de Mandela para el humanismo. Este hombre viene de un país en el que ser negro significaba ir al infierno desde el grito primario del nacimiento; creció en medio de un mundo fundado sobre la separación violenta de colores, donde el blanco dominaba en virtud de su tez y en el que el negro era condenado a la maldición en razón de su color; luchó en un partido político que quería que fuera para todos, negros y blancos, y que no reclamaba otra cosa que la igualdad de los humanos, independientemente de su género, su estatus social, su color. Y es por esto que era considerado el más peligroso de todos a ojos de los partidarios del apartheid. Peligroso porque quería un África del Sur fundada sobre la ley democrática de la mayoría y sobre el respeto a las minorías.
Acusado de haber fomentado atentados contra objetivos militares, será condenado en 1962 a cadena perpetua, encarcelado en condiciones espantosas en Robben Island durante 19 años, trasladado en 1981 a otro lugar en el que permanecerá 8 años más, convirtiéndose, tras 27 años de encarcelamiento, en uno de los presos más viejos del mundo, todo ello en nombre del odio que los blancos profesaban a las poblaciones negras de las que se valían en la explotación de minas de uranio y diamantes, y en las aterradoras fábricas que recordaban a las galeras. Negros hacinados en los shop towns, acotados en bantustanes de siniestra memoria, siempre separados de sus semejantes blancos, siempre despreciados, dominados, aplastados.
Pero Nelson Mandela, desde el fondo de su prisión, aguantaba. Se hubiera querido que incriminase a los blancos como género, que retomara por su cuenta la guerra de razas que le imponía el apartheid, que se convirtiera de este modo en vector de un racismo antiblanco; siempre se negó, respondiendo que no luchaba contra los blancos, sino por la libertad de blancos y negros, es decir, contra el sistema del apartheid, que hacía posible la dominación del blanco sobre el negro. Se hubiera querido que preconizase, a través del tercermundismo de los años 1960 y 1970 del siglo XX, la revolución violenta en África del Sur, pero se negó, argumentando que todos los partidarios de la abolición del apartheid, independientemente de sus elecciones ideológicas, debían poder reencontrarse en su partido, el African National Congress, para luchar juntos en torno a un único objetivo: la emancipación de los negros oprimidos, la salvación de los blancos alienados por el sistema del apartheid, puesto que, según él, los blancos también eran víctimas de su propia mirada racista y debían ser salvados.
Pero la grandeza, la inmensa grandeza de Mandela va más allá aún: una vez vencido el apartheid —gracias también a la inteligencia de Frederik De Klerk, jefe del Estado sudafricano, que había comprendido que aquel sistema, a la vez que engendraba la hostilidad de toda la humanidad, estaba muerto y que hizo adoptar en 1991 en el Parlamento sudafricano una legislación que abolía las leyes raciales— Mandela rechaza la venganza y se transforma en educador de su pueblo. Él, que había sufrido el martirio, dijo a los negros: “Si queréis un día olvidar el apartheid, debéis aprender a perdonar”; y a los blancos: “Si queréis un día ser perdonados, debéis olvidar vuestro apartheid”. Esta filosofía se encuentra en estado puro, como un diamante precioso, en todos los discursos, los actos, los sentimientos de la gesta mandeliana. Representa la más poderosa conjunción entre el deber de la memoria y la fuerza del perdón. ¿De qué lejana sabiduría surge? ¿De qué tradición religiosa emana su fuerza?
Le o resto do artigo aquí.
27/05/13
Fumos a Cans!
Si, nós tamén estivemos nese grandísimo festival de curtas que organizan os nosos veciños de Cans. O mércores 22, día da inauguración, ademais de visitar o pobo e coñecer de primeira man os galpóns e baixos onde se proxectan as curtas e onde se fan concertos e coloquios, tamén coñecimos ós paisanos que ceden os seus locais, como Dona Alicia. Tivemos a sorte de poder ver varias curtas e charlar con algúns directores, e ademais a TVG e a TVE estiveron a gravarnos. Xa somos (case) famosos!
No baixo de Moncho vimos O ano que saímos na CNN, "making of" do festival de Cans 2011; Conversa cunha muller morta, unha curta de Sonia Méndez; un capítulo da webserie Joke business, presentado por Déborah Vukusic; o videoclip de Un piatto, da Banda Crebinsky (rodado no Can Campus); e o tráiler do documental de Fraga y Fidel, sin embargo, presentado polo seu director Manuel Fernández-Valdés.
Deixámosvos varios vídeos que vos poden interesar:
1. Un resumo gráfico da visita feito pola profe Inés:
2. Telexornal da TVE no que saímos a partires do minuto 22.22:
Telexornal-Galicia - 22/05/13
3. Galicia Noticias, da TVG, no que sae o noso grupo e a entrevista a Alba Ledo (3º ESO), aínda que nos chaman "o instituto da Ribeira" ;-)
4. Telexornal de mediodía da TVG, no que saímos brevemente tanto de frente como de espalda
15/05/13
La guerra de los botones - A película de la semana
DIRECCIÓN: Christophe Barratier
GUIÓN: Christophe Barratier, Stéphane Keller (Novela: Louis Pergaud)
MÚSICA: Philippe Rombi
REPARTO: Guillaume Canet, Laetitia Casta, Kad Merad, Gérard Jugnot, Jean Texier, François Morel, Marie Bunel, Thomas Goldberg, Théophile Baquet
XÉNERO: Aventuras. Comedia. Drama | Infancia. II Guerra Mundial.
ANO: 2011
CLASIFICACIÓN: todos públicos
La guerra de los botones, do director de Los chicos del coro, é unha película que pretende gustar a públicos de tódalas idades, e consígueo pola variedade dos seus protagonistas. Conta a historia dun grupo de rapaces dun pequeno pobo francés que están enfrentados ós do pobo veciño. Entre eles xurde o que chaman a "guerra dos botóns", pois ese é o trofeo que se levan de cada batalla. Unha das protagonistas é unha rapaza recén chegada ó pobo para vivir coa súa madriña e que pronto se integra no grupo. Como telón de fondo está a invasión nazi (estamos na Francia ocupada de 1944) e a traxedia dos xudeus. As rivalidades entre os rapaces cambian cando un deles está en problemas.
A película ten escenas moi divertidas e pode proporcionarnos unha boa tarde de entretemento e, de paso, unha ocasión para falar de conflictos en xeral e do nazismo en particular.
Web sobre a película, con información e guías didácticas.

08/05/13
Wall-E, a película da semana
DIRECCIÓN: Andrew Stanton
GUIÓN: Andrew Stanton, Jim Reardon
MÚSICA: Thomas Newman
REPARTO: animación
XÉNERO: Animación. Ciencia ficción. Romance | Robots.
ANO: 2008
PREMIOS: Óscar á mellor longametraxe de animación (2008), Globo de Oro á mellor película de animación (2008), BAFTA á mellor película de animación (2008).
CLASIFICACIÓN: todos públicos
Wall-E é a historia dun robotiño que leva centos de anos só no planeta Terra, totalmente deserto (estamos no ano 2700). A pesares diso el sigue a facer aquelo para o que foi construido: limpar o planeta empacando o lixo que atopa. Wall-E bota en falta o calor do contacto con outros seres e soña, vendo vellas películas, con coller a man da súa amada. Un bó día, un robot de exploración, EVE, aparece na Terra... e ata aí podemos ler.
Wall-E é unha película entrañable na que a historia avanza moito máis do que poderíamos pensar lendo o resumo anterior, e mesmo fai unha crítica da sociedade na que vivimos e á que nos diriximos (cantas veces non vichedes a persoas totalmente absortas nos seus teléfonos móbiles en lugares de prestar atención ós que están ó seu arredor e facer unha vida social normal?). O tema do medioambiente, por suposto, é un dos pés sobre os que se apoia a película.
En definitiva, é unha peli moi completa, entretida, tenra, con aventuras, con humor, con amor... na que o robotiño gañarase o noso corazón teñamos a idade que teñamos.
Páxina web oficial da película, con imaxes, vídeos, xogos...
Tráiler:

24/04/13
Lo imposible - A película da semana
Título orixinal: The impossible
Dirección: Juan Antonio Bayona
Guión: Sergio G. Sánchez
Música: Fernando Velázquez
Reparto: Naomi Watts, Ewan McGregor, Tom Holland, Geraldine Chaplin, Oaklee Pendergast, Samuel Joslin, Dominic Power, Sönke Möhring, Olivia Jackson,
Xénero:Drama | Basado en hechos reales. Catástrofes. Familia. Supervivencia
Ano: 2012
País: España
Clasificación: non recomendada a menores de 12 anos
Premios: 5 Premios Goya, incluindo mellor director.
Esta película está baseada na historia real dunha familia española que viviu o tsunami que arrasou o Sueste Asiático en 2004 causando a morte de centos de miles de persoas. É unha historia moi dramática que reflicte tan só unha pequena parte da dor provocada polo tsunami, pois non toca nin siquera lateralmente a influencia que tivo o desastre nas vidas dos autóctonos da zona. Tanto os efectos especiais coma a interpretación dos actores son moi bos e fan que gocemos co visionado. A pesares de saber como acaba a película porque a historia desta familia saiu en tódolos medios, hai que ter a man unha boa ración de panos de papel!

17/04/13
A dama de ferro - A película da semana
Título orixinal: The iron lady
Dirección: Phyllida Lloyd
Guión: Abi Morgan
Música: Clint Mansell, Thomas Newman
Reparto: Meryl Streep, Jim Broadbent, Anthony Head, Richard E. Grant, Roger Allam, Olivia Colman,
Xénero:Drama | Biográfico. Política. Histórico.
Ano: 2011
Premios: Óscars á mellor actriz e á mellor caracterización (2012), Premio AACTA á mellor actriz (2012), Premio BAFTA á mellor actriz e mellor caracterización (2012), Globo de Ouro á mellor actriz (2012) e outros.
Clasificación: recomendada a maiores de 13 anos
Hoxe escollemos esta película porque se celebra en Londres o enterro de Margaret Thatcher, a que fora Primeira Ministra británica de 1979 a 1990, e que morreu o pasado 8 de abril. "A Thatcher", a quen todo o mundo chamaba "a dama de ferro", foi unha muller moi controvertida na súa época; aínda hoxe hai quen chora a súa morte e quen a celebra con champán. Ó seu favor hai que recoñecerlle a súa capacidade, o seu liderazgo e ter sido a única muller en dirixir o Reino Unido. Pola contra, Margaret Thatcher fixo unha política implacable que provocou que o país tivese máis parados que nunca e estes tivesen menos axudas que nunca.
A película arranca cunha Margaret Thatcher xa maior e con signos de demencia, e céntrase sobre todo na persoa e no alto prezo persoal que tivo que pagar pola súa carreira política. A dama de ferro era unha muller de orixe humilde que tivo que loitar contra tódolos prexuizos que lle impedían chegar alto nesa carreira: ser muller e ser pobre. Non falta quen critica que a súa imaxe na película é demasiado favorecedora, pero iso vai en gustos.
A actuación de Meryl Streep é estupenda, así coma o maquillaxe (como atestiguan os moitos premios que recibiron).
Non deixedes de vela se queredes afondar un pouco máis nunha das figuras máis influíntes do século XX e, a ser posible, en versión orixinal para comprobar o magnífico traballo que fai Meryl co acento e a dicción!

10/04/13
Por que desapareceron os dinosaurios? - A película da semana
Título orixinal: ¿Por qué desaparecieron los dinosaurios?
Dirección: Esaú Dharma, Mar Delgado
Guión: Esaú Dharma
Reparto: animación
Xénero: Animación. Ciencia ficción | Cortometraje (animación)
Duración: 3 min
Ano: 2011
Premios: 2011: Notodofilmfest: Mellor película de animación; 2012: Goya: Nominado a Mellor curtametraxe de animación
Unha curtametraxe claramente para adultos que podería ter sido filmada, en vez de animada, pero cun gasto moitísimo maior. Presenta un futuro imaxinario (o século XXII) no que a humanidade conta con avances científicos que fan a súa vida mellor... ou non. A curta, en definitiva, é unha invitación a soñar e imaxinar.
Podedes vela enteira:

20/03/13
13/03/13
El Havre: a película da semana
Dirección:
Aki Kaurismäki
Guión: Aki Kaurismäki
Música: varios autores
Reparto: André Wilms, Kati Outinen, Jean-Pierre Darroussin, Blondin Miguel, Elina Salo, Jean-Pierre Léaud, Evelyne Didil
Xénero: Comedia. Drama | Comedia dramática. Inmigración
Ano: 2011
Premios no 2011: Premios Cesar: 3 nominaciones: mejor película, director y diseño de producción; Festival de Cannes: Premio FIPRESCI (Sección oficial a concurso); Premios del Cine Europeo: 4 nominaciones, incluyendo mejor película; Critics Choice Awards: Nominada a Mejor película extranjera; Satellite Awards: Nominada a Mejor película de habla no inglesa;
Nominada Premios David di Donatello: Mejor película de la Unión Europea
Clasificación: todos públicos
Marcel Marx, un escritor bohemio, decide marchar a vivir na cidade francesa de Le Havre, onde traballa de limpabotas. A casualidade fai que un día se cruce cun rapaz africán que acaba de entrar no país de xeito ilegal. A partir dese momento, Marcel e os seus veciños intentan axudalo a escapar da policía e a chegar a Inglaterra, onde vive a súa nai.
El Havre é unha historia fermosa que nos fai pensar que aínda hai xente boa no mundo, xente xenerosa e disposta a loitar por defender causas xustas. Sorprende a actitude do policía, e fai que nos preguntemos se na vida real tamén hai policías así (e esperemos que si!).

06/03/13
La sonrisa de Mona Lisa - A película da semana
Dirección: Mike Newell
Guión: Lawrence Konner & Mark Rosenthal
Música: Rachel Portman
Reparto: Julia Roberts, Kirsten Dunst, Julia Stiles, Marcia Gay Harden, Maggie Gyllenhaal, Dominic West
Xénero: Comedia. Drama | Colegios & Universidad
Ano: 2003
Clasificación: non recomendada a menores de 7 anos
"Nun mundo que lles dicía como pensar, ela ensinaríalles a vivir". Iso di na carátula do DVD de La sonrisa de Mona Lisa, e iso ocorre na película. Estamos nos Estados Unidos nos anos 50. A profesora Katherine Watson (Julia Roberts) empeza a dar clase de historia da arte na prestixiosa universidade feminina Wellesley. Alí están as millores estudantes do país, as máis brillantes, pero aínda que Katherine pensa que "ía ser un lugar que formaría ós dirixentes do mañán", atópase coas que serán as esposas deses dirixentes: a inmensa maioría das estudantes non pensa buscar traballo, senón casar e formar unha familia, como mandan as convencións da época. Katherine, unha muller independente, de ideas abertas e defensora do papel da muller na sociedade, tenta cambiar a súa mentalidade e facer que pensen por elas mesmas.
A película serve para comprobar (e celebrar) canto ten cambiado unha boa parte da sociedade occidental, e canto lle falta por cambiar a outra.
Na semana na que celebramos o Día Internacional da Muller, non se nos ocorre mellor reflexión.

Imaxe atopada aquí.
04/03/13
Making of e batalla de títulos de marzo
Dado que o 8 de marzo celebramos o Día Internacional da Muller, o cine deste mes vai estar centrado nas mulleres directoras. Os recreos dos venres, no televisor da entrada, proxectaremos os making of (ou "como se fixo") de:
- Venres 1: Matrix (dir. Lana e Andrew Wachowski)
- Venres 8: Brave (dir. Brenda Chapman e Mark Andrews)
- Venres 15: Crepúsculo (dir. Catherine Hardwicke)
- Venres 22: A dama de ferro (dir. Phyllida Lloyd)
Por outra banda, continuamos querendo escoitar o que opinades na batalla de títulos. Este mes, Crepúsculo. Liches o libro e viches a peli? Cal prefires? Colga a túa opinión no taboleiro exterior da biblioteca e... pode que haxa algún regalo sorpresa ;-)

27/02/13
Paperman - A película da semana
EDITADO O 28 DE MARZO:
Disney vén de retirar este vídeo de Youtube e de Vimeo; seica despois de gañar o Óscar xa non lles fai falta promoción...
Se aparece nalgunha outra web, volveremos colgalo.
Sentimos as molestias.
O flamante gañador do Óscar 2013 á mellor curta de animación! A anécdota desta curta é que o productor foi expulsado da cerimonia de entrega dos Óscar por tirar avións de papel... coma o protagonista do filme.
Oscar Winner Paperman from Cris Izeppi on Vimeo.
Disney vén de retirar este vídeo de Youtube e de Vimeo; seica despois de gañar o Óscar xa non lles fai falta promoción...
Se aparece nalgunha outra web, volveremos colgalo.
Sentimos as molestias.
O flamante gañador do Óscar 2013 á mellor curta de animación! A anécdota desta curta é que o productor foi expulsado da cerimonia de entrega dos Óscar por tirar avións de papel... coma o protagonista do filme.
| Dirección; | John Kahrs | ||
|---|---|---|---|
| Dirección artística: | Jeff Turley | ||
| Producción: | Kristina Reed, John Lasseter | ||
| Guion: | Clio Chiang, Kendelle Hoyer | ||
| Música: | Christophe Beck |
30/01/13
X nada - A película da semana
Dirección: Daniel de la Torre y Toni Veiga
Guión: Toni Veiga e Manolo Dios
Música: Manu Riveiro
Reparto: Carlos Fernández, Miguel García, Carlos Rey, Álex Sebio, Guillermo Vázquez, María Salgueiro, Xavier Estévez
Xénero: Drama
Duración: 14´
Ano: 2009
Premios: premio do xurado no festival de Cans (2009); finalista nos Premios Goya (2010); seleccionado no Curtas 09 para distribución internacional; premio do público no Festival de Cine de Astorga; Gran Premio Galicia no Curtocircuito; premio ó mellor guión no Festival de Cine 'Octubrecorto', Premio do Público no Festival Viladecans, etc.
Clasificación: non recomendada a menores de 12 anos
Para o Día escolar pola paz e a non violencia, escollimos esta curtametraxe galega que dá moito que pensar. Nesta curta, baseada en feitos reais (o que fai a historia todavía máis escalofriante), Roi e os seus colegas practican un xogo moi especial, unha forma de divertirse peculiar e moi violenta. Este macabro xogo uniraos para sempre a Dani, que tivo a mala sorte de estar no sitio e no momento inadecuados.
Unha das cousas que máis nos impactou da película foi o que di a nai ó final, pero preferimos que o escoitedes por vós mesmos.
Aquí tedes a curta completa, pero NON A RECOMENDAMOS PARA MENORES DE 12 ANOS!
23/01/13
Cadena de favores - A película da semana
Dirección: Mimi Leder
Guión: Leslie Dixon (Novela: Catherine Ryan Hyde)
Música: Thomas Newman
Reparto: Kevin Spacey, Helen Hunt, Haley Joel Osment, Jay Mohr, James Caviezel, Jon Bon Jovi, Angie Dickinson
Xénero: Drama
Ano: 2000
Clasificación: todos públicos
Cadena de favores é unha película entretida, unha comedia romántica con toques de drama que ten unha boa idea como fondo e como excusa: axudar ós demais para intentar cambiar un pouquiño o mundo que nos rodea. A idea ocórreselle a un rapaz de 7º (equivalente a 1º de ESO) que, para a clase de sociais, presenta este proxecto: facer favores grandes a 3 persoas, cousas que eles non poidan facer por eles mesmos, e que esas 3 persoas en lugares de devolverlle o favor axuden á súa vez a outras 3 persoas; dese modo faise unha cadea de favores que en pouco tempo pode afectar á vida de moitos. A directora aproveita esta idea para desenrolar unha historia de amor cos seus momentos de dúbida e de éxito. O final, por desgracia, peca de sensibleiro (tede os klinex a man!).
Na novela, o personaxe masculino principal é un home de cor; non sabemos por que a directora cambiouno por Kevin Spacey, pero a súa elección provocou certa polémica nos Estados Unidos.
Grazas a esta historia xurdiu un grupo de xente que puxo en marcha unha cadea de favores. Podedes atopalos nesta web, aínda que alí só nos informan de como contactar con eles. Neste artigo na prensa cóntannos máis cousas sobre o seu fundador e as cousas que teñen conseguido.
16/01/13
La vida es bella - A película da semana
Dirección: Roberto Benigni
Guión: Roberto Benigni & Vicenzo Cerami
Música: Nicola Piovani
Reparto: Roberto Benigni, Nicoletta Braschi, Giorgio Cantarini, Marisa Paredes, Giustino Durano
Xénero: Comedia. Drama | Comedia dramática. Nazismo. Holocausto. II Guerra Mundial. Años 30. Años 40
Ano: 1997
Clasificación: todos públicos
Durante o mes de xaneiro iremos recomendando películas relacionadas coa paz (ou a guerra) e a (non) violencia. Comezamos cunha película que obtivo 3 Óscar (entre eles, o da mellor película estranxeira) e moitos outros premios internacionais.
En 1939, a piques de empezar a Segunda Guerra Mundial (1939-1945), Guido, un home xudío cun humor excepcional, chega a un pobo da Toscana (Italia) coa intención de abrir unha librería. Alí coñece a Dora e, aínda que ela está prometida ó fascista Ferruccio, consiguen casar e teñen un fillo. Xa durante a guerra, os tres son internados nun campo de exterminio, onde Guido fará todo o posible para facer crer ó seu fillo que a terrible situación que están a sofrir é só un xogo.
19/12/12
Crebinsky - A película da semana
DIRECCIÓN: Enrique Otero
GUIÓN: Enrique Otero, Miguel de Lira
MÚSICA: Pablo Pérez
REPARTO: Miguel De Lira, Sergio Zearreta, Luis Tosar, Celso Bugallo, Yolanda Muiños, Farruco Castromán, Oliver Schultz
XÉNERO: Comedia | II Guerra Mundial. Años 40
ANO: 2011
CLASIFICACIÓN: todos públicos
Estamos nalgún lugar da costa galega alá por 1944, nas vésperas do desembarco de Normandía (na Segunda Guerra Mundial). Os irmáns Feodor e Mijail Crebinsky viven case aillados do mundo coa única compañía da súa vaca Mucha. Os irmáns chegaron alí despois de que a súa aldea fora asolagada polas chuvias torrenciais cando eran nenos. Despois de tantos anos sós, o seu xeito de falar e de vivir son bastante peculiares, pero sobre todo chama a atención como aproveitan os recursos que teñen a man (as crebas, as cousas que o mar trae á praia). Na trama mestúranse os nazis (na procura de volframio, ou tungsteno, para fabricaren armas) e os americanos (e aí veredes a Tosar falando un inglés bastante decente!).
A película é divertida e moi orixinal, moi distinta ás comedias que adoitamos ver nos cines e na televisión. E, ademáis, é moi galega tanto no seu sentido do humor coma nos personaxes e nas localizacións (rodouse en Espasante (Ortigueira), Portomarín, Mañón, e Santiago de Compostela). É unha mágoa que as distribuidoras de cine en España apenas traballen con películas como esta...Recomendadísima!
Na biblioteca tedes tamén a banda sonora interpretada pola banda Universo Crebinsky.
05/12/12
Fahrenheit 451 - A película da semana
DIRECCIÓN: François Truffaut
GUIÓN: François Truffaut, Jean-Louis Richard
MÚSICA: Bernard Herrmann
REPARTO: Oskar Werner = Guy Montag, Julie Christie = Linda / Clarisse, Cyril Cusack, Anton Diffring, Jeremy Spenser
ANO: 1966
CLASIFICACIÓN: todos públicos
Fahrenheit 451 está baseada na novela do mesmo nome de Ray Bradbury (da que xa falamos cando este morreu o ano pasado e da que xa limos un fragmento). Fahrenheit 451 (uns 233º C) é a temperatura á que empeza a arder o papel. Nesta sociedade ficticia, o goberno non quere que a xente lea libros (e, xa postos, que non lea nada) porque estes fannos pensar e danlles información e cultura, xusto o contrario do que debe ter un bo e sumiso cidadán que pasa o día enganchado á tele. E neste contexto, o corpo de bombeiros non se adica a apagar lumes senón a queimar libros. Un destes bombeiros é Montag, o protagonista, que andando o tempo sinte a tentación, gracias á súa nova amiga mestra, de ler un dos libros que debería queimar. A partir dese momento, a súa vida cambia.
Esta película xa ten uns anos (é de 1966), pero realmente da igual cando a ves porque está ben feita e plantexa cuestións que siguen intrigando en 2012. Como curiosidade queremos resaltar que, aparte dos libros que se queiman, non hai absolutamente nada escrito visible en toda a película, nin siquera os títulos de crédito (iso, de feito, é o primeiro que chama a atención).
Neste enlace tedes un fragmento da película e, na biblioteca, a película e a novela.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)