16/01/13

La vida es bella - A película da semana


Dirección: Roberto Benigni
Guión: Roberto Benigni & Vicenzo Cerami
Música: Nicola Piovani
Reparto: Roberto Benigni, Nicoletta Braschi, Giorgio Cantarini, Marisa Paredes, Giustino Durano
Xénero: Comedia. Drama | Comedia dramática. Nazismo. Holocausto. II Guerra Mundial. Años 30. Años 40
Ano: 1997
Clasificación: todos públicos



 Durante o mes de xaneiro iremos recomendando películas relacionadas coa paz (ou a guerra) e a (non) violencia. Comezamos cunha película que obtivo 3 Óscar (entre eles, o da mellor película estranxeira) e moitos outros premios internacionais.
En 1939, a piques de empezar a Segunda Guerra Mundial (1939-1945), Guido, un home xudío cun humor excepcional, chega a un pobo da Toscana (Italia) coa intención de abrir unha librería. Alí coñece a Dora e, aínda que ela está prometida ó fascista Ferruccio, consiguen casar e teñen un fillo. Xa durante a guerra, os tres son internados nun campo de exterminio, onde Guido fará todo o posible para facer crer ó seu fillo que a terrible situación que están a sofrir é só un xogo.




Ningún comentario: