Funcionamento

O blog

Osquelemos é o blog da biblioteca do CEIP Plurilingüe da Ribeira, que está enfocado principalmente ó alumnado de Ed. Infantil e Primaria, ás familias en xeral e ó profesorado. Como non queremos que estea todo mesturado, está dividido en tres seccións principais:
  • OSQUELEMOS: esta é a parte do blog que máis se actualiza (intentamos que teña unha entrada semanal) e está dirixida a toda a comunidade educativa. Igual que na biblioteca, aquí atoparedes noticias, humor, novidades literarias, cousas para ler, música, vídeos, etc. Tod@s estades convidados a participar redactando entradas (que podedes enviar ó noso correo: biblio.cpi.ribeira@gmail.com), aportando enlaces interesantes, escribindo comentarios ás entradas (debaixo de cada título veredes o número de comentarios que ten a entrada, e facendo clic nese número podedes escribir o voso comentario) ou de calqueira xeito que se vos ocurra. Ademais non nos viría mal algo de axuda!
  • FAMILIAS QUE LEN: esta sección contén artigos e enlaces de interese para as familias sobre educación, lectura, fracaso escolar e outros temas similares. Procuraremos actualizala regularmente. Está un pouco agochada pero podedes chegar a ela escribindo familiasquelen.blogspot.com no voso navegador ou ben facendo clic no enlace Para familias na páxina inicial de osquelemos. Tod@s estades convidados a participar redactando entradas (que podedes enviar ó noso correo: biblio.cpi.ribeira@gmail.com), aportando enlaces interesantes, escribindo comentarios ás entradas (debaixo de cada título veredes o número de comentarios que ten a entrada, e facendo clic nese número podedes escribir o voso comentario) ou de calqueira xeito que se vos ocurra. 
  • PROFES QUE LEN: aquí publicamos información que nos parece interesante para o profesorado (unidades didácticas, artigos sobre educación e ensino, titoriais sobre novas tecnoloxías, etc.). Tod@s estades convidados a participar redactando entradas (que podedes enviar ó noso correo: biblio.cpi.ribeira@gmail.com), aportando enlaces interesantes, escribindo comentarios ás entradas (debaixo de cada título veredes o número de comentarios que ten a entrada, e facendo clic nese número podedes escribir o voso comentario) ou de calqueira xeito que se vos ocurra. E se queredes colaborar con máis compromiso ou asiduidade, benvidos sodes!
O resto das seccións do blog (Para aprender, Prensa, E-books...) falan por si mesmas ou teñen unha descrición na propia páxina. Con elas terás acceso a toda a prensa nacional e internacional, un buscador educativo personalizado, os boletíns da biblioteca, a revista do cole, etc.

Na columna da dereita do blog temos varias cousas interesantes e que cambian segundo esteamos na sección xeral, na de familias ou na de profes:
  • Enlaces: hai varios tipos de enlaces nesa columna. Algúns están representados por unha imaxe (Programas nos que estamos inmersos, Plataforma E-LBE,  revistas online, a Biblioteca Municipal do Porriño, etc.); outros están en listas (Lendo na WWW).
  • Outros: tedes outras utilidades (dicionarios, tradutores ...) que pensamos que non necesitan explicación, pero se hai algo que non estea ben ou que pensedes que sobra ou falta, somos todo orellas para vós.

A biblioteca 




A nosa biblioteca abre todos os recreos, e os luns, martes mércores e xoves de 15.00 a 16.30.

As normas son poucas e sinxelas, e están baseadas no respecto ós demais lectores:
1. Bebe e come fóra da biblioteca
2. Respecta o material e as instalacións
3. Garda silencio
4. Respecta os prazos de devolución (outras persoas agardan polo teu libro)


Esta é a nosa guía de uso:






Non esquezas que o profesorado e o alumnado axudante están para resolver as dúbidas e botar unha man.
  

DESFRUTADE DO PASO POLA RIBEBIBLIO!