28/02/16

Música arredor da poesía de Manuel María

Neste traballo discográfico, a cantante Uxía ponlle música aos poemas de Manuel María e fai un percorrido polos camiños, emocións e compromiso coa terra que o escritor deixou na súa escrita.

24/02/16

24 de febreiro - Día de Rosalía

Cúmprese hoxe o 179 aniversario do nacemento (Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 1837) da escritora máis notable da nosa literatura, Rosalía de Castro.
 Dende a biblioteca realizouse un mural conmemorativo e nas clases adicouse o día a lembrar, con distintas actividades, a poesía e a figura de Rosalía que segue a emocionar coas súas verbas a quen a le ou a quen escoita os seus poemas.


 Rosalía e a música
http://www.crtvg.es/cultural/corte-a-corte/rosalia-e-a-musica

A autora máis internacional da nosa literatura estaba moi familiarizada coa música popular e foron moitos os músicos que escolleron os seus versos para poñerlles música e cantalos.
(Preme sobre a imaxe para ver o vídeo que a CRTVG emitiu no ano 2013).


 http://www.edu.xunta.es/portal/sites/web/files/dossieraviaxederosalia_vf.pdf.

 Un espectáculo de monicreques titulado "A viaxe de Rosalía" homenaxeará á autora galega máis universal por trece concellos galegos nos vindeiros meses de marzo, abril e maio.
A actriz Larraitz Urruzola, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, achegará a vida e a personalidade de Rosalía ao público familiar.

(Para máis información, preme na imaxe)




14/02/16

Celebración do Día Internacional da Lingua materna

 
A ONU estableceu o día 21 de febreiro como Día Internacional da lingua materna.
Este é o cartel que a Xunta de Galicia publica este ano co gallo desta celebración.
Cen maneiras de chover, cen nomes galegos para a choiva.

12/02/16

Lembrando a Manuel María

http://academia.gal/novas/-/asset_publisher/E4jf/content/%E2%80%98os-sonos-na-gaiola%E2%80%99-ou-a-volta-a-infancia?redirect=http%3A%2F%2Facademia.gal%2Fnovas%3Fp_p_id%3D101_INSTANCE_E4jf%26p_p_lifecycle%3D0%26p_p_state%3Dnormal%26p_p_mode%3Dview%26p_p_col_id%3Dcolumn-1%26p_p_col_pos%3D1%26p_p_col_count%3D4Manuel María escribiu Os soños na gaiola consciente da necesidade que había naqueles anos dunha poesía infantil en galego. O poemario axiña gañou sona, pero sen dúbida na súa popularidade xogou un papel moi importante o feito de seren musicados os seus versos nun disco de Suso Vaamonde, publicado en 1978 co mesmo título. Fuxan os Ventos ou O Carro tamén musicaron composicións deste libro.
http://academia.gal/novas/-/asset_publisher/E4jf/content/muineiro-de-bretemas-o-poeta-manuel-maria-aos-19-anos?redirect=http%3A%2F%2Facademia.gal%2Fnovas%3Fp_p_id%3D101_INSTANCE_E4jf%26p_p_lifecycle%3D0%26p_p_state%3Dnormal%26p_p_mode%3Dview%26p_p_col_id%3Dcolumn-1%26p_p_col_pos%3D1%26p_p_col_count%3D4



 Manuel María, o protagonista do Día das Letras Galegas de 2016, iniciou a súa andaina poética coa publicación de Muiñeiro de brétemas. O libriño saíu á luz en 1950. Tiña só 19 anos. 


Deportistas na biblioteca

Este curso, dentro do proxecto de centro "Olimpíadas", a nosa biblioteca vén recibindo periódicamente a visita de deportistas que, grazas ao seu esforzo e bo facer, aportaron grandes momentos ao deporte galego.

Falamos de Verónica Acuña, exxogadora de 1ª división e da selección de balonmán, ademais de exalumna deste centro; de Enrique Míguez Gómez, campión de piragüismo, e do gran atleta David Gómez. O relato das súas vivencias e logros deportivos mantiveron a atención e o interese de todos os alumnos que tiveron ademáis a ocasión de preguntar polas súas experiencias e mesmo de tocar a súas medallas e fotografiarse con eles.

Dende aquí agradecémoslles a súa colaboración e simpatía.