22/10/16

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

   

O vindeiro luns 24 de outubro celebraremos o día das bibliotecas escolares.

   Lembrámosvos que este curso o noso proxecto de centro é “Turismo e fotografía” e para esta celebración  contamos  coa colaboración da profesora Cristina González que fará unha presentación da viaxe que realizou este verán a Islandia. Dende aquí agradecemos de antemán a súa disponibilidade para amosarnos a beleza dunhas paisaxes únicas.

   Asemade,  arredor da unha da tarde celebraremos o noso tradicional mercadiño de libros que tanto éxito ten entre o noso alumnado. Animádevos a participar un ano mais!

20/10/16

O fogar de Miss Peregrine para nenos peculiares

   
Esta película de fantasía e aventuras, do aclamado director Tim Burton baséase nunha traxedia familiar que leva a Jacob, de 16 anos, a viaxar pola costa de Gales, onde descubre as ruínas do fogar para nenos especiais de Miss Peregrine. Mentres explora as desvencelladas habitacións e corredores, decátase de que os rapaces que viviron alí (un deles foi o seu avó) eran excepcionais. Quizais eran perigosos, quizais había unha boa razón para poñelos en coarentena nunha illa deserta; mesmo podería suceder que aínda estiveran vivos.

Non recomendada para menores de doce anos.



09/10/16

Agustín Fernández Paz dinos adeus cunha de medo



“Beber soños coma quen bebe auga” 
 
    Esta frase de Álvaro Cunqueiro, que tanto lle gustaba a Agustín Fernández Paz e que tan ben o representaba, lémbranos  ao gran escritor galego que nos deixou este verán.
    El fixo da imaxinación a súa ferramenta de traballo e  deixou en innumerables xoves e maiores  a fonda pegada da sensibilidade que derramou en tantas e tantas historias, en tantos e tantos libros que, por sorte,  nos deixou. 
    Era un traballador das letras incansable e publícase agora, na Editorial Edebé, un dos últimos libros que deixou rematados antes de morrer, A casa do medo

    Para saber máis preme aquí.

    Para lembrar as súas obras preme aquí.