O blog da biblioteca do CPI da Ribeira

A cabeza de Medusa - Páx. 99

ALEIXANDRE, Marilar. A cabeza de Medusa. Vigo: Xerais, 2008. ISBN 978-84-9782-900-7.
Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil 2008.

Contracuberta:
Unha festa de disfraces acaba de madrugada nun camiño afastado onde Sofía e Lupe son violadas. Durante os días que seguen descubrirán que, como a Medusa, moitos non se atreven a miralas en fite. Son elas quen deben avergoñarse? Iso non ocorrería se non levasen minisaia? É mellor non denunciar, non procurar complicacións?
Inspirada no mito de Medusa, castigada despois de ser violada a levar serpes por cabeleira, A cabeza de Medusa aborda a amplificación social da violación e tamén a procura dos amor(ot)es ventureiros, o papel do amor e a amizade na resistencia ao medo e á vergoña.


"O primeiro día no instituto transcorreu de forma menos traumática do que temera Sofía. O luns de entroido Teresa, a directora, chamara a Elvira por teléfono, dixéralle que poñería todo o que estaba na súa man para que as rapazas se sentisen amparadas, que o equipo directivo coutaría de raíz calquera incidente. Pediulle que o mércores, ao chegar pola mañá, Sofía pasase un momentiño polo seu despacho para darlle tempo á titora a falar coa clase cinco minutos.
—Cremos que a meirande parte dos compañeiros xa o saben, e que é mellor abordalo explicitamente que agardar aos dixomedíxomes. Tamén queremos emitir unha mensaxe clara: non imos tolerar ningunha actitude que dificulte a vida das rapazas.
—Agradézocho, Teresa —dixo Elvira—, mais, ¿ides facer esta advertencia en todos os cursos? Tampouco se trata de darlle máis publicidade, xa hai abondo.
—Non imos, non. A titora falará cos de 2º D, o curso de Sofía e Lupe. Como ben dis, non hai necesidade de publicalo. A advertencia transmítese duns cursos a outros. É imposíbel garantir que non xurda algún incidente, mais estaremos alerta. E se hai o mínimo problema, por favor, falade connosco.
Sofía e Lupe encontráronse no despacho da directora. Sofía pensou que Lupe estaba máis guapa que nunca, o seu cabelo negro, longo, enmarcando o seu rostro pálido, de pel sen imperfeccións, que ela non deixaba de envexar. Teresa, sen facer ningunha referencia ao asundo, bicounas, ofreceulles unha cunca de café, que rexeitaron. Parecía que acababan de sentar, cando chegou a titora, indicando que podían ir para clase.
Entrar na clase, pensando que todos van mirar para ti, procurar no teu rostro as pegadas do que ocorreu, é como mergullar na auga xeada. ¿É diferente a cara dunha muller despois do acto sexual? Talvez, díxose Sofía, sexa distinto se a relación fose desexada; talvez nos teus ollos apareza un brillo indicando o que aprendiches, lembrando as sensacións novas. O seu propio rostro o único que pode reflectir é medo. Medo pasado, medo ao que queda por vir. Medo a non desexar no futuro a ningún mozo, a non querer que ninguén toque de novo o seu corpo".

O Bichero: A Lei Wert


A herencia grega

Grecia foi a cuna da nosa civilización: sen eles, non é posible entender Europa. A súa influencia foi enorme: a política, os sistemas educativos, as ciencias e as artes, primeiro a través dos romanos e máis tarde a través dos renacentistas. E todo iso deixou pegada na nosa lingua, cheíña de palabras de orixe grega.

Agora que a reforma educativa ameaza con deixar o grego fóra dos estudos, o profesorado e o alumnado do IES Ingeniero de la Cierva fixeron este vídeo como recordatorio e agradecemento por todo o que os gregos nos legaron:

E fumos a Panxón!

O club de lectura finalizou o curso cunha bonita excursión a Panxón e Monteferro na que aprendimos o que é unha nasa, cal é a diferencia entre arte romano e románico, que raios é a talasonimia... e ademais pasámolo moi ben con praia incluida no lote!

A excursión tiña como excusa a lectura de A praia dos afogados, de Domingo Villar, pero desta non nos acompañou o autor senón un invitado tamén de luxo: Xosé Lois Vilar, historiador, arqueólogo, escritor, subdirector do Instituto de Estudos Miñoranos... e fruteiro.

Aquí unha pequena mostra do que vimos e fixemos (menos a troula, que iso queda para a intimidade) no porto de Panxón, no Tempo Votivo do Mar e en Monteferro:

Fumos a Cans!


Si, nós tamén estivemos nese grandísimo festival de curtas que organizan os nosos veciños de Cans. O mércores 22, día da inauguración, ademais de visitar o pobo e coñecer de primeira man os galpóns e baixos onde se proxectan as curtas e onde se fan concertos e coloquios, tamén coñecimos ós paisanos que ceden os seus locais, como Dona Alicia. Tivemos a sorte de poder ver varias curtas e charlar con algúns directores, e ademais a TVG e a TVE estiveron a gravarnos. Xa somos (case) famosos!

No baixo de Moncho vimos O ano que saímos na CNN, "making of" do festival de Cans 2011; Conversa cunha muller morta, unha curta de Sonia Méndez; un capítulo da webserie Joke business, presentado por Déborah Vukusic; o videoclip de Un piatto, da Banda Crebinsky (rodado no Can Campus); e o tráiler do documental de Fraga y Fidel, sin embargo, presentado polo seu director Manuel Fernández-Valdés.

Deixámosvos varios vídeos que vos poden interesar:

1. Un resumo gráfico da visita feito pola profe Inés:


2. Telexornal da TVE no que saímos a partires do minuto 22.22:


3. Galicia Noticias, da TVG, no que sae o noso grupo e a entrevista a Alba Ledo (3º ESO), aínda que nos chaman "o instituto da Ribeira" ;-)



4. Telexornal de mediodía da TVG, no que saímos brevemente tanto de frente como de espalda




Ética de urgencia - Páx. 99

SAVATER, Fernando. Ética de urgencia. Barcelona: Ariel, 2012. ISBN 978-84-344-0490-8.

Contracuberta:
La corrupción, el 15-M, las nuevas tecnologías, internet y las descargas ilegales, los abusos de poder, las contradicciones del capitalismo, la fuerza y la debilidad de la democracia, pero también la belleza, la muerte, la solidaridad…
¿Cómo saber lo que piensan los jóvenes? Preguntándoselo. Una respuesta aparentemente sencilla que esconde una gran dificultad. Porque hay que saber preguntar, hay que saber ponerse en el lugar de los jóvenes, ganarse su confianza. Escuchar y a la vez aconsejar, opinar, posicionarse…
Ética de urgencia nos avisa de las inquietudes de los que en breve heredarán las responsabilidades del mundo del mañana. Una obra que representa el regreso de Fernando Savater al diálogo con los adolescentes sobre las cuestiones morales que más les preocupan; el territorio donde cosechó su mayor éxito editorial, Ética para Amador.


¿Las religiones están por encima de la moralidad? ¿Debemos aceptar que una religión musulmana desprecie a las mujeres por respeto a unas creencias culturales que no son las nuestras?

La moral y la religión son cosas distintas. El problema es que hemos vivido durante años con la idea de que la moral está supeditada a la religión, como pretenden los curas. Pero lo cierto es que desde el obispo hasta el párroco de lo que hablan es de religión, un asunto muy respetable para quien crea, pero solo para quien crea. Mientras que la auténtica moral es algo que vale para los creyentes y los no creyentes, y apela a la capacidad de raciocinio de cualquier persona del mundo.
En Ética para Amador señalé una diferencia básica entre religión y moral que sigue siendo válida: la moral persigue una vida mejor y la religión busca algo mejor que la vida. Son objetivos bastante diferentes.
A mí portarse bien porque después alguien te va a dar un premio no me parece una actitud muy moral. Imagina que ves a un niño que se ha caído a un río y se está ahogando y te arrojas al agua para salvarle, pues no tiene el mismo valor moral si intentas rescatarle a sabiendas de que su padre es un millonario que te va a recompensar generosamente. No es lo mismo saltar solo por salvar una vida que por cobrarte un dinero. Con la religión pasa algo parecido, el soborno del cielo será santo, pero también es un soborno. Y eso es lo que proponen las religiones: un pago por portarte bien.
Las religiones, mientras no sean obligatorias, son un derecho privado de cada ciudadano, pero no pueden pretender constituirse en un deber para nadie, y todavía menos, de la sociedad entera.
Hay que defenderlas como derecho individual siempre que no perjudiquen a ninguna persona. Me parece muy bien que, si una mujer cree que no puede conducir un coche porque es pecado, no lo conduzca, pero que alguien la obligue a no conducir el coche porque él crea que es pecado y se lo prohíba, eso ya no se puede permitir.

Fotografando rodaxes


O actor Jeff Bridges é un home polifacético ó que lle gusta tamén debuxar e fotografar. Grazas a el temos imaxes únicas das rodaxes das súas películas:











Na súa web, moi orixinal, tedes fotos de máis rodaxes (Iron Man, Tron Legacy, etc.).

Tódalas fotos, © Jeff Bridges


O curso vai rematando e as que traballamos na biblioteca queremos pedirvos un último favor: a vosa opinión. Agradeceríamos que contestes esta enquisa sobre o labor realizado na e pola biblioteca neste curso 2012-2013 e as súas instalacións.

Preme aquí para facer a enquisa.

Moitas gracias!





O mércores inaugurase a décima edición do festival de curtametraxes de Cans (esa mesma mañá, por certo, visitaremos o festival co alumnado de 2º e 3º da ESO e teremos algunha que outra sorpresa). Para que non vos perdades nada, tedes toda a programación neste enlace.

Tan só queremos destacar que o xoves, ás 17.00, teredes no Círculo Recreativo do Porriño a proxección da película galega de animación O apóstolo e un debate co seu director e a súa productora entre outros. O mércores 29, ás 22.00, proxectaranse no Bar Liceum as curtas gañadoras. E entre esas dúas datas, moreas de citas interesantes: proxeccións, debates, concertos, personaxes famosas, exposicións... Apuntade ben as datas, horas e lugares!

Canle oficial do festival en Youtube.





Rematado o concurso de cine!






Despois de 14 semanas e 14 preguntas sobre cine, por fin temos unha gañadora do noso concurso "Canto sabes de cine?": Iria Domínguez, de 2º ESO. Temos que dicir que Iria ben merece este premio, pois foi unha das participantes máis asiduas e gañou un total de 4 semanas (a 4ª, a 8ª, a 11ª e a 14ª), deixando bastante atrás ós seguintes clasificados.


Noraboa a todos os que participachedes, ós que gañachedes algún Kinder semanal e moitas gracias ós que colaborachedes dun xeito ou outro para facer posible o concurso.

Hoxe martes, no recreo, faremos entrega a Iria do seu flamante libro electrónico. Alí nos veremos!

¡Pra a Habana!

Ilustración de Belén Padrón para a Escolma poética de Rosalía publicada por Faktoría K de Libros

En 1880, Rosalía de Castro escribiu un poema adicado a todos aqueles que tiñan que emigrar, que deixar atrás a súa terra e a súa familia para buscar cartos e vida. Hoxe parece que volvemos coller as maletas e buscar traballo onde o haxa, lonxe.

¡Pra a Habana!
Vendéronlle os bois,
vendéronlle as vacas,
o pote do caldo
i a manta da cama.

Véndéronlle o carro
i as leiras que tiña,
deixárono soio,
coa roupa vestida.

«María, eu son mozo,
pedir non me é dado,
eu vou polo mundo
pra ver de ganalo.

Galicia está probe,
i á Habana me vou...
¡Adios, adios, prendas
do meu corazón!».

Rosalía de Castro, Follas novas, 1880


Exercicio

De "Escuela del mundo al derecho"

DIRECCIÓN: Christophe Barratier
GUIÓN: Christophe Barratier, Stéphane Keller (Novela: Louis Pergaud)
MÚSICA: Philippe Rombi
REPARTO: Guillaume Canet, Laetitia Casta, Kad Merad, Gérard Jugnot, Jean Texier, François Morel, Marie Bunel, Thomas Goldberg, Théophile Baquet
XÉNERO: Aventuras. Comedia. Drama | Infancia. II Guerra Mundial.
ANO: 2011
CLASIFICACIÓN: todos públicos


La guerra de los botones, do director de Los chicos del coro, é unha película que pretende gustar a públicos de tódalas idades, e consígueo pola variedade dos seus protagonistas. Conta a historia dun grupo de rapaces dun pequeno pobo francés que están enfrentados ós do pobo veciño. Entre eles xurde o que chaman a "guerra dos botóns", pois ese é o trofeo que se levan de cada batalla. Unha das protagonistas é unha rapaza recén chegada ó pobo para vivir coa súa madriña e que pronto se integra no grupo. Como telón de fondo está a invasión nazi (estamos na Francia ocupada de 1944) e a traxedia dos xudeus. As rivalidades entre os rapaces cambian cando un deles está en problemas.
A película ten escenas moi divertidas e pode proporcionarnos unha boa tarde de entretemento e, de paso, unha ocasión para falar de conflictos en xeral e do nazismo en particular.


Web sobre a película, con información e guías didácticas.

Hoxe, a Baiona!

Carabela "A Pinta". Imaxe de wikipedia
Hoxe toca unha excursión ben bonita: primeiro, unha sesión de cine (nun cine "dos de antes") para ver "A guerra dos botóns". E logo un bo paseo por Baiona e o Parador, comida na Virxe da Rocha e praia... se o tempo o permite!


Homenaxe a Rosalía (vídeo)

No Día do Libro (23 de abril) un grupo de alumnos e profes do noso centro fixo unha preciosa homenaxe a Rosalía en forma de recital poético acompañado de música en directo e fotografías e debuxos feitos polo alumnado.

Este foi o resultado:

O corazón de Xúpiter - Páx. 99

COSTAS, Ledicia. O corazón de Xúpiter. Vigo: Xerais, 2012. ISBN 978-84-9914-433-7
Premio Neira Vilas 2012. Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega 2012.

Contracuberta:
Non foi doado para Isla mudar de cidade e empezar de cero nun novo instituto. Devecía por dar un paseo polo espazo, avistando planetas a través do telescopio, mergullada no ventre do universo. Casiopea, o nome da tartaruga máxida de Momo, era o nick que empregaba nos foros sobre astronomía nos que participaba adoito. Alí coñeceu a Xúpiter, alguén que semellaba saber moito de estrelas. As longas conversas até ben entada a madrugada prenderan unha luz, entre os dous existía unha maxia que traspasaba as fronteiras do ciberespazo. Isla sentiu a necesidade de sabelo todo sobre Xúpiter: onde vivía, a que instituto ía, o seu nome real… Quedaron para se coñecer nunha noite de San Xoán de cacharelas e mar embravecido. Foi entón, despois de despedirse da súa amiga Mar, cando Isla se precipitou na escuridade. A súa vida estaba a piques de cambiar para sempre.


"Isla tiña pensado moitas veces en que o seu destino estaba escrito nas estrelas. Coma se carecese de importancia que tomase decisións nun ou noutro sentido. A influencia dos astros era tan grande que ao final sempre se cumpriría o seu sino. Non había forma de evitar o que estaba trazado no mapa do ceo desde o principio dos tempos.
Unha refolada de vento frío rozou os seus pensamentos e fixo que se lle puxera a carne de galiña. Despediuse de Mar, volveu entrar na casa e foi dereitiña ao seu cuarto.
Por rutina, colleu o portátil. Tiña unha mensaxe na bandexa de entrada.
—Xúpiter —murmurou sentindo que se lle aceleraba o corazón.
Puxo o cursor sobre a mensaxe e abriuna:

Ola Casiopea:
Perdoa polo do outro día :-(. Non quería romper esta maxia interplanetaria que nos une. Por iso non che mandei a foto. Espero que saibas comprendelo, e que o arquivo adxunto que che mando hoxe compense a metedura de pata.
Un bico de planeta,
Xúpiter

Descargou o arquivo no escritorio do portátil. Pechou os ollos, colleu aire e abriuno.
A fotografía dun rapaz duns vinte anos de cabelo negro e ollos enormes fíxose oco no medio da pantalla. Quedou engaiolada daquela imaxe. Pareceulle guapísimo.
Pasaron minutos ata que conseguiu separar a súa mirada de Xúpiter. Rodeábao un certo aire de rebeldía. Tiña uns beizos grosos e perfectamente definidos e os ollos máis fermosos que vira xamais. Transparente coma auga de manancial.
Naquel instante non tivo ningún tipo de dúbida. Acabarían coñecéndose. Ese era o seu destino".


Pechado por folga


Hoxe, 9 de maio, hai folga xeral no ensino (para profesorado, alumnado e familias) para protestar contra a LOMCE, a nova lei educativa que o goberno quere poñer en marcha.

Deixámosvos os enlaces ó anteproxecto da lei, ó manifesto da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, e á analise que fai a Confederación Española de Asociación de Pais e Nais de Alumnos (CEAPA).

Conferencia e debate sobre a LOMCE no IES Marjana con Mª. Ángeles Llorente:



Fonte da imaxe: Fete-UGT Andalucía

Wall-E, a película da semana

DIRECCIÓN: Andrew Stanton
GUIÓN: Andrew Stanton, Jim Reardon
MÚSICA: Thomas Newman
REPARTO: animación
XÉNERO: Animación. Ciencia ficción. Romance | Robots.
ANO: 2008
PREMIOS: Óscar á mellor longametraxe de animación (2008), Globo de Oro á mellor película de animación (2008), BAFTA á mellor película de animación (2008).
CLASIFICACIÓN: todos públicos


Wall-E é a historia dun robotiño que leva centos de anos só no planeta Terra, totalmente deserto (estamos no ano 2700). A pesares diso el sigue a facer aquelo para o que foi construido: limpar o planeta empacando o lixo que atopa. Wall-E bota en falta o calor do contacto con outros seres e soña, vendo vellas películas, con coller a man da súa amada. Un bó día, un robot de exploración, EVE, aparece na Terra... e ata aí podemos ler.
Wall-E é unha película entrañable na que a historia avanza moito máis do que poderíamos pensar lendo o resumo anterior, e mesmo fai unha crítica da sociedade na que vivimos e á que nos diriximos (cantas veces non vichedes a persoas totalmente absortas nos seus teléfonos móbiles en lugares de prestar atención ós que están ó seu arredor e facer unha vida social normal?). O tema do medioambiente, por suposto, é un dos pés sobre os que se apoia a película.
En definitiva, é unha peli moi completa, entretida, tenra, con aventuras, con humor, con amor... na que o robotiño gañarase o noso corazón teñamos a idade que teñamos.

Páxina web oficial da película, con imaxes, vídeos, xogos...

Tráiler:


E o Kindle vai para...



Esa é a frase que din cando van entregar os Óscar e a que usaremos para facer entrega do Kindle que estamos a sortear no concurso de cine!
Pero tranquilos, iso non será ata o día 16.

Isto é só un recordatorio de que aínda quedan dúas preguntas por contestar, polo que a cousa pode estar moi reñida, porque incluso os que teñen un só punto poderían empatar e gañar! Estes foron os gañadores semanais polo momento:

CON UN PUNTO ESTÁN:
 - Marta Alonso: semana 2
 - Andrea Romero: semana 3
 - Enrique Fernández: semana 9
 - J. Carlos Ferreira: semana 10
 - Pilar Duval: semana 12

CON DOUS PUNTOS:
 - Susana Portela: semanas 1 e 5
 - Sandra Vaz: semanas 6 e 7

E CON TRES PUNTOS:
 - Iria Domínguez: semanas 4, 8 e 11


Vamos que nos vamos! Non deixedes de ver a pregunta desta semana e loitar por ese superpremio!

Apps para inglés

 Gracias ós móbiles e tabletas co sistema operativo Android, podemos utilizar moitas "apps" ou programas de balde. Hoxe imos falar dun par de apps que nos axudan a aprender e practicar os verbos irregulares ingleses.


A primeira delas chámase "Verbos irregulares del inglés" e é do desenrolador "inglesdivino". É unha aplicación básica pero fácil de usar e de entender que nos presenta os verbos nunha lista coa súa traducción e o audio coa pronunciación. Podemos facer listas personalizadas (os máis usados, os que entran no examen, os que nos custa máis lembrar...) e practicalos todos ou só os dalgunha lista. O único punto negativo é que as traduccións non son como para botar foguetes e teremos que recurrir ó diccionario para asegurarnos do seu significado.
















 A segunda aplicación que vos propoñemos é "Verbos irregulares", de Sergeev Sergey. Esta é máis completa, pero tamén un pouquiño máis complicada de usar. Presenta os verbos nunha lista alfabética (con traducción e audio) pero tamén podemos velos e practicalos doutro xeito: por grupos con similitudes (por exemplo, o grupo 3.2 son os que forman o pasado e o participio en "-ought"). Por esta razón é máis recomendable que o anterior, pois é máis fácil aprender os verbos así que nunha lista alfabética, pero teredes que usar a app para comprobar se vos gusta ou non.








VIDAL BOLAÑO, Roberto. Obras completas. Volume I. Santiago de Compostela: Edicións Positivas, 2013. ISBN 978-84-939812-5-9.

Xorden da escuridade, como en avalancha, as voces atropeladas de todos eles. A luz vai subindo a medida que falan ata case cegalos, permitíndonos descubrir que se atopan apiñados arredor dunha mesa de despacho, no que semella ser a oficina de atestados ou a sala de interrogatorios dunha comisaría de vila ou de barrio.

CHARLI: É absolutamente necesario que nos machaquen con tanto jodido quilovatio?
SOR ANXÉLICA: Avisaron xa a miña nai e a superiora da orde? Quero que as avisen inmediatamente!
LETI: Estoume mexando, podo mexar? Aquí haberá onde? Ou non?
TIGRE: Ponte á cola, Leti, estamos todos a piques de rabentar.
LETI: Aviso! E o que avisa non é traidor. Ou me din de contado onde ou fágoo na papeleira e logo a ver quen aguanta aquí con semellante cheiro a rosas.
CHEMA: Nin se che ocorra!
LETI: Non pretenderás que o faga nas bragas?
CHARLI: Tranquilos, que non cunda o pánico. Deixádeme a min, sei como entenderme con eles. (Aos interrogadores) Sexamos razoables. A vida é unha merda, ata aí estaremos de acordo, non? E éo, non porque nós teñamos decidido mellorar os nosos métodos, senón desde que o home é home, ou sexa, desde que cometeu a gilipollez de crerse máis listo ca ninguén e determinou botar a andar sobre das patas traseiras.
SOR ANXÉLICA: Deus castiga sen pau nin pedra!
LETI: Xa está a mexapilas esta!
CHEMA: Deus nada tivo que ver neste asunto, Sor Anxélica.
TIGRE: No que si tivo que ver foi no de poñer ou non poñer ovos. Instrúaos sobre o particular, xefe! Explíquelles como sería o mundo se as mulleres puxesen poliños.
SOR ANXÉLICA: (Persignándose.) Loado sexa Deus!
TODOS: (Persignándose tamén.) Por sempre sexa loado!
CHARLI: Ese é outro tema, Tigre.
TIGRE: Ao que cedo ou tarde haberá que acabar meténdolle o dente. Non imos apandar nós con responsabilidades que son doutros.
CHEMA: Polo camiño que levamos, remataremos apandando co que nos boten.


Un dos grandes vicios de hoxe en día é fotografiar todo o que facemos (co móbil) e subilo a redes sociais, non si? E así andamos todos a repetir poses e fotos ata a saciedade: fotografamos o que comemos, o que vestimos, o noso calzado...
Este vídeo (formado por varios vídeos máis curtos) amósanos, con humor e ironía, ata que punto pode chegar esa obsesión, especialmente nos países asiáticos (pero non só!):