Amosando publicacións coa etiqueta educación b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta educación b>. Amosar todas as publicacións
23/03/18
27/01/15
Camino a la escuela
O pasado 23 de xaneiro estrenouse nos cines de toda España Camino a la escuela, un documental impresionante sobre o camiño diario que teñen que percorrer catro rapaces de distintas partes do mundo para chegar á súa escola. Son moitos kilómetros de camiño e moitos perigos, pero iso non os fai dubidar, porque a escola é garantía dun futuro mellor para eles e as súas familias.
O documental está patrocinado pola UNESCO e unha parte dos cartos que recaude irán para UNICEF:
Deixámosvos o tráiler da película e a recomendación de ir vela en Vigo, nos multicines Norte (3€ os mércores, 6'50€ as fins de semana).
Máis información sobre o documental, na súa web.
23/10/13
Folga no ensino contra a LOMCE
Neste enlace, o proxecto da LOMCE e o dictamen do Consello Escolar do Estado, para que leas por ti mesmo por que hoxe hai unha folga xeral no ensino.
Este é un resumo da LOMCE:
Unha comparativa entre o sistema educativo actual e a LOMCE, realizada pola Liga Estudantil Galega:
Máis información, en Lomce? Non, grazas.
17/10/13
14/06/13
As reválidas no novo sistema educativo
Imaxe atopada aquí.
Estes días xa imos publicando menos cousas porque o agobio de fin de curso non dá para mais, pero aquí traemos un vídeo da organización Stop Ley Wert contra o sistema de reválidas que o goberno quere introducir na educación.
Neste enlace, máis vídeos e información de Ciudadan@s por la Educación Pública.
30/05/13
29/05/13
A herencia grega
Grecia foi a cuna da nosa civilización: sen eles, non é posible entender Europa. A súa influencia foi enorme: a política, os sistemas educativos, as ciencias e as artes, primeiro a través dos romanos e máis tarde a través dos renacentistas. E todo iso deixou pegada na nosa lingua, cheíña de palabras de orixe grega.
Agora que a reforma educativa ameaza con deixar o grego fóra dos estudos, o profesorado e o alumnado do IES Ingeniero de la Cierva fixeron este vídeo como recordatorio e agradecemento por todo o que os gregos nos legaron:

09/05/13
Pechado por folga
Hoxe, 9 de maio, hai folga xeral no ensino (para profesorado, alumnado e familias) para protestar contra a LOMCE, a nova lei educativa que o goberno quere poñer en marcha.
Deixámosvos os enlaces ó anteproxecto da lei, ó manifesto da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, e á analise que fai a Confederación Española de Asociación de Pais e Nais de Alumnos (CEAPA).
Conferencia e debate sobre a LOMCE no IES Marjana con Mª. Ángeles Llorente:
Fonte da imaxe: Fete-UGT Andalucía
06/05/13
Apps para inglés
Gracias ós móbiles e tabletas co sistema operativo Android, podemos utilizar moitas "apps" ou programas de balde. Hoxe imos falar dun par de apps que nos axudan a aprender e practicar os verbos irregulares ingleses.
A primeira delas chámase "Verbos irregulares del inglés" e é do desenrolador "inglesdivino". É unha aplicación básica pero fácil de usar e de entender que nos presenta os verbos nunha lista coa súa traducción e o audio coa pronunciación. Podemos facer listas personalizadas (os máis usados, os que entran no examen, os que nos custa máis lembrar...) e practicalos todos ou só os dalgunha lista. O único punto negativo é que as traduccións non son como para botar foguetes e teremos que recurrir ó diccionario para asegurarnos do seu significado.
A segunda aplicación que vos propoñemos é "Verbos irregulares", de Sergeev Sergey. Esta é máis completa, pero tamén un pouquiño máis complicada de usar. Presenta os verbos nunha lista alfabética (con traducción e audio) pero tamén podemos velos e practicalos doutro xeito: por grupos con similitudes (por exemplo, o grupo 3.2 son os que forman o pasado e o participio en "-ought"). Por esta razón é máis recomendable que o anterior, pois é máis fácil aprender os verbos así que nunha lista alfabética, pero teredes que usar a app para comprobar se vos gusta ou non.
A primeira delas chámase "Verbos irregulares del inglés" e é do desenrolador "inglesdivino". É unha aplicación básica pero fácil de usar e de entender que nos presenta os verbos nunha lista coa súa traducción e o audio coa pronunciación. Podemos facer listas personalizadas (os máis usados, os que entran no examen, os que nos custa máis lembrar...) e practicalos todos ou só os dalgunha lista. O único punto negativo é que as traduccións non son como para botar foguetes e teremos que recurrir ó diccionario para asegurarnos do seu significado.
A segunda aplicación que vos propoñemos é "Verbos irregulares", de Sergeev Sergey. Esta é máis completa, pero tamén un pouquiño máis complicada de usar. Presenta os verbos nunha lista alfabética (con traducción e audio) pero tamén podemos velos e practicalos doutro xeito: por grupos con similitudes (por exemplo, o grupo 3.2 son os que forman o pasado e o participio en "-ought"). Por esta razón é máis recomendable que o anterior, pois é máis fácil aprender os verbos así que nunha lista alfabética, pero teredes que usar a app para comprobar se vos gusta ou non.22/05/12
Pechado por folga
Por un ensino público gratuito, de calidade e compensador das desigualdades sociais, folga xeral no ensino contra os recortes.
10/05/12
A historia das cousas, ou os 10.000 millóns de Bankia
Vimos con sorpresa nas noticias que o goberno pensa darlle entre 7.000 e 10.000 millóns de euros a Bankia, un dos bancos españois (é dicir, un negocio privado) que está en apuros. Casualmente, todos os recortes que están a facer en sanidade e ensino suman un aforro de 10.000 millóns de euros. Aumentar o número de estudantes por aula e as tasas de matrícula da universidade, e ter que pagar polas receitas médicas e as sillas de rodas, e todas esas cousas que imos ter que facer dentro de pouco, van servir para que unha empresa privada vaia mellor e os seus accionistas non perdan cartos. Sorprendente, non?
Ó escoitar a noticia lembrámonos deste documental, no que explican que os gobernos están a servir ás grandes empresas e non ó pobo, que lles preocupa o benestar das corporacións multinacionais pero non o dos cidadáns que os elixiron nas furnas.
É un documental fantástico que fala de comercio, medio ambiente, economía, sostenibilidade e, sobre todo, das persoas que estamos detrás de todo, e que nos abre os ollos á realidade. O título está traducido como "A historia das cousas", pero ben podería ser "Como funciona o noso mundo". Disfrutádeo!

17/11/11
A voltas coa educación
O alumnado está convocado hoxe a unha xornada de protesta en defensa do ensino público e contra os recortes convocada polo Sindicato de Estudantes. Xusto onte saía na prensa a Presidenta da Comunidade de Madrid volvendo dicir que o profesorado que protesta se equivoca (e supoñemos que o alumnado e as familias tamén). Grazas á ANPA Giner de los Ríos, de Madrid, atopamos esta presentación (moi orixinal, por certo) moi completiña que explica perfectamente os recortes e o suposto aforro do ensino madrileño con datos concretos.
A situación en Galicia non é exactamente igual pero non anda moi lonxe: non se cubren as prazas de profes que se xubilan (e iso significa que este ano hai uns 1000 profes menos, para 3000 alumn@s máis), non envían profes para cubrir os permisos electorais (que podemos usar se estamos nun partido político e precisamos participar na campaña electoral), amplíase o número máximo de alumn@s que pode haber cando se xuntan dous niveis distintos (por exemplo, 5º. e 6º. de primaria), non se permite facer desdobres que son necesarios, e andan a eliminar cantos máis profes mellor, o que provoca que incluso haxa que pechar bibliotecas escolares por falta de horas para atendelas (como no instituto de Nigrán entre outros).
No noso centro xa eliminaron varias prazas de profes; é certo que baixou o número de estudantes, pero iso non xustifica que eliminen á profe de compensatoria, ou que non envíen un profe para cubrir as horas que a directora adica ó cargo en vez de ás clases: iso non ten nada que ver coa cantidade de rapaces que hai no cole. Ademais non nos permitiron desdobrar varios grupos (5º de primaria e 3º da ESO) e non temos máis remedio que atender ás familias nunha hora de garda e ó alumnado nun recreo (a lei marca unha hora enteira para familias e outra para alumnado, independentemente das gardas). Este ano tamén engadiron ás nosas tarefas a de coidar ó alumnado que ven no transporte (ata 45 minutos no caso de primaria); moitos de nós pensamos que iso é unha pésima xestión de persoal, pois están a usar traballadores altamente cualificados e especializados para realizar tarefas que podería facer calquera con ou sen estudos ou experiencia, e nós ben poderíamos usar esas horas en cousas máis positivas para o alumnado (clases de apoio, coordinación docente, fomento da lectura...).
O que está claro é que estas medidas NON supoñen unha mellora da calidade, e por iso nos queixamos. O 73% do profesorado declarouse totalmente en contra delas no referendo realizado na maioría dos centros o mes pasado, e moitos participaron nas dúas xornadas de folga convocadas por todos os sindicatos da comunidade. Cando protestamos, cando facemos folga, cando escribimos estas liñas, estamos a traballar polo ensino público de calidade. E seguiremos.
Disculpade a linguaxe informal deste vídeo, pero non deixedes de velo. É un precioso homenaxe ós profes que perden cartos, tempo e esforzo en intentar mellorar as aulas a pesares das administracións.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)