O blog da biblioteca do CEIP Plurilingüe da Ribeira
10/05/12
A historia das cousas, ou os 10.000 millóns de Bankia
Vimos con sorpresa nas noticias que o goberno pensa darlle entre 7.000 e 10.000 millóns de euros a Bankia, un dos bancos españois (é dicir, un negocio privado) que está en apuros. Casualmente, todos os recortes que están a facer en sanidade e ensino suman un aforro de 10.000 millóns de euros. Aumentar o número de estudantes por aula e as tasas de matrícula da universidade, e ter que pagar polas receitas médicas e as sillas de rodas, e todas esas cousas que imos ter que facer dentro de pouco, van servir para que unha empresa privada vaia mellor e os seus accionistas non perdan cartos. Sorprendente, non?
Ó escoitar a noticia lembrámonos deste documental, no que explican que os gobernos están a servir ás grandes empresas e non ó pobo, que lles preocupa o benestar das corporacións multinacionais pero non o dos cidadáns que os elixiron nas furnas.
É un documental fantástico que fala de comercio, medio ambiente, economía, sostenibilidade e, sobre todo, das persoas que estamos detrás de todo, e que nos abre os ollos á realidade. O título está traducido como "A historia das cousas", pero ben podería ser "Como funciona o noso mundo". Disfrutádeo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario