31/05/12

Finalizando o curso

Xa se achega o fin de curso e, con el, o momento de facer balance. Neste curso houbo grandes transformacións na biblioteca grazas ó traballo e á implicación dun grande grupo de xente grande: dende aquí un agradecemento (tamén moi grande) a todos e todas!
Segundo as enquisas que fixemos, os cambios (o novo mobiliario, o equipamento, a organización dos espazos, os libros, as películas...) foron do voso agrado. Podedes estar seguros de que o próximo curso seguiremos traballando para mellorar e para que a biblioteca sexa, aínda máis, o recuncho favorito de todos.
Como mostra da transformación, fixemos un pequeno vídeo no que se reflicten algunhas desas cousas que tanto vos gustaron. Que o disfrutedes!





Non esquezades que o venres 1 de xuño é o último día 
que se fan préstamos na biblio!

Ningún comentario: