Xogando co programa fixemos (fixen) esta versión do poema Cando ti volvas, de Valentín Paz Andrade para rematar a semana cultural das Letras Galegas. A que mola? Pois se queredes facer as vosas propias cancións, a buscar Songify en internet e a gravar coma profesionais! Aí vos vai a canción cunha pequena presentación de fotos de mares e portos, como os que sempre rodearon a Paz Andrade:
NA MATRICIAL GALIZA, SEMPRE TÚA,
que dende a Torre de Hércules ao Miño
un facho acenderá por cada illa,
cando ti volvas polo mare;
de toxo unha fogueira en cada monte;
cando ti volvas polo mare;
dos castros na coroa unha cachela,
cando ti volvas polo mare;
unha loura candea en cada pino,
cando ti volvas polo mare;
o seu cirio de frouma os alciprestes,
cando ti volvas polo mare;
luces de ardora branca en cada mastro,
cando ti volvas polo mare;
un farol mariñeiro en cada dorna,
cando ti volvas polo mare;
veliñas á xanela en cada casa,
cando ti volvas polo mare;
e as pérolas das bágoas derramadas,
cando ti chegues polo mare;
cando ti chegues polo mare...
Valentín Paz Andrade, de Pranto Matricial (1955)
Ningún comentario:
Publicar un comentario