19/06/13

Deica!




Remata o curso e xa nos despedimos ata setembro... se vós queredes e os recortes o permiten. 

Non esquezades que, no verán, un bó libro é o xeito máis barato de viaxar por todo o mundo e ata outros mundos e vivir cen vidas ademais da nosa propia!

Disfrutade este descanso tan ben merecido e ata a volta!

Lecturas para o verán

1º CICLO DA ESO



 

ENDE, M. (2013): El ponche de los deseos, Anaya.
Belcebú Sarcasmo e Tirania Vampir preparan un ponche para celebrar o ano novo. Con este ponche, tódolos desexos que pidan antes das doce da noite cumpriranse pero ó revés...





SIERRA I FABRA, J. (2013): El corazón de Jade, Edicións SM
O destino sinaláraos desde antes de nacer, pero tiveron que ver agonizar todo o seu mundo para coñecer a súa misión.






FERNÁNDEZ PAZ, A. (2013): Desde unha estrela distante, Xerais.

Daniela está pasando uns días na casa da súa avoa antes de mudarse coa súa familia a unha nova cidade. Unha tarde sobe ao faiado a explorar e alí leva o susto da súa vida. Ao abrir un baúl, aparécelle un rato decidido a falar con ela e que, en realidade, é un extraterrestre! Poderán chegar a entenderse dous seres tan diferentes?

 



RICART LEAL, Raquel. O caderno de Ánxela, Galaxia. Premio White Raven.

A historia lévanos á vida dunha rapaza adoptada de orixe chinesa quen, polo seu aniversario, vai recibir un caderno como agasallo. A través das súas anotacións iremos asistindo á súa vida, pero tamén ás súas reflexións sobre o difícil que é ás veces vivir, relacionarse coa familia, integrarse nun mundo que pode ser estraño .




2º CICLO DA ESO




GONZÁLEZ COSTA, T. (2012): Eu, pel,  Xerais

Innominable era fillo dun farmacéutico brillante e dunha fermosa aristócrata da illa Meridiana. Tiña unha misteriosa lesión. Desde moi pequeno, comezou a poñer máscaras e a experimentar arreo no laboratorio do castelo.







FERNÁNDEZ PAZ, A. (2012): As fronteiras do medo, Rodeira

Seis relatos que oscilan entre o misterio e o terror, nunha explícita homenaxe a H. P. Lovecraft.






GALLEGO, Laura (2013): El libro de los portales, Minotauro
Un mundo no que non existen fronteiras para aqueles que se atreven a mirar máis alá.







CHBOSKY, S. (2012): Las ventajas de ser un marginado, Alfaguara
Charlie ten 15 anos e quedou só tralo suicidio do seu mellor amigo. Vive cos seus pais, a súa popular e guapa irmá e un irmán maior que é unha estrela de fútbol americano.
Tamén tes a peli en DVD!




NON FICCIÓN





WOODWARD, John (2010): Entrena tu mente para ser un genio, Edebé.
Queres calcular como Einstein, pintar como Leonardo ou compoñer como Mozart? Activa toda a túa materia gris cos exercicios mentais deste libro. Ponte a proba cos crebacabezas, xogos e ilusións ópticas máis sorprendentes.








BRYSON, BILL (2011): En casa. Una breve historia de la vida privada, RBA Libros.
Cando se popularizou o cuarto de baño? De onde vén o concepto de moble? Quen introduciu as patatas fritas? Por que os garfos teñen catro dentes? Estas e mil preguntas máis teñen resposta da man de Bryson e a través delas é posible debuxar a historia da hixiene, a alimentación ou o xardín. Un libro entretido ateigado  de anécdotas.




RODAL, Merchi (2013): As lambetadas de Larpeiros, Ed. Galaxia.
Sobremesas, madalenas, biscoitos, cremas, doces, roscóns... O libro máis doce do programa de TVG.





LUAR NA LUBRE (2012): Sons da lubre nas noites de luar, Warner.
3 CD + 1 DVD dun concerto en directo








14/06/13

As reválidas no novo sistema educativo

Imaxe atopada aquí.


Estes días xa imos publicando menos cousas porque o agobio de fin de curso non dá para mais, pero aquí traemos un vídeo da organización Stop Ley Wert contra o sistema de reválidas que o goberno quere introducir na educación.



Neste enlace, máis vídeos e información de Ciudadan@s por la Educación Pública.

12/06/13

E así foi o curso 2012-13 na biblioteca

Xa imos rematando o curso e toca facer memoria de todo o que vivemos xuntos na biblioteca. Neste vídeo tedes un pequeno resumo gráfico do que fixemos e fixéchedes. Dedícamolo a vós, os usuarios e usuarias da biblio, os que cada día facedes que queiramos seguir traballando e sementando ilusións, sorrisos e soños... e esperamos que tamén grandes lectores!

Grazas por ler connosco!


10/06/13

Singing in the rain

Un estupendo traballo da profe Mar Cuba co alumnado de alternativa á relixión de 4º ESO (e os pequechos de infantil como estrelas invitadas), dentro do proxecto de 100 anos de cine sonoro.

Noraboa, rapaces! 


07/06/13

Relatos de lo inesperado - Páx. 99

DAHL, Roald. Relatos de lo inesperado. Barcelona: Ed. Anagrama, 2008. ISBN 978-84-339-2086-7.

Contracuberta:
La personalísima obra de Roald Dahl es cada vez más conocida y apreciada en España. Relatos de lo inesperado es quizá su libro más universalmente famoso, en el que demuestra de forma plena la afirmación: «La mente de Roald Dahl es inequívocamente malévola y perversa» (The Washington Post). En efecto, el autor despliega de forma magistral su mortífero ingenio y su macabro sentido del humor a lo largo de estos cuentos, rematados con desenlaces tan imprevistos como certeros. Este libro dio lugar a una célebre serie televisiva cuyos episodios estaban presentados por el propio Roald Dahl.
«Un narrador en la tradición de Poe y Hawthorne. Dahl comparte la maestría de los grandes escritores del pasado con respecto a la trama y los personajes, unido a una ferocidad y un retorcimiento típicamente suyos» (Los Angeles Times).


"—Lo único que digo —contestó el chico— es que has bebido y esta es una idea de borracho.
—Josie podría ser nuestra modelo. Un cuadro de Josie en mi espalda. ¿No se me permite tener un cuadro de Josie en la espalda?
—¿De Josie?
—Sí.
Drioli sabía que la sola mención de su esposa haría que los gruesos labios del chico se entreabriesen y empezasen a temblar.
—No —dijo la chica.
—¡Josie, quería, por favor! Coge una botella y termínala, luego te sentirás más generosa. Nunca en mi vida he tenido una idea mejor.
—¿Qué idea?
—Que me haga un retrato tuyo en la espalda. ¿No me está permitido?
—¿Un retrato mío?
—Desnuda —dijo el chico—, es una excelente idea.
—Desnuda no —protestó ella.
—Es una idea fantástica —dijo Drioli.
—Una locura —arguyó la chica.
—De cualquier forma es una idea —dijo el chico—, es una idea digna de celebración.
Se bebieron otra botella. Luego el chico dijo:
—No, no quiero utilizar el tatuaje. Sin embargo, pintaré el retrato en tu espalda y lo tendrás hasta que tomes un baño y te laves. Si no tomas el baño en tu vida, lo tendrás siempre, mientras vivas.
—No —dijo Drioli.
—Sí, y el día que decidas bañarte, sabré que ya no valoras mi pintura. Será un prueba de tu admiración por mi arte.
—No me gusta la idea —dijo la chica—, su admiración por tu arte es tan grande que estaría sucio muchos años. Hazlo con tatuaje, pero no desnuda.
—Pues entonces un retrato —dijo Drioli.
—No lo podré hacer".


Le aquí un dos 16 relatos que forman parte do libro.


05/06/13

Redes sociais de lectura

 A que a todos vos gusta comentar con alguén ese libro que vos encantou? Ou recomendarlle a todo o mundo que NON lea tal outro? Hoxe en día, ademais das redes sociais tradicionais, existen tamén un bó número de redes sociais de lectura. Nelas podemos compartir opinións, obter información sobre libros e deixar que nos recomenden lecturas interesantes que vaian cos nosos gustos.

Hoxe analizamos algunhas desas webs para que vos animedes a curiosear por elas. Pero non esquezades que en calquera rede social hai que ter moito coidado cos datos persoais que compartimos cos demais!


 
LECTURALIA  É un portal adicado á literatura. Nel podemos comprar, comentar, recomendar e ler críticas de libros. A páxina está chea de publicidade (e non só anuncian libros). Din ser independentes e non estar vinculados a ningunha editorial.



ENTRE LECTORES  é unha rede social de recomendación de libros. Podes buscar por categorías ou nos grupos de recomendación de libros. Ten bastante menos publicidade que Lecturalia e a páxina aparece menos cargada. Admiten que usan os nosos datos para enviarnos publicidade, e aparecen rexistrados como empresa no rexistro mercantil.






LIBROFILIA  Defínese como "rede social de recomendación literaria" e "unha grande base de datos social de libros". Moi similar a Entrelectores, pero especifica que é para maiores de 14 anos.






¿QUÉ LIBRO LEO?  Ademáis de críticas e recomendacións, ten un club de lectura virtual baseado no Facebook. Afirman non ter intereses comerciais nin estar vinculados a librerías ou editoriais.




Imaxe atopada aquí.


04/06/13

Consellos para a época de exames II


O mellor xeito de superar con éxito os exames e con estudo e planificación. Aínda que hai outros factores que poden axudarnos ou perxudicarnos, non hai recetas máxicas que sirvan para garantir unha boa nota e unha boa aprendizaxe. De tódolos xeitos, convén que lle botes un ollo a estes consellos que poden inclinar a balanza, así como repasar os que publicamos o curso pasado.


Alimentación

Cando estamos moi agobiados por estudar e rematar a tempo eses traballos para entregar, ás veces temos a mala constume de saltarnos comidas ou comer calquera cousa que se nos poña por diante ou atiborrarnos de bebidas de cola. Mal feito! Unha boa alimentación mellora o noso rendemento, a memoria e a concentración, por iso nestas datas é importante consumir verduras, legumes, froitas e hortalizas, e cereais e os seus derivados (arroz, pasta, pan... e mellor se son integrais).

Para ter unha dieta equilibrada non hai que esquecer o aceite de oliva e os froitos secos, e optar por consumir peixe, aves, ovos e lácteos e deixar un pouco de lado a carne

E o día do exame, non debemos saltarnos o almorzo! O ideal sería tomar lácteos, froita e cereais para ter reservas de glucosa e alimentar ben o noso cerebro.

Os fármacos

Algúns estudantes botan man de complexos vitamínicos para reforzarse en época de exames. Estes reforzos non son malos pero non serían necesarios se temos unha dieta equilibrada. E ademais deben vir sempre prescritos polo médico, que nos dirá cantos e canto tempo tomalos. Por outra banda, o efecto destes complexos vitamínicos non é inmediato e é preciso empezar a tomalos unha tempada antes dos exames.

As bebidas estimulantes

Hai bebidas estimulantes naturais, como o café, a menta e o romero, e outras que que se comercializan cunha mestura de cafeína, taurina, glucuronolactona e azúcar (Red Bull, Burn, Taurus, etc.). Aínda non se demostrou científicamente que a combinación desas catro sustancias teña un efecto especial, polo que o poder estimulante destas bebidas basease exclusivamente, segundo os estudos, na cafeína.

A cantidade de cafeína por litro que teñen estas bebidas é máis ou menos a dunha taza de café (debido ó seu tamaño, unha lata equivale a dúas tazas de café negro ben cargado). A cafeína ten un efecto excitante pasaxeiro (enmascarando o cansancio pero non eliminándoo), e cando se toma con moderación pode ser proveitosa. Cando se abusa dela, porén, acelera o pulso e diminúe o rendemento, xusto o contrario do que persigue, ademais de provocar perturbacións serias (insomnio, ansiedade, excitación, delirios e tremores).

O efecto estimulante da taurina só se ten investigado en ratóns, nos que mellora as funcións cognitivas (a memoria e a aprendizaxe), pero non se sabe que cantidade de taurina é necesaria para ter un efecto no corpo humano. O mellor é incluir na dieta productos que garantizan unha boa cantidade dela (pavo, polo, mexilóns, ameixas e peixes, cereais e froitos secos).

Máis información neste vídeo de TVE2, cunha experta en nutrición.

Técnicas de repaso axeitadas

O primeiro que tedes que averiguar e en que momento do día vos sentides mellor para estudar. Pódese facer pola mañá ou pola noite, segundo prefira cada un. Pero nunca facelo con soño ou saltándose comidas.

Hai que planificar cun pouco de calma o noso tempo de estudo e de descanso. É unha boa idea empezar polo máis fácil (ou repasar o anterior), seguir co difícil e deixar para o final o que require un esforzo intermedio.

Por outra banda, hai que facer bo uso das técnicas de estudo que sempre se traballan na aula: empezar cunha prelectura do tema para ter unha idea xeral, logo unha lectura con subliñado do máis importante, resumo e/ou esquema, e logo adicarse a memorización e comprobación do aprendido.

Nesta web tes máis consellos e técnicas de estudo que han de vir ben!



Fontes: aprendemas.com e consumer.es

03/06/13

Lecturas cruzadas

Como cada ano no mes de abril, e co gallo do Día do Libro, todo o alumnado do centro, de 1º de primaria a 4º de ESO, participou nas xornadas de lecturas cruzadas interciclos. Nelas visitamos ou recibimos a visita doutro grupo que nos le algo: un relato, un poema, un conto... Este ano houbo bastantes grupos que fixeron lectura dramatizada dos seus textos.
Aquí tedes un resumo gráfico desas xornadas, cunha fotiño de cada grupo lector:


Música: Tramp, de Kassy Key & The Raindoggs (licencia CC). Fonte: jamendo.com