30/11/11

¡Que nos las quitan de las maanos!


Xa están listas as mochilas viaxeiras! Dende hoxe empezarán a circular de casa en casa as 19 mochilas con moitas novidades para a familia!

Cada mochila leva colgado un biblioguiño que identifica o curso ó que pertence:


O sistema de uso e as normas son ben sinxelas e se resumen en respecto: respecto ós prazos (terédela na casa de venres a xoves, logo hai que devolvela o xoves no recreo) e respecto ó material (se algo se estropea hai que repoñelo, como sempre). O máis importante, sen embargo, é disfrutalas. E non esquezades que temos dúas orellas para oir con atención todas as vosas suxestións! En cada mochila vai un caderno no que podedes anotar as vosas impresións, o que máis vos gustou (e o que menos), o que fixechedes co material, se vos deu tempo a ver todo... en fin, o que queirades.

O material que vai en cada mochila varía co curso e a idade, pero en todas hai libros, revistas, cómics, películas e música. As dos máis pequenos son un pouco distintas e inclúen tamén algún xogo:






A partires de agora seguro que veremos esta imaxe con frecuencia, non si?

Que disfrutedes das mochilas! E moitas grazas a estes modelos tan guapos e tan formais!

29/11/11

Pedro e o lobo I

Pedro e o lobo é un conto tradicional ruso coñecido en case todo o mundo. Hoxe traemos unha versión clásica do conto, e estade atentos porque estes días veredes algunha adaptación.




Érase unha vez un pequeno pastor que  pasaba a maior parte do seu tempo coidando das súas ovellas e, como moitas veces se aburría mentras as vía pastar, pensaba cousas que facer para divertirse.

Un día, decidiu que sería boa idea divertirse a conta da xente da vila que había por alí cerca. Achegouse e empezou a berrar:

- Socorro! O lobo! Que vén o lobo!
A xente da vila colleu o que tiña a man e correndo foi auxiliar o pobre pastorciño que pedía auxilio, pero cando chegaron descubriron que todo fora unha brincadeira pesada do pastor. E cabreáronse.

Cando marcharon, ao pastor fíxolle tanta graza a broma que pensou en repetila. E cando viu a xente suficientemente lonxe, volveu berrar:
- Socorro! O lobo! Que vén o lobo!
As xentes da vila, ao volvelo oír, empezaron a correr outra vez pensando que esta vez si que se presentara o lobo e realmente estáballes pedindo axuda. Pero ao chegar onde estaba o pastor, atopárono polo chan, rindo ao ver como os aldeáns volveran a auxilialo. Esta vez os aldeáns enfadáronse aínda máis, e marcharon terriblemente anoxados.

Á mañá seguinte, o pastor volveu  pastar coas súas ovellas no mesmo lugar. Aínda ría cando recordaba correr aos aldeáns. Pero non contou con que, ese mesmo día, si viu achegarse o lobo. O medo invadiulle o corpo e, ao ver que se achegaba cada vez máis, empezou a berrar:
- Socorro! O lobo! Que vén o lobo! Vai comer todas as miñas ovellas! Auxilio!
Pero esta vez os aldeáns, que aprenderan a lección o día anterior, fixeron oídos xordos.
 O pastorciño viu como o lobo se abalanzaba sobre as súas ovellas, e berrou cada vez máis desesperado:
- Socorro! O lobo! O lobo! - pero os aldeáns continuaron sen facer caso.

É así como o pastorciño viu como o lobo comía unhas cantas ovellas e levaba outras para a cea, sen poder facer nada. E arrepentiuse no máis profundo da brincadeira que fixera o día anterior. 
(Foto de Buridans Esel - Tradución da profe Chus) 

28/11/11

O Castro de Baroña

Fotografía de Mrs.Knook


Dos moitos castros que hai en Galicia, o Castro de Baroña destaca especialmente pola súa situación nunha península (correción: di o profe José Antonio que isto é un tómbolo por tratarse dunha illa unida á terra pou unha lingua de area). Isto fai del un lugar peculiar tanto dende o punto de vista defensivo como dende o paisaxístico.
Recentemente foi declarado ben de interés cultural pola Xunta de Galicia, co que terá unha protección especial e orzamento específico para conservación.
Se non o coñecedes, paga ben a pena ver este artigo con fotos do castro para que vos fagades unha idea de como é.



25/11/11

Stop!


Hoxe é o Día internacional contra a violencia de xénero. No que vai de ano, xa morreron 54 mulleres en España a mans das súas parellas ou ex-parellas; a maioría tiña entre 20 e 40 anos. Dende 2003 van 500 mulleres. Ata cando este lento xenocidio? Acaso importan menos que os 800 e pico asesinados por ETA?
Parémolo entre todos e todas! En lugar de mirar a outro lado, actúa. En lugar de disculpalo, denúnciao. De nós dependen vidas.

Teléfono contra o maltrato

Osquelemos anímavos a escoitar un pouco de música que pode facernos reflexionar sobre o tema con este Glogster. E aseguramos que hai estilos para todos!


24/11/11

E ti, como queres a biblioteca?



Este ano estreamos instalacións: temos unha nova biblioteca moito máis grande que antes e mellor situada. Pero ademais do espazo físico tamén estreamos outras cousas: máis ordenadores, materiais audiovisuais, mobles... No que queda de curso contamos con cambiar aínda moito (e xa temos algunha cousa encargada!) grazas ós cartos que nos deron por pertencer ó Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares. E nos próximos cursos, aínda que a financiación será menor, seguiremos crecendo. Pero a ti, de verdade, como che gustaría que fose a biblioteca? Non temos máis espazo que o que hai, pero o que fagamos dentro del só depende de nós (e de que cheguen os cartos para todo), así que queremos escoitar as vosas ideas e opinións sobre sinalización, mobles, distribución do espazo, materiais... todo! Xa sabedes como facer: escribide un comentario nesta mesma entrada, ou enviade un correo a biblio.cpi.ribeira@gmail.com, ou deixade unha nota no taboleiro "A miña voz".

Para que vos inspiredes, aquí tedes fotos e vídeos de bibliotecas escolares de toda Galicia que, coma nós, están no Plan de Mellora:



Biibliotecas Escolares en Tránsito [GAL] de Bibliotecas Escolares de Galicia en Vimeo.

Esperamos as vosas noticias!

23/11/11

A RTVG en perigo?

É necesario saber ler? É necesario que haxa medios de comunicación públicos, como a RTVG? É necesario saber a que sabe o chocolate? Carlos Blanco fálanos dunha desas cousas (e Fina Casalderrey falounos das outras!). Seica din que a RTVG podería desaparecer, do mesmo xeito que a televisión asturiana acaba de declararse insolvente e pode pechar por falta de cartos. Que pensades vós? É necesaria a RTVG?


21/11/11

Que es mi barco mi tesoro

O venres a biblioteca encheuse de aprendices de pirata! Que horror! Unha morea de rapaces e rapazas de primaria apareceron alí convocados por un misterioso pirata que se puso a berrar e se subiu a unha mesa! E berraba cousas raras, que os rapaces repetían:




Que es mi barco mi tesoro,
que es mi Dios la libertad;
mi ley, la fuerza y el viento;
mi única patria, la mar.
 
 

O pirata levaba un cofre cheíño de doblóns de ouro, collares de perlas e libros. Libros! A saber onde roubou todo iso! As cousas máis valiosas do mundo en mans dese bucaneiro!
O que máis nos preocupa é que conseguiu que moitos dos rapaces (pero moitos, moitos) prometeran que a próxima semana van ser eles os que berren a estrana canción:




La luna en el mar riela,
en la lona gime el viento
y alza en blando movimiento
olas de plata y azul;
y ve el capitán pirata,
cantando alegre en la popa,
Asia a un lado, al otro Europa,
Y allá a su frente Estambul.


Xa o curso pasado un grupo de inocentes de 1º. ESO fixo algo parecido e acabaron gravados en vídeo e todo!

Deixámosvos unhas fotos do perigoso pirata e os seus aprendices para que os identifiquedes se por casualidade os atopades polos corredores ou (Deus non o queira!) na biblioteca:


19/11/11

De premio


El día de mi decimonoveno cumpleaños fue como cualquier otro. Sabía, claro que lo sabía, que era un año mayor, pero me daba lo mismo porque el balance de los trescientos sesenta y cinco días que tenía que celebrar era exactamente igual a los trescientos sesenta y cinco días correspondientes al año anterior. O sea, prescindible. A pesar de todo, intenté buscar la parte positiva y llegué a la conclusión de que valía la pena cumplir años porque, como mínimo, recibiría un regalo. Prescindí, sin embargo, de las velitas que comportan nostalgia, recuerdos y el compromiso con uno mismo de ser feliz. Una estupidez. No quise dar ninguna trascendencia especial a la fecha.


Maite Carranza gañou onte o Premio nacional de literatura infantil y juvenil coa súa obra Palabras envenenadas (recomendada para lectores de 15 a 18 anos e adultos). A novela trata do abuso infantil, algo nunca feito antes nunha obra de literatura xuvenil.

No seu blogue, Maite di:

"Hoy, 18 de Noviembre de 2011,  el libro “Palabras envenenadas” ha sido galardonado con el Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil.
Emoción por la sorpresa y alegría por el reconocimiento. Gracias al jurado, a los lectores,  a la editorial y a todos los que me ayudaron a hacerlo posible .
Yo lo escribí pero vosotros le disteis vida.
MAITE CARRANZA"

Le (ou descarga) o primeiro capítulo da novela.

18/11/11

Que facemos cos libros vellos?

Todos temos na casa libros vellos ou rotos, folletos, catálogos, publicidade... papel que non ten máis futuro que o contenedor de reciclaxe. Ou si? No concurso de suxeitalibros vimos un xeito de aproveitar un vello catálogo de droguería e unha caixa vacía de DVD:

A profe Inés, inspirada por Clara Barer pero moito máis modesta, xa ten feito isto algunha vez máis:

Modelando ideas


Neste vídeo tedes máis ideas para aproveitar todo ese papel dun xeito orixinal e bonito:




Animádesvos?

17/11/11

A voltas coa educación

O alumnado está convocado hoxe a unha xornada de protesta en defensa do ensino público e contra os recortes convocada polo Sindicato de Estudantes. Xusto onte saía na prensa a Presidenta da Comunidade de Madrid volvendo dicir que o profesorado que protesta se equivoca (e supoñemos que o alumnado e as familias tamén). Grazas á ANPA Giner de los Ríos, de Madrid, atopamos esta presentación (moi orixinal, por certo) moi completiña que explica perfectamente os recortes e o suposto aforro do ensino madrileño con datos concretos.
A situación en Galicia non é exactamente igual pero non anda moi lonxe: non se cubren as prazas de profes que se xubilan (e iso significa que este ano hai uns 1000 profes menos, para 3000 alumn@s máis), non envían profes para cubrir os permisos electorais (que podemos usar se estamos nun partido político e precisamos participar na campaña electoral), amplíase o número máximo de alumn@s que pode haber cando se xuntan dous niveis distintos (por exemplo, 5º. e 6º. de primaria), non se permite facer desdobres que son necesarios, e andan a eliminar cantos máis profes mellor, o que provoca que incluso haxa que pechar bibliotecas escolares por falta de horas para atendelas (como no instituto de Nigrán entre outros).
No noso centro xa eliminaron varias prazas de profes; é certo que baixou o número de estudantes, pero iso non xustifica que eliminen á profe de compensatoria, ou que non envíen un profe para cubrir as horas que a directora adica ó cargo en vez de ás clases: iso non ten nada que ver coa cantidade de rapaces que hai no cole. Ademais non nos permitiron desdobrar varios grupos (5º de primaria e 3º da ESO) e non temos máis remedio que atender ás familias nunha hora de garda e ó alumnado nun recreo (a lei marca unha hora enteira para familias e outra para alumnado, independentemente das gardas). Este ano tamén engadiron ás nosas tarefas a de coidar ó alumnado que ven no transporte (ata 45 minutos no caso de primaria); moitos de nós pensamos que iso é unha pésima xestión de persoal, pois están a usar traballadores altamente cualificados e especializados para realizar tarefas que podería facer calquera con ou sen estudos ou experiencia, e nós ben poderíamos usar esas horas en cousas máis positivas para o alumnado (clases de apoio, coordinación docente, fomento da lectura...).
O que está claro é que estas medidas NON supoñen unha mellora da calidade, e por iso nos queixamos. O 73% do profesorado declarouse totalmente en contra delas no referendo realizado na maioría dos centros o mes pasado, e moitos participaron nas dúas xornadas de folga convocadas por todos os sindicatos da comunidade. Cando protestamos, cando facemos folga, cando escribimos estas liñas, estamos a traballar polo ensino público de calidade. E seguiremos.

Disculpade a linguaxe informal deste vídeo, pero non deixedes de velo. É un precioso homenaxe ós profes que perden cartos, tempo e esforzo en intentar mellorar as aulas a pesares das administracións.



16/11/11

Mercadiño de libros solidario

A ONG Implicadas/os no Desenvolvemento puxo á venta parte da súa biblioteca para recadar fondos para o seu proxecto de Erradicación do Infanticidio Feminino en Salem(India). Dada a gran acollida que tivo a venta, acaban de publicar o listado de libros que lles quedan, todos eles a 5€:

TÍTULO
AUTOR/A
UNIDADES DISPOÑIBLES
A Cabeza de Medusa
Marilar Aleixandre
2
A crise irreductible
Alberte Momán
1
A filla do filósofo
Elena Poniatowska
4
A neve e a cadeira
Xosé Miranda
1
Ancho mar de argazo
Jean Rhys
2
Así nacen as baleas
Anxos Sumai
0
Calella sen saída
Víctor Omgbá
2
Cerco de ferro
Daría Xohán Cabana
2
Como se non existise
Slavenka Drakulic
2
Ningúen está só
VV.AA. Amnistía Internacional
0
O club da calceta
María Reimóndez
0
O concertista de paxaros
Josep-Francesc Delgado
4
O paxado do mel
Adolfo Caamaño
4
Pirata
María Reimóndez
5
Se algún día esta muller morta
Miguel Sande
2
Silencio
Francisco Alonso
1
Smara
Paula Carballeira
2
Tres mulleres galegas de armas tomar
Guillermina Domínguez Touriño, Felicia Estévez Salazar
2
Un escuro rumor tralo silencio
Isidro Novo
4
Vestio
Xosé Miranda
1
A voda
Carson McCullers
3
Usha
María Reimóndez
4

Se estades interesad@s en adquirir algún exemplar, podedes facelo no seu local en Vigo (R/ Camelias, 49 interior) ou contactando con eles (886 111 911 – 606 315 071 ou info@implicadas.com).

15/11/11

Mosaicos de fotos para todos

Algunha vez tentachedes facer un mosaico coas vosas fotos? Os resultados poden ser moi bonitos. Hai quen o fai para resumir o ano/mes/semana, ou para resumir un día de excursión, ou para amosar tódolos ángulos de algo, ou simplemente porque son chulos.

De altos humos



Outra opción sos os trípticos, que resultan máis sinxelos de facer e son moi resultóns:


Imperfecto tres


De abajo arriba


Vaivén


A cuestión é como facelos, pero grazas a internet non teremos problemas. No blogue Capturando momentos atopamos esta entrada que nos explica catro programas (gratuitos) cos que facer collages:

Capturando momentos: {crea} mosaicos con tus fotos, por Jackie Rueda: Varias veces al mes hago mosaicos. Algunos son pequeños, inlcuso simples dípticos para mi blog o para explicar cosas a mis alumnos. Otros so...

12/11/11

Triangular

Algunha vez intentachedes construir algo usando só triángulos? E seredes capaces de facer un par de pontes con eles? Probade e xa nos contaredes ;-)

Nesa mesma páxina tedes un montón de xogos para xentes de entre 3 e 14 anos, pero moitos serven tamén para os de 15, 16, 17... A Osquelemos gústannos especialmente os quebracabezas, pero non lle digades a ninguén que os facemos, eh?


11/11/11

Rapeando frente ao mar


Unha moi boa versión do poema Deitado frente ao mar, de Celso Emilio Ferreiro, rapeado por Dios ke te crew:






DEITADO FRENTE AO MAR
Lingoa proletaria do meu pobo
eu fáloa porque sí, porque me gosta,
porque me peta e quero e dame a gaña;
porque me sai de dentro, alá do fondo
de unha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sin raíces
que ao pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos do lingoaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.

Eu fáloa porque sí, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bós que sofren longo
unha historia contada en outra lingoa.
Non falo pra os soberbios,
non falo pra os ruís e poderosos,
non falo pra os finchados,
non falo pra os estúpidos,
non falo pra os valeiros,
que falo pra os que agoantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
pra os que súan e choran
un pranto cotidián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas
de todos os que sofren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada frente ao mar, ise camiño...

Celso Emilio Ferreiro, 1962

10/11/11

Da súa boca á nosa orella



O curso pasado tivemos a visita do escritor Francisco Castro, que fixo a delicia de todos. Lembrades? Hoxe traémosvos un fragmento da súa novela O segredo de Marco Polo lido por el mesmo. Nos está mal iso de que nos lean, eh?






Temos ademais unha entrevista en vídeo un pouco máis seria da que lle fixechedes vós ;-)





Se tedes curiosidade polos audiolibros, aquí tedes unha boa colección deles. Disfrutádeos!

08/11/11

Que medo!

Xa podes presentar os teus contos de medo ó novo concurso!

Concurso de minicontos

O xornal LV De Luns a Venres e o Centro Pen de Galicia, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, puxeron xa en marcha a segunda edición do certame Minicontos de Outono, tras o éxito colleitado na súa primeira edición.

Os traballos que se presenten a esta iniciativa literaria deberán ser inéditos na súa totalidade, escritos en lingua galega, segundo a normativa vixente, e de libre temática. Pero, iso si, a extensión de cada relato non poderá exceder dos 1.200 caracteres (sen contar os espazos). O prazo de recepción dos orixinais pecharase o 15 de decembro e os textos poderán facerse chegar á redacción a través do mail minicontosoutono@l-v.es ou, por correo postal, dirixíndo os escritos a LV De Luns a Venres. Rúa Fernando de Casas Novoa, 35A-1ºB. CP 15707 Santiago de Compostela. Hai establecidos tres premios: o primeiro, dotado con 600 euros; o segundo, con 300; e, o terceiro, con 100.

O obxectivo deste concurso, aberto a escritores noveis e consagrados, non é outro que avanzar nunha tarefa común: ampliar horizontes para a lingua e a cultura de Galicia. Un obxectivo polo que veñen traballando desde hai tempo tanto o Centro Pen de Galicia coma o gratuíto galego, que cada día distribúe 40.000 exemplares nas sete principais cidades galegas e outros cinco mil por correo electrónico, ademais de contar cunha edición mensual para a colectividade galega en Bos Aires e Montevideo.

Bases completas do Certame de Minicontos 2011

Inauguramos!!

Si, por fin, somos unha nova biblioteca, pero cos lectores de sempre ;-)

Inauguramos novas instalacións, novos axudantes, novos ordenadores, un equipo de responsables de biblioteca máis grande e novos materiais para ler, escoitar e ver que a ben seguro han de gustarvos.
Dende que comezou o curso estivemos traballando a marchas forzadas, por iso este blogue tamén estivo parado. Houbo que trafegar con andeis, cadeiras, mesas e libros (ai, as nosas costas!), e organizar todo, pero o resultado gústanos... e moito!

Aproveitando que o 24 de outubro é o Día Internacional das Bibliotecas, invitamos a dúas persoas moi especiais para que compartisen a súa experiencia e o seu tempo con nós: a escritora Fina Casalderrey e o ilustrador Miguel Cuba. Con eles fixemos a festa de inauguración, na que tamén tivemos un mercadiño de intercambio de libros, a resolución do concurso de suxeitalibros e a actuación sorpresa dun grupo de alumn@s de primaria. Foi imposible tervos a todos, porque os 120m non dan para máis, pero tódolos grupos estiveron ben representados, e un bo grupiño de pais e nais e representantes dos centros educativos do Porriño tampouco quixeron perderse a ocasión.

Imos deixar que falen as imaxes.
A partires de agora, estade atent@s ó blogue porque seguiremos dando a lata!

A inauguración:






Fina Casalderrey:







Miguel Cuba:





Mercadiño de libros - outubro 2011

Vaia éxito! Nesta edición do mercadiño vímonos inundados de libros para intercambiar. Esperamos que todos levarades algo que vos gustase!

Que: mercadiño de intercambio de libros
Quen: alumnado de infantil, primaria, secundaria, máis familias
Cando: 24 de outubro de 2011
Onde: novas instalacións da biblioteca do noso CPI
Como: por cada libro que traes, podes levar outro. Se traes máis de 5, levas outro de regalo.
Vai haber máis? Por suposto. Estade atentos ás convocatorias nos corredores e nas aulas.







Gañadores do concurso de suxeitalibros



Xa temos gañadores do concurso de suxeitalibros. Toda a información na sección de Concursos.
Noraboa a tódolos participantes, e especialmente ós gañadores!