24/11/11

E ti, como queres a biblioteca?



Este ano estreamos instalacións: temos unha nova biblioteca moito máis grande que antes e mellor situada. Pero ademais do espazo físico tamén estreamos outras cousas: máis ordenadores, materiais audiovisuais, mobles... No que queda de curso contamos con cambiar aínda moito (e xa temos algunha cousa encargada!) grazas ós cartos que nos deron por pertencer ó Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares. E nos próximos cursos, aínda que a financiación será menor, seguiremos crecendo. Pero a ti, de verdade, como che gustaría que fose a biblioteca? Non temos máis espazo que o que hai, pero o que fagamos dentro del só depende de nós (e de que cheguen os cartos para todo), así que queremos escoitar as vosas ideas e opinións sobre sinalización, mobles, distribución do espazo, materiais... todo! Xa sabedes como facer: escribide un comentario nesta mesma entrada, ou enviade un correo a biblio.cpi.ribeira@gmail.com, ou deixade unha nota no taboleiro "A miña voz".

Para que vos inspiredes, aquí tedes fotos e vídeos de bibliotecas escolares de toda Galicia que, coma nós, están no Plan de Mellora:



Biibliotecas Escolares en Tránsito [GAL] de Bibliotecas Escolares de Galicia en Vimeo.

Esperamos as vosas noticias!

Ningún comentario: