Si, por fin, somos unha nova biblioteca, pero cos lectores de sempre ;-)
Inauguramos novas instalacións, novos axudantes, novos ordenadores, un equipo de responsables de biblioteca máis grande e novos materiais para ler, escoitar e ver que a ben seguro han de gustarvos.
Dende que comezou o curso estivemos traballando a marchas forzadas, por iso este blogue tamén estivo parado. Houbo que trafegar con andeis, cadeiras, mesas e libros (ai, as nosas costas!), e organizar todo, pero o resultado gústanos... e moito!
Aproveitando que o 24 de outubro é o Día Internacional das Bibliotecas, invitamos a dúas persoas moi especiais para que compartisen a súa experiencia e o seu tempo con nós: a escritora Fina Casalderrey e o ilustrador Miguel Cuba. Con eles fixemos a festa de inauguración, na que tamén tivemos un mercadiño de intercambio de libros, a resolución do concurso de suxeitalibros e a actuación sorpresa dun grupo de alumn@s de primaria. Foi imposible tervos a todos, porque os 120m non dan para máis, pero tódolos grupos estiveron ben representados, e un bo grupiño de pais e nais e representantes dos centros educativos do Porriño tampouco quixeron perderse a ocasión.
Imos deixar que falen as imaxes.
A partires de agora, estade atent@s ó blogue porque seguiremos dando a lata!
A inauguración:
Fina Casalderrey:
Miguel Cuba:
Ningún comentario:
Publicar un comentario