O xornal LV De Luns a Venres e o Centro Pen de Galicia, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, puxeron xa en marcha a segunda edición do certame Minicontos de Outono, tras o éxito colleitado na súa primeira edición.
Os traballos que se presenten a esta iniciativa literaria deberán ser inéditos na súa totalidade, escritos en lingua galega, segundo a normativa vixente, e de libre temática. Pero, iso si, a extensión de cada relato non poderá exceder dos 1.200 caracteres (sen contar os espazos). O prazo de recepción dos orixinais pecharase o 15 de decembro e os textos poderán facerse chegar á redacción a través do mail minicontosoutono@l-v.es ou, por correo postal, dirixíndo os escritos a LV De Luns a Venres. Rúa Fernando de Casas Novoa, 35A-1ºB. CP 15707 Santiago de Compostela. Hai establecidos tres premios: o primeiro, dotado con 600 euros; o segundo, con 300; e, o terceiro, con 100.
O obxectivo deste concurso, aberto a escritores noveis e consagrados,
non é outro que avanzar nunha tarefa común: ampliar horizontes para a
lingua e a cultura de Galicia. Un obxectivo polo que veñen traballando
desde hai tempo tanto o Centro Pen de Galicia coma o gratuíto galego,
que cada día distribúe 40.000 exemplares nas sete principais cidades galegas e outros cinco mil por correo electrónico, ademais de contar cunha edición mensual para a colectividade galega en Bos Aires e Montevideo.
Bases completas do Certame de Minicontos 2011
Ningún comentario:
Publicar un comentario