31/10/12

A peli da semana: Vincent

Vincent é unha curta realizada polo afamado Tim Burton. O protagonista é un rapaz de 7 anos obsesionado co actor Vincent Price (que fixo moitas pelis de terror) e os relatos de Edgar Allan Poe. A súa poderosa imaxinación fai o resto...






Que teñades un bo Samaín!

30/10/12

Bye-bye, comics!

O venres despedimos a exposición de cómics que o Centro de Formación do profesorado de Vigo nos cedera. Como xa vichedes, había cómics de tódolos tipos e para tódalas idades. Algúns deles xa os tiñamos na biblioteca, así que tomamos nota dos que máis vos gustaron para compralos.

Gustouvos a expo?


O Día da Biblioteca...

A semana pasada celebramos o Día das Bibliotecas. Como xa anunciamos, fixemos un mercadiño de libros (con moito éxito!), repartimos as mochilas viaxeiras e fixemos a proxección dun vídeo precioso que podedes ver tamén aquí.

Mercadiño de intercambio de libros e películas - outono 2012
Mochilas viaxeiras 2012-13


Agardamos que todo fose do voso agrado!

Concurso de medo!



Achégase o Samaín, e con el o concurso de relatos de medo que facemos tódolos anos. Na biblioteca tedes unha exposición de libros e películas de medo, co lema "Medo por palabras", e neste enlace os datos do concurso.

Veña esa imaxinación! Animádevos, que só por participar levaredes unha terrorífica sorpresa ;-)

Fotografía atopada aquí.

29/10/12

Vivamos coma casteláns!


Veño de ler neste xornal un artigo segundo o cal Galicia Bilingüe denuncia a imposibilidade de vivir en castelán nos colexios galegos.
Escribo esta carta para amosar o meu total apoio a esa teoría. Eu aínda diría máis, vivimos nun país no que é imposible vivir en castelán.
Voulles contar a miña historia. Teño dous fillos aos que sempre falei en castelán. E así falaban eles, ata que comezaron a ir ao colexio público. Con tres anos abandonaron totalmente a súa lingua materna, e agora só falan galego. Só len en galego. Só escriben en galego. Viven nun mundo tan altamente galeguizado que me miran con extrañeza porque falo castelán, e incluso me preguntan por que non son coma todo o mundo, por que non falo en galego. Pero se fosen só as mestras... Os compañeiros e compañeiras, os seus pais e nais, as profesoras das actividades extraescolares... pero tamén as caixeiras do supermercado, os carteis de todos os comercios vaiamos onde vaiamos, a pediatra, o persoal do banco, a fisioterapeuta, todo o mundo que nos rodea fala en galego. Os impresos do Sergas, os recibos dos bancos, as propagandas de fontaneiros, mesmo os xornais, este mesmo, no que, de 76 páxinas, non puiden atopar nin unha soa noticia en castelán!!! Por non falar dos debuxos animados, por máis que busco, só nunha canle botan programas infantís en castelán.
É certo: nesta cidade na que vivo non hai xeito de facer unha vida normal en castelán. As persoas castelán-falantes estamos totalmente discriminadas e temos que chegar a facer xuntanzas especiais nos parques para que os nosos fillos poidan escoitar falar castelán con normalidade. Eu mesma non sei por que estou a escribir en galego. Será que á fin conseguiron adoutrinarme sen eu querelo.
Un saúdo e forza a todas as persoas que, coma min, se senten estranxeiras no seu país por mor de usar a súa lingua.

                                                                        Ana Martínez Piñeiro (Faro de Vigo, outubro 2012)
                                                                            Fotografía: "Do dereito ou do revés...", de Inés Montenegro

26/10/12

Los juegos del hambre - Pág. 99


COLLINS, Suzanne. Los juegos del hambre. Barcelona: editorial Molino, 2012. ISBN 978-84-2720-212-2.

"Abro el paracaídas y encuentro una pequeña barra de pan, no del elegante pan blanco del Capitolio, sino hecho con las raciones de cereal oscuro, con forma de media luna y cubierto de semillas. Recuerdo la lección de Peeta en el Centro de Entrenamiento sobre los distintos panes de los distritos: este pan es del Distrito 11. Lo sostengo con cuidado: todavía está caliente. ¿Cuánto debe de haberle costado a la gente del Distrito 11, que ni siquiera tiene con qué alimentarse? ¿Cuántas personas tendrán que pasar hambre por haber dado una moneda para la colecta en la que se ha comprado este pan? Seguro que pensaban dárselo a Rue, pero, en vez de retirar el regalo con su muerte, le han dado autorización a Haymitch para dármelo a mí. ¿A modo de agradecimiento? ¿O porque, como a mí, no les gusta dejar deudas sin saldar? Sea por lo que sea, es la primera vez que ocurre: nunca antes un distrito le ha dado un regalo a un tributo que no le pertenece.
Alzo la cabeza y procuro colocarme en un punto iluminado por los últimos rayos de sol.
-Mi agradecimiento a la gente del Distrito 11, digo.
Quiero que sepan que soy consciente de quién me ha hecho el regalo, que he entendido todo lo que significa.
Me subo a un árbol y trepo a una altura peligrosa, aunque no por seguridad, sino para alejarme todo lo posible de este día. Mi saco de dormir está bien doblado dentro de la mochila de Rue. Mañana ordenaré las provisiones; mañana decidiré un nuevo plan. Sin embargo, esta noche sólo soy capaz de amarrarme con el cinturón y darle mordisquitos al pan.
Está bueno. Sabe a casa.
El sello no tarda en aparecer, seguido del himno, que sólo oigo con el oído derecho. Veo al chico del Distrito 1 y a Rue; nada más por hoy.
«Quedamos seis -pienso-. Solo seis.»
Con el pan todavía entre las manos, me quedo dormida de inmediato.

A veces, cuando las cosas van especialmente mal, mi cerebro me regala un sueño feliz: una visita a mi padre en el bosque o una hora de sol y tarta con Prim. Esta noche me envía a Rue, todavía cubierta de flores, subida a un alto mar de árboles, intentando enseñarme a hablar con los sinsajos. No veo ni rastro de sus heridas, ni sangre; solo una niña brillante y sonriente. Canta canciones que no he oído nunca con una voz clara y melódica, una y otra vez, durante toda la noche. Paso por un periodo intermedio de duermevela en el que oigo las últimas notas de su música, aunque ella ya se ha perdido entre las hojas. Cuando me despierto del todo, me siento reconfortada durante un momento; intento aferrarme a la sensación de tranquilidad del sueño, pero se va rápidamente, y me deja más triste y sola que nunca".


25/10/12

Chopin e o hip hop

O afamado pianista Lang Lang vén de gravar un disco enteiro adicado a Chopin (The Chopin album), con estudios e algúns nocturnos. Podedes escoitar un ratiño de cada peza na súa web (e veredes como vos gusta!).

O máis curioso neste caso é que fixeron un vídeo cun bailarín para anunciar o disco e, en vez de buscar un bailarín clásico, como moitos de nós faríamos, Lang Lang decidiu escoller a un bailarín de hip hop: Marquese "Nonstop" Scott. O resultado é sorprendente e, ademais, fermoso:

24/10/12

A peli da semana: Blancanieves

Dirección: Tarsem Singh
Guión: Melisa Wallack, Jason Keller (Conto: Irmáns Grimm)
Protagonistas: Lily Collins, Julia Roberts, Sean Bean, Armie Hammer, Nathan Lane, Michael Lerner
Xénero: comedia, fantástico, romance, comedia romántica.
Clasificación: todos públicos.

Ficha na biblioteca. 




A película desta semana é unha das versións máis recentes (2012) do conto dos irmáns Grimm. Neste caso, a historia afástase bastante da versión clásica: Blancanieves non é unha rapaza feble e necesitada de axuda, senón unha moza resolta que decide reclamar o trono do seu pai e conquistar o príncipe. Os 7 ananos tamén distan bastante da imaxe que deles nos deu Disney (que é a que todos recordamos mellor, seica). A película opta polo humor na liña de Shrek e faise amena, especialmente para os non tan maiores; porén, algúns dos chistes caen na liña de humor fácil. O que máis nos gustou foron os decorados (impresionantes!) e os traxes, xunto coa visión moderna (non tan machista) da historia.

En definitiva, non é unha película que pasará á historia do cine, pero sirve perfectamente para pasar unha tarde entretida e para ver o vello conto con ollos novos.


23/10/12

Día das bibliotecas!

Mañán mércores 24 estamos de festa: é o día das bibliotecas!
Para celebralo pensábamos tomarnos o día libre, pero finalmente faremos algo para celebralo con vós ;-)


No recreo teremos o visionado dun vídeo fantástico que gañou o óscar á mellor curta de animación o ano pasado (os adeptos a este blogue xa o coñecedes).



Despois, ás 11.30, faremos todos xuntos o mercadiño de intercambio de libros. E ó longo da mañán chegarán ás aulas as mochilas viaxeiras, cargadiñas de bos libros, pelis, música e máis para todos os fogares.



Os que estades interesados no club de lectura estade atentos, que o venres haberá a primeira reunión no recreo para ultimar detalles.


Vémonos mañán no recreo!

22/10/12

Cogumelos 2.0


Xa estamos en época de saír ó monte a coller cogumelos! O tradicional é levar unha cesta, un coitelo e unha guía de campo para asegurarnos das dúbidas, pero se tedes un móbil ou unha tableta con Android podedes aforrarvos ó libro grazas ó programa Micokey.




Micokey é unha guía que inclúe as 255 especies de cogumelos máis comúns en Galicia (e prometen que o número seguirá crecendo). As fichas conteñen os nomes científicos e populares dos cogumelos, indican se son comestibles e amosan unha imaxe acompañada dunha descrición.

Máis información en Mallando no Android e na páxina de descarga do aplicativo.


19/10/12

El guardián entre el centeno - Pág. 99

 SALINGER, J.D. El guardián entre el centeno. Madrid: Alianza Editorial, 1997. ISBN 84-206-3409-3.

"Volví al hotel andando. Cuarenta manzanas como cuarenta soles. No lo hice porque me apeteciera caminar, sino porque no quería pasarme la noche entera entrando y saliendo de taxis. A veces se cansa uno de ir en taxi tanto como de ir en ascensor. De pronto te entra una necesidad enorme de utilizar las piernas, sea cual sea la distancia o el número de escalones. Cuando era pequeño, subía andando a nuestro apartamento muy a menudo. Y son doce pisos.

No se notaba nada que había nevado. Apenas quedaba nieve en las aceras, pero en cambio hacía un frío de espanto, así que saqué del bolsillo la gorra de caza roja y me la puse. No me importaba tener un aspecto rarísimo. Hasta bajé las orejeras. No saben cómo me acordé en aquel momento del tío que me había birlado los guantes en Pencey, porque las manos se me helaban de frío. Aunque estoy seguro de que si hubiera sabido quién era el ladrón no le habría hecho nada tampoco. Soy un tipo bastante cobarde. Trato de que no se me note, pero la verdad es que lo soy. Por ejemplo, si hubiera sabido quién me había robado los guantes, probablemente habría ido a la habitación del ladrón y le habría dicho: "¡Venga! ¿Me das mis guantes, o qué?". El otro me hubiera preguntado con una voz muy inocente: "¿Qué guantes?". Yo habría ido entonces al armario y habría encontrado los guantes escondidos en alguna parte, dentro de unas botas de lluvia por ejemplo. Los hubiera sacado, se los habría enseñado y le habría dicho: "Supongo que estos son tuyos, ¿no?". El ladrón me habría mirado otra vez con una expresión muy inocente y me habría dicho: "No los he visto en mi vida. Si son tuyos puedes llevártelos. Yo no los quiero para nada". Probablemente me habría quedado allí como cinco minutos con los guantes en la mano sabiendo que lo que tenía que hacer era romperle al tío la cara. Hasta el último hueso, vamos. Solo que no habría tenido agallas para hacerlo. Me habría quedado de pie, mirándole con cara de duro de película y luego le habría dicho algo muy ingenioso, muy agudo".





17/10/12

Nova sección: a película da semana

Xa que neste curso traballaremos o cine e o teatro en tódalas materias e tódolos niveis, a biblioteca está ampliando os seus fondos de películas e de libros sobre o cinema. Para ir orientándovos sobre o que hai, inauguramos nova sección: a película da semana. Nela falaremos dunha película que nos gustou e que paga a pena ver de entre todas as que temos.
Deste modo, o blogue ten xa 3 seccións que podemos considerar fixas:
 - os mércores, a película da semana
 - os xoves, o día máis lixeiro, con humor (normalmente, unha viñeta, pero tamén pode ser un vídeo ou outras cousas), cancións...
 - os venres, un fragmento dun libro que vos animamos a ler (a famosa páxina 99).
Os outros dous días iremos publicando un pouco de todo, coma sempre. Deste xeito vemos máis cumprida a nosa misión orixinal de ser unha especie de biblioteca (ou centro de recursos) virtual onde atopar lectura, novas, humor, cinema...



A película desta semana, La vida secreta de las abejas, foi unha sorpresa ben agradable. Cando a mercamos fiámonos polo que dicía a carátula... e acertamos de pleno! A novela na que se basa, que pronto atoparedes na biblioteca, foi un dos grandes éxitos do 2003. A falta de lela, só podemos recomendar que leades o libro e vexades a película e logo elixades vós mesmos, aínda que sospeitamos que o libro vai darlle moitas voltas á peli ;-)

A historia transcorre en EEUU nos anos 60, cando os negros tiñan dereito a votar por primeira vez pero gran parte da sociedade aínda non o aceptaba. No medio das tensións raciais que hai no ambiente, coñecemos a Lily, unha rapaza de 14 anos que perdeu a súa nai cando era pequena e que vive co seu pai, con quen non se leva nada ben. Por circunstancias que non queremos desvelar, Lily marcha da súa casa e vai dar a un pacífico e precioso lugar onde coñece a tres irmás (May, June e August, interpretadas pola cantante Alicia Keys e a rapeira Queen Latifah) e síntese, por fin, en casa.

A película fala de amor, de familia, de coraxe, de discriminación, e non deixará indiferente a ninguén.

Neste enlace tedes como se fixo a película. E aquí está o tráiler en castelán:





Dirección: Gina Prince-Bythewood
Guión: Gina Prince-Bythewood & Sue Monk Kidd
Protagonistas: Dakota Fanning, Queen Latifah, Jennifer Hudson, Alicia Keys, Sophie Okonedo, Paul Bettany
Clasificación: para maiores de 13 anos.
Ficha na biblioteca.

16/10/12

Concurso sobre os dereitos humanos

O 10 de decembro celébrase o Día Mundial dos Dereitos Humanos. Para recordarnos cales son eses dereitos, o Defensor del Pueblo, Fundar e a ONG Globalización de los Derechos Humanos convocan o X Concurso Escolar de dibujos.
O concurso está dirixido a estudantes de primaria e secundaria, que deberán presentar un debuxo (baixo seudónimo) nunha folla tamaño A4 antes do 20 de novembro. Haberá 5 premios para primaria e outros 5 para secundaria (en tódolos casos, un netbook).
Tedes as bases da convocatoria neste enlace.

Ánimo e boa sorte!

15/10/12

Entrevista con Agustín Fernández Paz



A revista Qué leer (que podedes atopar na biblioteca) publicou recentemente unha entrevista con Agustín Fernández Paz, un dos vosos autores preferidos. Ramón Nicolás, de Caderno da crítica, traduciuna ó galego no seu blogue. Reproducímola aquí por se non a lichedes na revista. Grazas, Nicolás!


Falamos con Agustín Fernández Paz, unha das figuras máis sobranceiras da nosa literatura, sobre os seus últimos libros e os seus proxectos actuais.
 
Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947), publicou case unha cincuentena de libros e tras exercer a docencia durante anos dedícase na actualidade á creación literaria. O último recoñecemento a nivel internacional foi o VII Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil en 2011 no que se destacou o seu esforzo por acadar que a literatura infantil e xuvenil alcance xusto un recoñecemento social.

-Rendéuselle unha emocionante e multitudinaria homenaxe hai uns meses en Vigo. Como xulga este recoñecemento?
- Foi unha demostración de cariño -seguramente, excesiva- por parte dos meus amigos e amigas. «Escribo para que me queiran máis», afirmou García Márquez nalgunha entrevista; unhas palabras que agora comprendo moi ben, aínda que a miña obsesión pola escritura teña outras orixes. Para min, foi conmovedor recibir o afecto explícito de tantas persoas. Nunca o esquecerei.

-En Non hai noite tan longa, a súa primeira novela especificamente para adultos, hai moito de memoria persoal e colectiva….
-Aínda que adopte a estrutura de thriller, cunha trama que busca engaiolar ao lector, esta novela responde a un axuste de contas coa España da etapa final da ditadura, a dos anos de xuventude da miña xeración. Un repaso á mentira, á represión, á crueldade, á inxustiza, á diferenza de clases… dunha etapa que tende a xulgarse de forma benévola. Benévolos aqueles anos, que culminan coas execucións de setembro do 75? Que estafa!

-En Fantasmas de luz hai unha mirada crítica ao noso tempo…, talvez máis necesaria que nunca?
-Ademais dunha imprescindible homenaxe ao cine, tan importante na miña formación, neste libro abordo a inxustiza e a voracidade do sistema capitalista no que vivimos. Damián, un proxeccionista de cabina que queda no paro ao pechar o cine onde traballaba, e Marga, a súa muller, tamén desempregada, vanse facendo cada vez máis transparentes. Algo que vemos a diario nesta sociedade, que segrega e invisibiliza ás persoas máis débiles, como acontecía en As uvas da ira de John Ford, unha das referencias do libro. Introducir un elemento fantástico nun contexto realista, axúdame a falar con maior hondura da realidade.

-Ten a punto de publicarse O rastro que deixamos
-Creo que o título -tomado dunha novela magnífica de Siri Hustvedt, Todo canto amei- reflicte ben o contido do libro. Nel repaso, con moitos elementos autobiográficos, algunhas facetas da miña vida e da da miña xeración: un percorrido polas paisaxes da memoria e pola miña educación sentimental, que diría Vázquez Montalbán. Ao tempo, como ler e escribir son indisociables como as dúas caras dunha moeda, falo do desexo de ler e do oficio de escribir, dúas facetas moi importantes na miña vida.

-Algún proxecto narrativo entre mans?
-Durante os últimos meses, estiven a documentarme sobre a vida na España dos anos sesenta e, ao tempo, sobre a carreira espacial que se inicia co Spútnik e remata co Apolo XI. Ese será o marco no que se desenvolverá a miña próxima novela.

09/10/12

Agardarei

Teño o corazón senlleiro
E orfo na noite fría

Non importa agardarei
polo albor dun novo día

Non importa agardarei
polo albor dun novo día

Teño lobos teño sombras
teño a sorte fuxidia

Non importa agardarei
polo albor dun novo día

Non importa agardarei
polo albor dun novo día

Esta mudo o reisiñor
Que outrora cantar solía

Non importa agardarei
polo albor dun novo día

Non importa agardarei
polo albor dun novo día

Que esta comigo a esperanza
fiando fía que fía

Ela fía i eu confío
no albor dun novo día

Non importa agardarei
polo albor dun novo día

Non importa agardarei
polo albor dun novo día

                     Celso Emilio Ferreiro


08/10/12

fxndo ds adxctivs


lscou a td vlcdd prsguida xls adxctivs q prtndían intrdcrse n seu mnscrto, rbrndcéndoo c súas vscss bbs; 1 sdrxlo cspiu n 1ª px e n tv + r1/2 q smgalo c1 mrtlo.




Este microrrelato de Marilar Aleixandre está escrito coma os SMS. Alguén se ofrece a traducilo ó galego? (Confesamos que non o entendemos todo!)


05/10/12

Noite de voraces sombras - Páx. 99


FERNÁNDEZ PAZ, Agustín. Noite de voraces sombras. Vigo, Xerais, 2002. ISBN 978-84-8302-910-7

Cando saímos á rúa, saquei o libro de debaixo do xersei e entregueillo. Nin ela se decatara! Está que o diga, pero niso eu era un artista. E aquel día, grazas a Rimbaud, gañei o primeiro bico.
-          E como foi o de volverdes a Galicia?
-          Iso foiche cousa de túa nai, por min quedaba. Eu xa atopara traballo nunha empresa pequeña, preto da Sagrada Familia, pero ela quería volver. Así que fixemos as maletas e intalámonos na Coruña. Cristina desexaba montar un taller de deseño , algo insólito daquela, e parecía a única cidade na que podía encaixar.
Aquela parte xa a coñecía, pero deixei que meu pai ma contara una vez máis. El fixera oposición e convertérase en funcionario de Facenda; e miña nai tivera que traballar horas e horas ate conseguir abrirse camino no seu campo. Unírase a outros dous socios e xuntos formaran B, S & P (o “P” era de Peña, o segundo apelido de mamá). Desde aquela, fóralles moi ben; eran incontables os carteis logotipos e publicacións que levaban a súa marca. Despois a mamá entráralle a obsesión por escribir; tras a segunda novela, Os ollos de Jean Simmons, chegara a un acordó cos seus socios: traballar só de dez a dúas, a cambio dunha disminución nas ganancias. Logo viñeran as outras novelas: Non te afastes de min e Escura sombra de Laura, cada vez cun éxito maior. E agora andaba a matinar na posibilidade de dedicarse só á escritura.
-          E ti por que non escribiches, se tanto dis que che gustaba?
-          Algún conto escribín, mesmo os presentei a varios concursos, pero non eran bos; abandonei o día en que descubrín que a vida é curta e que había moitas boas novelas agardando por min. A miña vocación secreta era ser lector, así de sinxelo. Ademais, cunha escritora na familia chega e sobra, non che parece?
Eu quedei mirándoo, sen saber se me dicía a verdade ou era só una resposta irónica, como tantas outras súas. Pero naquel punto quedou rota a conversa, porque Aurora me veu chamar para baixar ata a vila e aló marchei con ela durante o resto da tarde.

04/10/12

Corazón de sal



Non me traias alegrías
xa teño abondo coas penas
entrei descalza no mar
a miña rede está chea.

Veñan mareas, imos cantar
non me mires, non me mires
se á noite non me has tocar
tes palabras de auga fría
eu o corazón de sal.
 
As miñas penas son nubes,
ao medrar en treboada
han asolagar o mar
en bágoas de auga salgada.

Veñan mareas, imos cantar
non me mires, non me mires
se á noite non me has tocar
tes palabras de auga fría
eu o corazón de sal.

A lingua chea de cinza
sen ti fico desterrida
as túas palabras de sal
aguilloando na ferida.

Veñan mareas, imos cantar
non me mires, non me mires
se á noite non me has tocar
tes palabras de auga fría
eu o corazón de sal.
                
            Marilar Aleixandre



O último disco de Leilía, Consentimento, inclúe 13 cancións tradicionais con letras escritas por poetas galegas para o disco. Esta canción, "Corazón de sal", foi recollida polas pandereteiras na zona de Bembibre, no Val do Dubra (A Coruña) (ver mapa).

A autora da letra, Marilar Aleixandre, é unha vella coñecida para todos nós (especialmente polas súas novelas A cabeza da medusa e Rúa Carbón) que leva recibido xa unha ducia de premios pola súa obra. Podedes disfrutar algúns dos seus relatos e algúns poemas na súa web persoal.

Para escoitar esta canción, visita este enlace. É a cuarta canción do disco.

03/10/12

Recortes nas bibliotecas

O goberno vén de publicar os orzamentos para o 2013. Neles, hai 0€ para adquisición de novos libros nas bibliotecas públicas. Acabaremos coma nesta viñeta atopada en DesEquiLIBROS:

"BIBLIOTECA PÚBLICA
AVISO: Recortes de orzamentos
Agora abrimos cada tercer martes dos meses impares dos anos bisiestos"

02/10/12

Outono

Fai ben pouco comezou o outono. Unha estación do ano que soe ser dura porque voltamos á escola, porque os días fanse máis curtos, porque a temperatura baixa e chegan os temporais... pero tamén chegan as castañas, as follas douradas dos bosques, os cogumelos, as uvas e moitas outras cousas boas nesta fructífera estación!

O poeta inglés John Keats escribiu unha oda ó outono fai case 200 anos. A súa primeira estrofa di:

Estación de la bruma y la dulce abundancia,
gran amiga del sol que todo lo madura,

tú que con él planeas cómo dar carga y gozo
de frutos a la vid, bajo el pajizo alero;
cómo doblar los árboles musgosos de las chozas,
con peso de manzanas, y sazonar los frutos.
y henchir la calabaza y rellenar de un dulce
grano las avellanas: cómo abrir más y más
flores tardías para las abejas, y en tanto
crean puesto que los cálidos días no acaban nunca,
pues les colmó el estío sus pegajosas celdas.


Na outra beira do Atlántico, o fotógrafo Henry Jun Wah Lee fotografiou o parque Yosemite durante o outono e fixo este precioso time-lapse coas fotos:


Autumn in Yosemite National Park from Henry Jun Wah Lee / Evosia on Vimeo.

Que o outono sexa para vós unha estación fructífera tamén! E se tedes ocasión de ir a Yosemite, non volo perdades!

01/10/12

Xa estamos de volta!



Como dicíamos nos carteis que estes días chegaron ás aulas e os corredores, xa estamos de volta! Dende hoxe estamos ó voso dispor na biblioteca nos horarios de sempre:
  • Nos recreos de primaria, de 11.50 a 12.20, para préstamo, devolucións, consulta, etc. E este ano cunha nova organización: os luns hai préstamo para o 1º ciclo, os martes e xoves para o 2º ciclo e os mércores e venres para o 3º.
  • Nos recreos de secundaria, de 11.10 a 11.30, para préstamo, devolucións e consulta. A novidade deste curso, como xa sabedes, son os libros electrónicos, que podedes empezar a usar XA!
  • Polas tardes de 16.00 a 17.00 (excepto os martes, que descansamos) para devolucións e consulta na sala. Como vedes este ano non haberá préstamos polas tardes excepto para os vosos pais e nais, que si poden solicitar libros e outros materiais en préstamo de catro a cinco.
 Este curso hai algunha novidade no centro, coma o comedor, e tamén na biblioteca, que non para de medrar e cambiar. Este blogue intentará non menguar, como mínimo, e manterse ó mesmo ritmo que o curso pasado, cunha entrada diaria para tod@s e entradas máis espalladas para familias e profesorado. En todo caso, xa sabedes que a vosa axuda para conseguilo será ben recibida ;-)



 Deixámosvos unha chiste que fai Davila sobre a situación en moitas escolas neste curso. Non é o noso caso, pero... nunca se sabe!