Amosando publicacións coa etiqueta humor. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta humor. Amosar todas as publicacións

30/04/15

Chistes de libreiros

Nesta páxina de facebook publícase un webcómic sobre os libreiros dunha librería imaxinaria, Tomo y lomo. Aquí vos deixamos un par de mostras:






12/01/15

Je suis Charlie!


Portada de Charlie Hebdo: "Mahoma desbordado polos fundamentalistas". "É duro ser amado por idiotas".

Le aquí que é Charlie Hebdo e o porqué dos ataques ós seus debuxantes.

09/10/14

Quino


O pasado mes de maio, o humorista gráfico Quino recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades. Este non é máis que un dos moitos premios que ten recibido dende que empezou a publicar historietas alá por 1954.

Da súa obra, o máis coñecido son as tiras cómicas de Mafalda, unha nena mordaz, crítica, curiosa e, ó mesmo tempo, inocente que, cos seus amigos, da unha visión moi especial do mundo.

Aquí tedes unha pequena mostra do mundo de Mafalda e de Quino, do que seleccionamos algunhas viñetas relacionadas coa escola. Se queredes máis, xa sabedes onde hai ;-)