13/11/19

VISITA Á BIBLIOTECA DO PARLAMENTO DE GALICIA


Fixemos unha visita á Xunta de Galicia e ao Parlamento. Puidemos entrar nesta fermosa Biblioteca que custodia o archivo persoal de Carballo Calero, autor homenaxeado este ano o día das letras galegas. 
BIBLIOTECA DO PARLAMENTO DE GALICIA














A biblioteca persoal e o fondo documental atesourado por Ricardo Carballo Calero durante toda a súa vida está depositado no Parlamento de Galicia. Adquiriu este material en 1997 e o poñen a disposición dos investigadores e persoas interesadas en consultala. 

07/11/19

CONCURSO DE SAMAÍN!!

Xa temos gañadores dos concursos de Relatos e Debuxos de Medo.







 















   

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES!!

Conseguímolo! Sacamos a dous personaxes dun conto e viñeron ao noso colexio para celebrar o día das Bibliotecas Escolares. Ademais cantáronnos unha fermosa canción:

Debes aprender                                 Certo como o sol
Di a canción                                      Que nos da calor
Que antes de xulgar                          Non hai maior verdade
Tes que chegar                                  A beleza está
Ata o corazón.                                  No interior.



Un dos artistas que nos mergullou nese conto foi o cantautor Manoele de Felisa que puxo a todos os nenos a cantar, bailar, aplaudir e por riba de todo a pensar no valor das persoas, na igualdade de homes e mulleres e no coidado que debemos dar ao que nos rodea, ao noso planeta: A Terra.

VOLUNTARIOS DA BIBLIOTECA!!

Temos un equipo de voluntarios da biblioteca moi numeroso! Encántalles axudar! Adquiriron un compromiso moi importante.
 



APRENDENDO CON ROBOTS!


Xa temos a todos os usuarios da nosa biblioteca ben formados!
Este ano preparamos unha actividade especial coa axuda duns pequenos robots.