26/04/24

SEMANA DO LIBRO.

 UN KAMISHIBAI CON LUZ NEGRA PARA REMATAR!

O alumnado de 2º ten preparado un kamishibai para luz negra sobre O monstro de cores. Ademais bailaron a canción do monstro  e mesmo teñen organizado unha pequena festa! Que maneira máis chula de pechar a Semana do Libro!



25/04/24

RADIO NA BIBLIO.

CONTINUAMOS GRABANDO PROGRAMAS: O AMOR!

A Riberadio segue funcionando a toda máquina, así o alumnado de sextoten grabado un podcast sobre o amor, no que lle preguntaron a usuari@s do centro de día.

23/04/24

SEMANA DO LIBRO.

FAMILIAS LECTORAS!

Con motivo da celebración da Semana do Libro o centro ten invitado a que sexan as familias as que veñan ler ás diferentes clases. Que ben o estamos pasando. GRAZAS por ter vido!
Aquí tendes una mostra...
Nai de Edurne (4 anos) e Dylan (1º primaria):

Nai de Yara (3 anos):

12/04/24

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

COMIDA SAUDABLE E CREATIVIDADE!

Derivado da conmemoración do Día Mundial da Saúde que se celebrou o pasado 7 de abril, as semanas do 8 ao 19 de abril decidíronse organizar obradoiros de cociña saudable para as diferentes clase do cole. Así, durante estas dúas semanas cada curso elaborou receitas saudables: tortitas, brochetas de froita...
Aquí tendes unha pequena mostra das delicias saudables que preparamos...
   





09/04/24

 ACTIVIDADES MULTIDISCIPLINARES CON A QUE SABE A LÚA!

O noso Club de Lectura non para! Os pequenos de 3 anos len "A que sabe a Lúa?" Xogan cos números, coas letras, buscan o tesouro da Lúa e fan ioga facendo a forma dos animais/protagonistas do conto.








05/04/24

CONTACONTOS.

SUPERAVOA, de DAVID RODRÍGUEZ.
Este venres 5 de abril, o alumnado de Ed. Infantil e de 1º e 2º de Ed. Primaria ten asistido a unha sesión de  contacontos enviado pola editorial Anaya. O contacontos foi David Rodríguez, o autor do libro "Superavoa". Os nenos e nenas escoitaron, bailaron, cantaron e riron coa historia e co autor. Grazas David por ter vido!
Aquí tendes unha mostra,...

02/04/24

DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO.

Se intento encaixar, desaparezo...

Con motivo da celebración do día mundial da concienciación sobre o autismo, temos proposto un traballo conxunto que consistiu no seguinte vídeo con fotos de tod@s, como modo de concienciación acerca deste trastorno. Un gran traballo feito por tod@s e para tod@s!