22/01/24

19/01/24

RENOVACIÓN DO BLOG.

 ACTUALIZÁMONOS!

Despois dun período de renovación, presentamos o blog da biblioteca totalmente actualizado, onde se amosarán todas as novidades da Ribebiblio! Non volo perdades!

12/01/24

RADIO NA BIBLIO.

O ESPAZO DA RADIO VAI COLLENDO FORMA!

Tralo período de Nadal, seguimos avanzando na habilitación do espazo da radio. Así, continuamos coa insonoriación do espazo da radio, así como temos entarimado o chan, para facer da estancia un lugar agradable onde poder traballar. 

10/01/24

MALETAS VIAXEIRAS DO CFR DE VIGO.

A BANDA DESEÑADA CHEGOU AO COLE!

Este curso, con motivo de que desde a Asesoría de bibliotecas se promove este curso, temos solicitado ao Centro de Formación e Recursos de Vigo dúas maletas viaxeiras sobre "Banda deseñada" que chegaron hoxe ao centro!!! Así, unha vai rular polas aulas de Educación Infantil e outra polas aulas de Educación Primaria ata o próximo 15 de febreiro. Que ben o imos pasar!